Archivado en Negociacion Colectiva, Salario, Convocatorias, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia, Accion sindical

Convenio comercio de alimentación de Ourense: Gadis, Cuevas e Froiz baixo presión
As centrais sindicais USO, CIG, CCOO e UGT, tivemos unha asemblea conxunta co persoal do sector comercio da alimentación en Ourense, onde reafirmamos a nosa unidade de acción para facer fronte á patronal.
A patronal (Gadis, Cuevas e Froiz) segue negándose a recoñecer a desigualdade salarial que sufrimos, alegando que o custo da vida aquí é menor. Nós rexeitamos esa escusa: o noso traballo é o mesmo!
Na asemblea, que tivo apoio unánime, acordamos intensificar as medidas de presión para conseguir un convenio xusto:
Dúas concentracións semanais de xornada completa diante das tendas máis importantes das empresas implicadas, para informar á clientela sobre esta inxustiza.
- Próximas concentracións:
- 23, 24 e 25 de xuño de 11:00 a 12:00 horas nas seguintes ubicacións:
- Día 25 - Central Loxistica de GADIS en Piadela – A Coruña
- Día 24 - Central Loxistica de Cuevas en Ourense.
- Día 23 - Central Loxística de FROIZ en Poio - Pontevedra.
As seguintes concentración celebraranse en horario de 10:30 a 12:30 e 19:30 ata peche, os seguintes días: Ler máis
LUNS 30 XUÑO E VENRES 4 DE XULLO:
- GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
- GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
- GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
- FROIZ As Lagoas, Av. Alfonso Rodríguez Castelao, 2, 32004
- AQUIÉ Rúa Doutor Fleming, 30, 32003 Ourense
LUNS 7 XULLO E VENRES 11 DE XULLO:
- GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
- GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
- GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
- FROIZ Av. da Habana, 35, 32003 Ourense
- PLENUS Rúa dos Remedios, 58, 32002 Ourense
LUNS 14 XULLO E VENRES 18 DE XULLO:
- GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
- GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
- GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
- FROIZ As Lagoas, Avenida Alfonso Rodríguez Castelao, 2, 32004 Ourense
- Cash Cuevas Pol. Industrial S. Cibrao, Rúa 3, 5, 32901, S. Cibrao das Viñas, Ourense.
LUNS 28 XULLO E VENRES 1 DE AGOSTO:
- GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
- GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
- GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
- FROIZ Av. da Habana, 35, 32003 Ourense
- AQUIÉ Rúa Doutor Fleming, 30, 32003 Ourense
LUNS 30 XUÑO E VENRES 4 DE XULLO:
- GADIS Rúa Ervedelo, 52, 32002 Ourense
- GADIS Rúa Xoan de Novoa, Nº 10, 32004 Ourense.
- GADIS Rúa San Rosendo, Nº 13, 32001 Ourense
- FROIZ As Lagoas, Avenida Alfonso Rodríguez Castelao, 2, 32004 Ourense
- AQUIÉ Rúa Doutor Fleming, 30, 32003 Ourense
Xornadas de folga mensuais, que convocaremos cada mes mentres a patronal manteña a súa postura. As dúas primeiras están previstas para o 24 e 26 de xullo, ao ser festivo o día 25.
As centrais sindicais e as persoas traballadoras reiteramos o noso compromiso coa defensa dunhas condicións salariais xustas e equitativas, buscando equiparar os salarios de Ourense cos do resto de provincias.
Non aceptaremos ser man de obra de segunda!!!
Estatuto de los Trabajadores (actualizado 11-5-2021)
Modelo de carta de Baja Voluntaria en la empresa
CCOO Servicios denuncia los abusos laborales en Eurest
Calendario Laboral 2025. Publicado en el BOE
Firma del nuevo convenio de Oficinas y Despachos de la Comunidad de Madrid
Convenio Colectivo Estatal de Acción e Intervención Social