content_copy Noticias - Union Comarcal Lugo
A Xustiza condena a Froiz Supermercados por sancionar sen motivo unha delegada de CCOO
O Xulgado do Social n.º 1 de Lugo acaba de condenar a empresa Froiz Supermercados por sancionar indebidamente unha traballadora que ten a condición de delegada por CCOO e presidenta do comité de empresa en Lugo.
A sentenza condena e obriga a empresa a anular a sanción, a lle aboar os salarios non percibidos e a indemnizar por danos morais a delegada de CCOO, pois quedou probado en sede xudicial que a sanción obedecía a unha represalia polas funcións sindicais exercidas pola traballadora.
Amais desta traballadora delegada de CCOO, outra compañeira, tamén delegada de CCOO, foi sancionada. A Federación de Servizos de CCOO en Galicia impugnou tamén esta sanción e confían en que a empresa sexa novamente condenada pola mesma práctica antisindical demostrada no primeiro xuízo.
A Federación de Servizos de CCOO en Galicia lamenta que nunha empresa da envergadura de Froiz Supermercados se sigan utilizando nestes tempos prácticas antisindicais polo feito de actuar en defensa dos dereitos e intereses do persoal.
Denunciamos a parálise dos convenios do sector dos servizos en Lugo
Este mércores denunciamos o bloqueo que padecen os convenios colectivos da provincia de Lugo no ámbito desta federación e pedimos a intervención do Consello Galego de Relacións Laborais. Así o explicamos nunha conferencia de prensa na que interviñeron a secretaria xeral de CCOO-Servizos, Lucía Trenor, o secretario de Acción Sindical, Juan Zas, e o secretario xeral de CCOO de Lugo, Manuel Quiñoá. Ler máis.
O bloqueo nos convenios do sector servizos en Lugo desencadea unha situación crÃtica de desigualdade e precariedade laboral
A situación das persoas traballadoras do sector servizos en Lugo chegou a un punto moi grave. É inaceptable que as diferentes patronais do sector manteñan unha situación de bloqueo sobre varios convenios colectivos sen actualizar desde hai máis dunha década, o que está a causar serias consecuencias económicas e sociais para as persoas empregadas desta provincia.
Por que é tan importante abordar este problema de inmediato?:
O Bloqueo dos Convenios: Unha Década de Estancamento
Os convenios colectivos son acordos entre empregadores e sindicatos que establecen as condicións de traballo, incluíndo salarios, horarios, descansos e beneficios sociais. En Lugo, varios destes convenios levan anos sen actualizarse:
- Comercio Pel e Calzado**: Última actualización en 2010.
- Comercio Moble e Decoración**: Última actualización en 2011.
- Oficinas e Despachos**: Última actualización en 2011.
- Comercio Textil**: Última actualización en 2015.
- Comercio Materiais de Construción**: Última actualización en 2018.
Consecuencias para as Persoas Traballadoras
Este estancamento provoca que as persoas traballadoras non reciban incrementos salariais adecuados, salvo os aumentos derivados do Salario Mínimo Interprofesional, e carezan de beneficios sociais que xa están presentes noutras provincias galegas, como licenzas, descansos e reducións de xornada.
Pero a falta de actualización dos convenios non só afecta os ingresos das persoas traballadoras, senón tamén a súa calidade de vida. Sen beneficios sociais actualizados, as persoas empregadas de Lugo enfróntanse a maiores niveis de precariedade e desigualdade en comparación cos seus homólogos noutras partes de Galicia. Esta situación está a fomentar a fuga de traballadoras e traballadores cara a provincias onde as condicións laborais son máis favorables, o que á súa vez contribúe á degradación da vida social en Lugo.
A Resposta de CCOO
Esta situación chegou a un líminte inaceptable. Estamos a liderar a loita para resolver esta situación. CCOO convocamos ás patronais de forma inmediata mediante unha solicitude ao Consello Galego de Relacións Laborais. Tamén instamos á Confederación de Empresarios de Lugo, á Federación Galega de Comercio e ás administracións públicas a involucrarse activamente na solución deste problema.
Necesidade de Acción
Pero tamén queremos deixar claro que A Confederación de Empresarios de Lugo, a Federación Galega de Comercio e as Administracións Públicas, teñen que dar un paso adiante e ser partícipes na solución desta situación anómala, inxustificable e negativa para as persoas traballadoras.
Só así se poderá garantir que as persoas traballadoras do sector servizos en Lugo teñan condicións laborais dignas e comparables ás doutros lugares.
CCOO Servizos asinamos as novas táboas salariais da hostalarÃa de Lugo, con importantes subas e pagamento de atrasos
Acabamos de asinar coa patronal do sector as novas táboas salariais do convenio provincial de hostalaría de Lugo, que recolle importantes subas económicas e o pagamento duns atrasos que se poden remontar ao 1 de xaneiro deste ano. Destacamos, ademais, que o incremento económico é superior ao que recollía o convenio colectivo para evitar distorsións derivadas do novo salario mínimo (SMI).
No 2023 foi preciso incrementar moitos dos salarios deste convenio para adecuarse á suba do salario mínimo interprofesional, para evitar que quedasen por baixo do fixado legalmente.
Adiantámonos á situación que se produciría nos anos seguintes co incremento do SMI, polo que propuxemos que os soldos se actualizasen en primeiro termo conforme ao salario mínimo e, despois, se aplicase a o incremento salarial pactado no convenio.
Deste xeito, as categorías máis baixas, ao equipararse ao SMI, igualaron as que estaban por riba. Polo tanto, e de acordo con todas as partes asinantes, aprobáronse subas superiores ao establecido no convenio para poder manter a diferenza salarial entre as categorías inferiores e as superiores. Deste xeito, as táboas asinadas por CCOO supoñen para 2024 entre un 3% e un 5,66% máis ca o ano pasado, en función de cada categoría profesional.
Por último, sinalamos que unha vez se publiquen as novas táboas no Boletín Oficial da Provincia de Lugo, serán de aplicación obrigatoria. Así mesmo, as empresas que non o fixesen xa voluntariamente, deberán pagar os atrasos con efectos desde o 1 de xaneiro do 2024.
CCOO logra toda a representación no primeiro comité provincial de Arenal PerfumerÃas en Lugo
Comisións Obreiras (CCOO) informa da vitoria do sindicato nas eleccións sindicais da rede de tendas de Arenal Perfumerías, que esta semana elixiu o seu primeiro comité de empresa provincial. A estas eleccións estaban chamados 145 traballadores e traballadoras dos 9 puntos de venda con que conta a compañía en Lugo —tamén dispón de tendas noutras provincias galegas e do resto do Estado.
Nestas eleccións sindicais, o 85 % das persoas que exerceron o dereito ao voto apostaron pola candidatura presentada por Comisións Obreiras, que deste xeito consegue a totalidade dos 9 delegados e delegadas do comité provincial.
Desde CCOO agradécenlles aos traballadores e traballadoras a confianza depositada nas súas siglas e salientan que «unha representación sindical forte, especialmente de Comisións Obreiras, é a garantía para a defensa dos dereitos laborais e a consecución de mellores condicións de traballo».
Convenio de Comercio Alimentación de Lugo: Un enfrontamento que desata a loita por dereitos laborais
A patronal valorou e aceptou a proposta da UGT para a asinatura do convenio a través dunha comunicación co seguinte texto:
___________
"UGT trasládanos unha proposta de asinatura do convenio, con estas peticións por enriba da última proposta empresarial:
Incremento salarial
2022: 5,70% (a parte empresarial propuxera un incremento do 5%)
2023: 4,00%
2024: 3,50%
2025: 3,50% (a parte empresarial propuxera un incremento do 3,25%)
Incremento total no período 2022-2025: 16,70%
Redución da xornada Redución de 13 horas anuais con efectos do 01/01/2024 (a parte empresarial propuxera unha redución de 10 horas anuais)
Esta mesma mañá, a parte empresarial valorou a proposta de asinatura do Convenio trasladada pola UGT, aceptándoa ao entender que, a pesar de superar os límites establecidos para chegar a un acordo, é importante para o sector ter xa un convenio asinado que permita actualizar os salarios.
En consecuencia, a proposta de sinatura do Convenio incluiría os dous puntos mencionados anteriormente, así como os acordos acadados en materia de prima de convenio 2022, revisión salarial, quebranto de moeda, domingos e festivos, dietas, desconexión dixital e as posibles adaptacións do texto do convenio á lexislación vixente.
Desde a parte empresarial solicitamos que valoredes a proposta feita pola UGT e aceptada pola parte empresarial, e nos indiquedes a posición de cada central sindical o máis axiña posible en relación a se sería ou non asinante do Convenio."
___________
CCOO rexeita a sinatura do convenio
En resposta a esta solicitude, CCOO contesta que non asinará o convenio. Tras as asembleas realizadas co persoal, quedou claro para nós que a sinatura do convenio debería depender da consecución dos seguintes puntos:
-
Mellora salarial, achegando os salarios ao convenio de Coruña, cunha revisión anual de acordo co IPC.
-
Pago do 100% por incapacidade temporal (IT), para acabar coa discriminación do persoal de Lugo.
-
Redución da xornada anual, con sábados libres, para obter fins de semana de calidade que permitan a conciliación da vida laboral e familiar.
-
Eliminación do Grupo IV do Convenio, deixando o persoal con salarios próximos ao salario mínimo interprofesional (SMI) en empresas con grandes beneficios.
Non entendemos a actitude de quen, ao noso parecer, non ten en conta a opinión do persoal e empurra a súa maioría absoluta para asinar un acordo que o sector non desexa, ademais de non convocar a mesa do convenio para presentar a súa proposta.
Todo isto ocorre sabendo que hai unha manifestación planificada para o próximo domingo, 18 de xuño ás 12:00 hrs con saída no Froiz de Montero Ríos e unha convocatoria de folga para o día 23 de xuño, onde o persoal poderá expresar o seu descontento sobre as condicións do preacordo.
Cada central sindical debe facerse responsable das súas decisións, e o persoal do comercio alimentación de Lugo, tomar nota para futuros procesos electorais e decidir se é conveniente e beneficiosa para as persoas traballadoras deste sector unha maioría absoluta que pase o rolete, sen que exista a opción de ter que negociar os acordos co resto.
* Manifestación: día 18 de xuño as 12:00 h. Saída do Froiz de Montero Ríos, pasando polo Gadis de Quiroga Ballesteros e rematando diante da CEL, na Pza de Santo Domingo
* Folga: 23 de xuño
CCOO súmase á folga do sector do comercio de alimentación de Lugo
CCOO lembra que o persoal deste sector foi considerado esencial durante a pandemia, «expoñendo a nosa saúde e a das nosas familias para atender a toda a cidadanía e evitar desabastecementos en momentos tan complicados».
Pasado ese momento delicado, e despois de que as empresas «tivesen amplos beneficios», o sindicato reclama negociar o convenio colectivo, tanto para recoñecer o traballo do persoal, como para evitar unha «situación crítica» para as traballadoras e traballadores por mor da inflación.
CCOO esixe «acabar coa indecencia» de soldos próximos do salario mínimo en empresas con grandes beneficios. Tamén quere reducir a xornada anual, de 1812 horas, unha das maiores do comercio.
Outras demandas son acabar coa discriminación pola que o persoal deste sector en Lugo «é o único que non percibe o 100% do salario en caso de baixa médica», así como garantir a desconexión dixital e a conciliación familiar e laboral.
CCOO Servizos convoca mobilizacións en Sarria en contra do ERE de Inelcom Operaciones Técnicas
Sarria, 25 de maio - O Comité de Empresa do centro de traballo de Sarria, integrado por delegadas e delegados da Federación de Servizos de CCOO en Galicia, convocou unha serie de accións en resposta ao proceso de negociación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola empresa Inelcom Operaciones Técnicas, que afecta aos seus dous centros de traballo situados en Xativa (Valencia) e Sarria (Lugo).
Despois de sete reunións de negociación entre a parte social e a empresa, as posicións aínda se atopan afastadas. A última oferta presentada pola empresa inclúe o despedimento de 58 persoas cunha indemnización de 24 días por ano traballado, proposta que é considerada inasumible pola parte social.
Segundo informou o Comité de Empresa, a decisión de levar a cabo estas mobilizacións foi tomada de forma conxunta cos traballadores e traballadoras do centro de Xativa, tras a realización de asembleas nas cales se lles transmitiu o apoio ás accións propostas.
Unha manifestación está programada para o día 30 de maio ás 20:30 horas, a cal percorrerá o centro de Sarria. O punto de partida será o centro de traballo situado na Rúa Liberdade, 212 (antiga rúa Calvo Sotelo), e a marcha concluirá na Praza da Vila. Ademais, unha folga de 24 horas está convocada para o día 1 de xuño, xunto cunha concentración diante do centro de traballo ás 11:30 horas.
É por iso que o Comité de Empresa fai un chamamento á sociedade de Sarria e vilas próximas para que se unan masivamente á manifestación, co obxectivo de mostrar un rexeitamento frontal ás medidas anunciadas pola empresa. É hora de demostrar unha unidade solidaria en defensa dos postos de traballo e dos dereitos laborais.
CCOO Servizos reúnese co comité de empresa de Inelcom e co alcade de Sarria para tratar o ERE anunciado pola dirección
O Comité de Empresa de Inelcom en Sarria xunto co responsable de Servizos Técnicos dá Federación de Servizos de CCOO en Galicia, Iván Cordeiro, mantiveron unha xuntanza con alcalde de Sarria, Claudio Garrido, onde lle trasladaron a súa preocupación polo ERE anunciado pola dirección de INELCOM.
Durante a xuntaza o rexidor trasladoulle á representación legal das persoas traballadoras o seu total apoio e interese pola situación que se pode derivar das decisións empresariais que se adopten.
Na xuntaza acordouse seguir mantendo un contacto estreito co Concello para facer un seguimento da evolución desta negativa decisión tomada pola empresa.
A Federación de Servizos de CCOO en Galicia quere denunciar publicamente o impacto que dita decisión pode supoñer tanto para o emprego na provincia de Lugo como para as condicions de traballo e vida persoal das persoas traballadoras que puideran verse afectadas.
CCOO rexeita o ERE en Inelcom, unha das meirandes empresas de Lugo
A Federación de Servizos de CCOO rexeita o ERE anunciado por Inelcom, empresa situada en Sarria, unha das compañías máis grandes de Lugo por volume de persoal. Dedícase ao sector de centros de chamadas, prestando servizos a Telefónica ou Hola Luz, entre outras.
A comezos de mes, a dirección notificoulle ao comité de empresa a apertura do período de negociacións para un ERE en todo o Estado que atangue tanto ao centro de traballo de Sarria como ao de Xàtiva (País Valenciano). Entre ambos os dous suman máis de 500 persoas.
A día de hoxe, non se sabe como afectaría a regulación de emprego a cada un dos centros. No entanto, CCOO informa de que este mércores haberá unha primeira xuntanza do comité de empresa co alcalde de Sarria, a quen lle trasladará na súa preocupación polo futuro da compañía e do emprego.
content_copy Destacadas
CCOO presenta una campaña para denunciar el modelo laboral insostenible del sector financiero
Bajo el lema “El Valor de las Personas. Por un Modelo Laboral Sostenible” CCOO ha presentado una campaña para denunciar el clima laboral que viven las plantillas del sector financiero.
Un modelo turÃstico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible
Desde CCOO Servicios queremos reclamar un año más la necesidad imperiosa de garantizar condiciones dignas de trabajo en el sector y queremos llamar la atención especialmente sobre los discursos de algunos hosteleros y sus representantes, acerca de la falta de personas trabajadores en el sector, alguna de ellas lamentables, pero que demuestran la realidad en el anquilosado pensamiento de una parte del empresariado hostelero.
El sindicato presenta el documento "Horarios Comerciales y Tiempo de Trabajo. Propuestas de CCOO"
CCOO apuesta por una regulación homogénea sobre horarios comerciales, y por fijar la voluntariedad y compensación del trabajo en Domingos y festivos en todos los convenios
CCOO informa sobre la modificación de la Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo
CCOO resume en un comunicado información sobre la ENTRADA EN VIGOR NUEVAS BAJAS a partir de la Ley Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, en su Disposición final tercera establece la modificación del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre.
CCOO Servicios lanza una campaña frente a la "Black Reality" del Comercio en Navidad
El sindicato ha presentado en rueda de prensa una campaña para denunciar la realidad que viven las plantillas del sector comercial en este periodo de máxima actividad, al tiempo que exigiendo el desbloqueo de los convenios sectoriales sobre la base de incrementos salariales justos y equitativos. La rueda de prensa ha servido también para analizar los resultados de las elecciones en Grandes Almacenes, donde CCOO ha pasado a convertirse en la segunda fuerza, así como el acuerdo alcanzado en Grupo Inditex.
Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años
Gracias a las constantes reivindicaciones de CCOO, a las mejoras en derechos incorporadas en la reciente reforma laboral para las personas con contrato fijo discontinuo, debemos sumar ahora un avance importante en protección por desempleo.
UNI GLOBAL: Principios fundamentales para garantizar los derechos en el trabajo a distancia
UNI Global Union, con el apoyo de UNI Finanzas, UNI ICTS y UNI P&M, ha publicado lo que considera son principios fundamentales para apoyar a sus afiliadas en la negociación de cuestiones relacionadas con el trabajo a distancia, tanto durante la pandemia de Covid como después de esta.
Real Decreto-Ley Trabajo a Distancia. Preguntas y dudas frecuentes
Hemos desarrollado una campaña con el objetivo de explicar el principal contenido del Real Decreto-Ley de Trabajo a Distancia, aprobado recientemente por el Gobierno.
content_copy Más información
Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas
Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, HostelerÃa, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más
SÃguenos en Telegram
Enlaces de interés
Dónde estamos
OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
AsesorÃa Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es
2024 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto