content_copy Noticias - Comercio Galicia
A Xunta volve poñerse de parte da patronal e manterá as aperturas en domingos e festivos no comercio galego
Conciliación laboral e familiar no comercio galego en risco
Desde hai anos, a Xunta de Galicia négase a garantir a conciliación laboral e familiar do persoal do sector do comercio, consolidando un modelo insostible que deteriora o pequeno comercio e empeora a calidade de vida das traballadoras e traballadores.
Apertura en domingos e festivos: impactos en 2025
A situación agrávase en 2025 coa inclusión do 26 de xullo e do 15 de agosto como días de apertura, impedindo que o persoal poida gozar de fins de semana libres en pleno verán. A Federación de Servizos de CCOO sinalamos que estes días deberían ser un dereito básico para o descanso e a vida familiar.
A postura de CCOO: apertura innecesaria
CCOO insistimos en que a apertura en domingos e festivos non é necesaria: os horarios semanais xa permiten facer compras sen ampliar a actividade nestas datas. Ademais, neste exercicio a Xunta nin sequera pediu valoración ao sindicato, ignorando a voz das persoas traballadoras do comercio.
Contexto de xornada laboral e horarios comerciais
Nun contexto de demanda de redución da xornada laboral e racionalización dos horarios comerciais, para evitar xornadas interminables que chegan máis alá das dez da noite, o Goberno do PP toma a decisión contraria: suprimir de golpe dous fins de semana libres, recortando descanso e favorecendo só os intereses empresariais.
Compromiso de CCOO
CCOO seguiremos denunciando esta política regresiva e defenderemos un modelo de comercio xusto, sostible e conciliable.

CCOO Servizos reclamamos á Coruña, Santiago e Vigo un diálogo sobre a taxa turística e criticamos a exclusión sindical
Desde CCOO Servizos dirixímonos hoxe aos Concellos da Coruña, Santiago de Compostela e Vigo para reclamar a apertura dun diálogo serio e transparente sobre a taxa turística en Galicia. Denunciamos con firmeza a exclusión sindical deste debate, xa que, mentres na maioría dos casos se consultou ás asociacións empresariais do sector turístico e hostaleiro, non se nos deu a mesma oportunidade ás organizacións que representamos ás persoas traballadoras.
Esta exclusión supón un debate incompleto e desequilibrado, xa que se silencia a voz do persoal do sector. O turismo non pode construírse só escoitando ás patronais: as persoas traballadoras tamén temos dereito a participar e a ser escoitadas. Desde CCOO Servizos, as Unións Comarcais de CCOO da Coruña, Santiago-Barbanza e Vigo, apostamos por un diálogo aberto e plural que permita avanzar cara a un modelo turístico máis xusto, sustentable e beneficioso para toda a sociedade galega.
Defendemos que, se se xestiona de forma adecuada, a taxa turística pode converterse nunha ferramenta clave para reforzar a sustentabilidade e o equilibrio do turismo en Galicia. Por iso, reclamamos que os recursos recadados se destinen prioritariamente a:
-
Mellorar os servizos públicos básicos, que soportan unha forte presión pola chegada de visitantes.
-
Reforzar as condicións laborais no sector turístico e hostaleiro, garantindo emprego digno e estable.
-
Protexer o patrimonio cultural e natural galego, asegurando a súa conservación para as xeracións futuras.
-
Investir en transporte público, limpeza e seguridade cidadá, servizos esenciais que tamén se ven afectados pola actividade turística.
En definitiva, desde CCOO Servizos reiteramos a nosa disposición ao diálogo cos concellos da Coruña, Santiago e Vigo e lembramos que un turismo sustentable en Galicia só é posible se se escoita tamén ás persoas traballadoras.

CCOO Servizos non asinamos o Plan de Igualdade de Mercatabria (GADIS) por insuficiente e discriminatorio
Por que CCOO non asinamos o II Plan de Igualdade de Mercartabria nin o Protocolo de Acoso Sexual e por Razón de Sexo?
Non a un Plan de Igualdade de mínimos
En CCOO dicimos NON a este Plan de Igualdade porque:
-
É un plan feito á medida da empresa, que ignora moitas das nosas propostas.
-
As medidas son escasas e cun investimento ridículo para unha compañía que obtén grandes beneficios.
-
Négase a entrar de cheo na loita contra a discriminación e a desigualdade nun cadro de persoal altamente feminizado.
Foron rexeitadas as nosas propostas de:
-
Garantir a transparencia retributiva.
-
Mellorar a conciliación e a corresponsabilidade.
-
Impulsar a promoción interna.
Un protocolo que non protexe
Tampouco asinamos o Protocolo de Acoso Sexual e por Razón de Sexo porque:
-
Mestura este protocolo co de acoso laboral, o que dilúe a súa especificidade e dificulta a protección das vítimas.
-
Non garante unha protección real, xa que introduce un “procedemento previo” que atrasa e bloquea a apertura dun protocolo efectivo, restando garantías á representación legal das persoas traballadoras.
UGT e USO decidiron asinar este plan de igualdade, a pesar de que non garante nin sequera un mínimo de avances reais en materia de igualdade e supón un retroceso nos dereitos do persoal, poñéndose do lado da empresa e non das traballadoras e traballadores.
En CCOO non imos avalar documentos que non protexen, que maquillan a realidade e que deixan en segundo plano os dereitos do persoal. Queremos medidas reais, investimento suficiente e compromiso firme contra a discriminación e o acoso.

Asinado o convenio do comercio alimentación de Ourense
Tras a ratificación en asemblea por parte das traballadoras e dos traballadores, anunciamos a sinatura definitiva do convenio colectivo do sector da alimentación da provincia de Ourense, acadado no proceso de mediación.
Este logro é froito directo do apoio masivo das persoas traballadoras ás mobilizacións, concentracións e xornadas de folga. A loita sostida foi decisiva, e desde CCOO Servizos Galicia queremos recoñecer o papel fundamental do sindicalismo organizado para acadar este acordo.
Melloras salariais principais
O convenio terá unha vixencia de catro anos, cun incremento salarial acumulado de máis do 26%, distribuído así:
-
2025: incremento do 11,74% sobre as táboas de 2024 (agás o Grupo IV, que sobe un 12,38%)
-
2026: incremento do 6,35%
-
2027: incremento do 3%
-
2028: incremento do 3%
Ademais, se a suma do IPC real supera o 3% nos anos 2027 e 2028, aplicarase unha actualización anual pola diferenza, ata un máximo do 2,5% adicional.
Outras melloras sociais
-
1 día máis de vacacións (ata 32 anuais)
-
3 fins de semana de calidade garantidos
-
Axuda escolar: 80 € por fillo/a
-
Plus de nocturnidade: 20%
Este acordo achega as condicións laborais de Ourense ás do resto de provincias galegas e rompe unha fenda histórica de discriminación territorial.
Desde CCOO Servizos Galicia traballamos cunha visión estratéxica para acadar un convenio galego do sector da alimentación que garanta: a igual traballo, igual retribución en todo o territorio.
Para conseguir este obxectivo é imprescindible reforzar a representatividade de CCOO, que cun traballo serio, responsable e eficaz na mesa de negociación demostrou ser unha ferramenta fundamental na consecución do acordo.
A organización e o apoio sindical marcan a diferenza.
Este convenio é un avance histórico, posible grazas á firmeza das traballadoras e dos traballadores e ao labor constante de CCOO.
Seguimos demostrando que loitar serve

Convenio Comercio Alimentación Ourense: suba salarial do 26% e novas melloras laborais ata 2028
Despois de presentar ao persoal a proposta resultante da mediación celebrada o pasado 17 de xullo, esta foi aprobada por maioría nas distintas asembleas realizadas nas empresas afectadas polo Convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Ourense.
Como consecuencia, comunicarase formalmente á parte empresarial e ao Consello Galego de Relacións Laborais a aprobación da proposta co fin de redactar e asinar o preacordo.
Queremos destacar que este resultado non sería posible sen o esforzo, a mobilización e a firmeza das traballadoras e dos traballadores durante estes meses de loita. Cando a patronal insistía en que non había marxe para melloras salariais, foi a unidade e a presión do persoal o que fixo posible avanzar cara a un acordo digno.
Detalles do preacordo
A proposta aprobada inclúe un incremento salarial acumulado do 26,08% respecto do convenio anterior, co seguinte detalle:
-
2025: 18.100 € (suba do 11,74%)
-
2026: 19.250 € (suba do 6,35%)
-
2027: 19.827,50 € (suba do 3%)
-
2028: 20.422,33 € (suba do 3%)
Tamén se inclúe unha cláusula de revisión salarial ligada ao IPC real cun tope de garantía do 2,5%.
Outras melloras destacadas
-
Grupo IV: subida a 17.750 € en 2025 e promoción automática ao Grupo III B cun ano de antigüidade.
-
3 fins de semana de calidade ao ano (sábado e domingo libres); en 2025 garántese 1.
-
1 día adicional de vacacións desde 2025.
-
Anticipo das pagas extraordinarias o día 15 de cada mes.
-
Plus de nocturnidade do 20% por hora traballada entre as 22:00 e as 6:00.
-
Axuda escolar de 80 € por cada fillo/a.
As centrais sindicais consideramos un éxito notable o incremento acadado, que é un resultado positivo e que reflicte un avance real nas condicións laborais do sector.
Grazas a todas as compañeiras e compañeiros pola súa forza, compromiso e participación. A mobilización e a unidade fixeron posible este paso adiante.
Seguimos. A loita continúa.

A verdade que a patronal non conta
Ante o comunicado emitido polas empresas do sector do comercio de alimentación da provincia de Ourense, desde a representación sindical queremos manifestar o seguinte:
O bloqueo da negociación é responsabilidade da patronal:
Levamos meses esixindo un convenio digno, con melloras reais para as persoas traballadoras, mentres a representación empresarial mantén propostas claramente insuficientes, que non compensan a perda de poder adquisitivo nin melloran as condicións laborais actuais.
Gadis, Froiz e Cuevas lideran a precariedade.
A realidade é que estas empresas, con beneficios millonarios, son as que se opoñen frontalmente a avances sociais e económicos no convenio.
Non se trata dun ataque ao “pequeno comercio”, como pretenden facer crer, senón dunha denuncia necesaria ás compañías que máis poder acumulan no sector.
O intento de desacreditar a acción sindical con insinuacións políticas é inaceptable.
As mobilizacións, as folgas e os actos reivindicativos son ferramentas lexítimas do movemento sindical. Están ao servizo das persoas traballadoras, e non de ningún interese alleo á defensa dos seus dereitos. A patronal, en lugar de dar explicacións, opta pola desinformación e a confrontación.
As súas ofertas salariais son enganosas
Non chegan ao nivel da suba do custo da vida, non recoñecen perdas pasadas e manteñen horarios e xornadas precarias.
Non aceptamos chantaxes nin manipulacións
O persoal exerce o seu dereito á folga. O verdadeiro problema é o inmobilismo da patronal, non as mobilizacións.
Seguimos firmes:
- Por un convenio digno, galego e con melloras reais.
- Sen tolerar ataques nin intoxicacións.
- Coa forza da unidade obreira, a loita continúa.
A dignidade non se negocia!!

A igual traballo, igual salario en Gadis, Froiz e Cuevas
Hoxe, 25 de xuño, o persoal do comercio da alimentación de Ourense concentrámonos diante da sede central de Gadis, no polígono da Piadela (Betanzos), para esixir un convenio colectivo xusto, con salarios dignos e condicións equitativas, como nas demais provincias galegas.
A protesta forma parte do calendario de mobilizacións convocadas polas centrais sindicais ante o bloqueo da negociación, mentres empresas como Froiz, Gadis e Cuevas acumulan beneficios e manteñen ao persoal con salarios conxelados e dereitos estancados.
Desde CCOO servizos lembramos que durante a pandemia, as traballadoras e traballadores demostraron un compromiso total, e agora esiximos recoñecemento real con melloras salariais e sociais.
Non imos permitir que se nos siga ignorando. O convenio debe reflectir a realidade do sector e o esforzo do seu persoal.

Un convenio de comercio alimentación xusto para Ourense: traballadoras e traballadores erguen a voz en Froiz
Concentración en Poio contra a desigualdade salarial no sector da alimentación
Este luns, 23 de xuño, traballadoras e traballadores do sector do comercio da alimentación da provincia de Ourense concentráronse diante da sede central de Froiz, en Poio (Pontevedra). A mobilización serviu para esixir un convenio colectivo xusto, con salarios dignos e condicións laborais equitativas, en igualdade co resto das provincias galegas.
Un convenio bloqueado mentres aumentan os beneficios empresariais
A protesta forma parte do calendario de accións impulsado polas centrais sindicais ante o bloqueo da negociación do convenio colectivo do comercio da alimentación de Ourense, paralizado dende hai meses.
Durante a concentración, denunciouse que empresas como Froiz, Gadis ou Cuevas, con beneficios millonarios e en constante expansión, manteñen ao persoal ourensán con salarios conxelados, xornadas intensas e sen avances en dereitos laborais.
Recoñecemento ao esforzo: compromiso e dignidade
Desde a Federación de Servizos de CCOO Galicia, lembrouse que o persoal do sector demostrou un compromiso exemplar durante a pandemia, garantindo o abastecemento e o funcionamento das tendas en situacións críticas. Agora, esíxese que ese esforzo sexa recoñecido con melloras salariais e sociais reais.
As mobilizacións continúan
Esta acción únese ás xa realizadas e ás previstas para os próximos días. O martes 24 terá lugar unha nova concentración en Ourense diante da sede de Cuevas, e o mércores 25 outra diante da sede de Gadis no polígono da Piadela (Betanzos), onde tamén se convocou unha rolda de prensa.
Desde CCOO non imos permitir que se nos siga ignorando. O convenio de alimentación de Ourense debe reflectir a realidade do sector e o esforzo do seu persoal.

Convenio comercio de alimentación de Ourense: Gadis, Cuevas e Froiz baixo presión
As centrais sindicais USO, CIG, CCOO e UGT, tivemos unha asemblea conxunta co persoal do sector comercio da alimentación en Ourense, onde reafirmamos a nosa unidade de acción para facer fronte á patronal.
A patronal (Gadis, Cuevas e Froiz) segue negándose a recoñecer a desigualdade salarial que sufrimos, alegando que o custo da vida aquí é menor. Nós rexeitamos esa escusa: o noso traballo é o mesmo!
Na asemblea, que tivo apoio unánime, acordamos intensificar as medidas de presión para conseguir un convenio xusto:
Dúas concentracións semanais de xornada completa diante das tendas máis importantes das empresas implicadas, para informar á clientela sobre esta inxustiza.
- Próximas concentracións:
- 23, 24 e 25 de xuño de 11:00 a 12:00 horas nas seguintes ubicacións:
- Día 25 - Central Loxistica de GADIS en Piadela – A Coruña
- Día 24 - Central Loxistica de Cuevas en Ourense.
- Día 23 - Central Loxística de FROIZ en Poio - Pontevedra.
As seguintes concentración celebraranse en horario de 10:30 a 12:30 e 19:30 ata peche, os seguintes días: Ler máis
____________________________________
Actualización: Imaxes da concentración do día 24 de xuño diante do centro loxístico de Grupo Cuevas

A Xustiza dálle a razón a CCOO: nova condena a Froiz por atacar o sindicalismo
O Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) vén de confirmar que a cadea Distribuciones Froiz S.A.U. vulnerou os dereitos fundamentais dunha delegada sindical de Comisións Obreiras en Lugo. A traballadora, presidenta do comité de empresa, fora sancionada con 14 días sen emprego nin soldo por exercer o seu labor sindical.
A sentenza declara nula a sanción e obriga a indemnizar
A sentenza, datada o 4 de xuño de 2025, desestima o recurso da empresa e ratifica o fallo previo do Xulgado do Social nº 1 de Lugo, que xa recoñecera en xullo de 2024 a vulneración de dereitos.
A resolución obriga Froiz a:
-
Anular a sanción imposta á delegada
-
Reintegrar os salarios non percibidos
-
Indemnizar polos danos morais causados
Trátase da segunda condena xudicial contra Froiz por feitos similares en Lugo, o que confirma unha liña de actuación reiterada contra a representación sindical.
A sanción foi unha represalia polo labor sindical
Segundo o contido da sentenza, quedou acreditado que a sanción foi unha represalia directa polas tarefas sindicais desenvolvidas pola delegada, no contexto do conflito pola negociación do convenio colectivo provincial de alimentación.
A resolución tamén destaca que esta conduta antisindical afecta outros representantes do persoal, polo que a dimensión do conflito é colectiva.
Froiz intenta coartar o traballo sindical en Lugo
Desde a Federación de Servizos de CCOO de Galicia, denunciamos que Froiz intenta coartar e castigar o traballo sindical, empregando a vía das sancións como mecanismo de presión. Este comportamento obríganos a acudir á Xustiza para defender dereitos fundamentais.
CCOO seguirá defendendo os dereitos do persoal
A pesar das prácticas ilegais da empresa, en CCOO temos claro que non imos deixar de facer o que temos que facer: defender os intereses do persoal de Froiz.
Reclamamos o cesamento inmediato das prácticas antisindicais e o respecto á lexítima representación das traballadoras e traballadores.
Conclusión: o sindicalismo é un dereito, e defendelo é unha obriga
As sentenzas contra Froiz demostran que a loita sindical é necesaria e lexítima. Desde CCOO reafirmamos o noso compromiso co persoal da empresa e seguiremos actuando con firmeza para que se respecte a liberdade sindical e os dereitos laborais.
content_copy Destacadas

La hostelería y el turismo siguen generando grandes beneficios que no revierten en un empleo sectorial que es inestable, poco profesional y mal pagado
- El turismo y la hostelería continúan siendo pilares fundamentales de la economía española. En 2024, el país alcanzó un récord histórico con más de 109 millones de turistas, un crecimiento del 5,5 % respecto al año anterior. Sin embargo, este notable éxito económico viene acompañado de retos significativos que afectan directamente a las condiciones laborales de quienes trabajan en el sector.

CCOO edita una guía para no perderse a la hora de implementar medidas
Guía para no perderse en el Real Decreto 1026/2024 por el que se desarrolla el conjunto planificado de las medidas para la igualdad y no discriminación de las personas LGTBI en las empresas, editada por la Secretaría Confederal de Mujeres, Igualdad y Condiciones de Trabajo de CCOO.

CCOO presenta una campaña para denunciar el modelo laboral insostenible del sector financiero
Bajo el lema “El Valor de las Personas. Por un Modelo Laboral Sostenible” CCOO ha presentado una campaña para denunciar el clima laboral que viven las plantillas del sector financiero.

Un modelo turístico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible
Desde CCOO Servicios queremos reclamar un año más la necesidad imperiosa de garantizar condiciones dignas de trabajo en el sector y queremos llamar la atención especialmente sobre los discursos de algunos hosteleros y sus representantes, acerca de la falta de personas trabajadores en el sector, alguna de ellas lamentables, pero que demuestran la realidad en el anquilosado pensamiento de una parte del empresariado hostelero.

El sindicato presenta el documento "Horarios Comerciales y Tiempo de Trabajo. Propuestas de CCOO"
CCOO apuesta por una regulación homogénea sobre horarios comerciales, y por fijar la voluntariedad y compensación del trabajo en Domingos y festivos en todos los convenios

CCOO informa sobre la modificación de la Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo
CCOO resume en un comunicado información sobre la ENTRADA EN VIGOR NUEVAS BAJAS a partir de la Ley Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, en su Disposición final tercera establece la modificación del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre.

CCOO Servicios lanza una campaña frente a la "Black Reality" del Comercio en Navidad
El sindicato ha presentado en rueda de prensa una campaña para denunciar la realidad que viven las plantillas del sector comercial en este periodo de máxima actividad, al tiempo que exigiendo el desbloqueo de los convenios sectoriales sobre la base de incrementos salariales justos y equitativos. La rueda de prensa ha servido también para analizar los resultados de las elecciones en Grandes Almacenes, donde CCOO ha pasado a convertirse en la segunda fuerza, así como el acuerdo alcanzado en Grupo Inditex.

Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años
Gracias a las constantes reivindicaciones de CCOO, a las mejoras en derechos incorporadas en la reciente reforma laboral para las personas con contrato fijo discontinuo, debemos sumar ahora un avance importante en protección por desempleo.
content_copy Más información

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios e Empresas


Infórmate
CCOO Servizos é un sindicato, é Comisións Obreiras nos sectores de Comercio, Financeiro, administrativo, das TIC, Hostalería, Telemarketing, Oficinas, Turismo... Leer más
Síguenos en Telegram
Ligazóns de interese
2025 © CCOO SERVIZOS. Aviso Legal | Contacto