content_copy Noticias - Comercio Galicia
A Xustiza condena a Froiz Supermercados por sancionar sen motivo unha delegada de CCOO
O Xulgado do Social n.º 1 de Lugo acaba de condenar a empresa Froiz Supermercados por sancionar indebidamente unha traballadora que ten a condición de delegada por CCOO e presidenta do comité de empresa en Lugo.
A sentenza condena e obriga a empresa a anular a sanción, a lle aboar os salarios non percibidos e a indemnizar por danos morais a delegada de CCOO, pois quedou probado en sede xudicial que a sanción obedecía a unha represalia polas funcións sindicais exercidas pola traballadora.
Amais desta traballadora delegada de CCOO, outra compañeira, tamén delegada de CCOO, foi sancionada. A Federación de Servizos de CCOO en Galicia impugnou tamén esta sanción e confían en que a empresa sexa novamente condenada pola mesma práctica antisindical demostrada no primeiro xuízo.
A Federación de Servizos de CCOO en Galicia lamenta que nunha empresa da envergadura de Froiz Supermercados se sigan utilizando nestes tempos prácticas antisindicais polo feito de actuar en defensa dos dereitos e intereses do persoal.
O persoal do Decathlon Santiago aumenta o seu apoio a CCOO Servizos, malia os obstáculos impostos pola empresa
Desde a sección sindical de CCOO do Decathlon Santiago queremos comunicar os resultados das eleccións sindicais recentemente celebradas no centro de traballo, así como destacar os obstáculos que a nosa candidatura tivo que afrontar durante o proceso electoral.
A pesar dos intentos da empresa por limitar a presenza de CCOO nestas eleccións mediante sancións e despedimentos de varios dos nosos candidatos e candidatas, os resultados obtidos mostran a confianza que as persoas traballadoras seguen depositando na nosa labor sindical:
• Técnicos: SGICD obtivo 1 delegado con 6 votos. CCOO non se presentou nesta categoría.
• Especialistas: 2 delegados de CCOO con 32 votos e 2 delegados de SGICD con 22 votos, quedando CCOO a tan só tres votos da maioría.
Ademais, rexistráronse 1 voto nulo e 1 voto en branco.
É importante resaltar que, aínda que non conseguimos máis delegados que outras candidaturas, CCOO foi a forza sindical con máis votos totais no conxunto das eleccións. Este resultado evidencia o apoio da maioría dos traballadores e traballadoras do centro ao noso traballo e o noso compromiso coa defensa dos seus dereitos, a pesar das presións e dificultades impostas pola empresa.
Dende CCOO seguiremos traballando con firmeza para garantir a protección e mellora das condicións laborais de todas as persoas traballadoras no Decathlon Santiago, e agradecemos profundamente o apoio recibido.
CCOO Servizos reitéramoslle á Xunta de Galicia a nosa oposición á apertura dos comercios durante domingos ou festivos
A Federación de Servizos de CCOO reiterámoslle á Xunta de Galicia o noso rexeitamento á apertura dos comercios en domingo ou durante festivos. Así llo fixemos saber á Dirección Xeral de Comercio e Consumo ante a consulta trasladada que o departamento autonómico nos trasladou ao sindicato para coñecer a nosa posición ante esta medida.
Cómpre lembrar que o artigo 5.1 da Lei 13/2006, do 27 de decembro, de horarios comerciais de Galicia, permite a apertura dos comercios un máximo de dez domingos e festivos ao ano. Asemade, o artigo 6.1 da citada norma sinala que a Xunta consultará —antes do 15 de outubro do ano anterior— esta posibilidade con diversas entidades, entre elas os sindicatos do sector.
Ano tras ano, CCOO rexeitamos esta medida por considerarmola «prexudicial» para as condicións de traballo das persoas que traballan no sector e ser un elemento que contribúe á precariedade a través de prolongacións de xornada, amais de impedir a conciliación da vida laboral e familiar.
Na nosa opinión, sen estas aperturas extraordinarias, o horario comercial "xa abastece suficientemente" as necesidades da poboación, polo que a medida unicamente xeraría un «prexuízo notorio» para os traballadores e traballadoras do comercio.
Acompañamos carta de contestación:
En prensa:
La Voz de Galicia: Comisiones Obreras traslada a la Xunta su rechazo a abrir el comercio en días de descanso
Galicia Confidencial: Comisións Obreiras oponse a permitir a apertura dos comercios en domingos e festivos
21Noticias: CCOO comunícalle á Xunta de Galicia a súa oposición á apertura dos comercios durante domingos ou festivos
RNE: Entrevista a Juan Zas, strio. Acción Sindical CCOO Servizos
CCOO Servizos mobilizámonos en Santiago contra Decathlon, condenada pola Audiencia Nacional por prácticas antisindicais
Comisións Obreiras (CCOO) convoca mobilizacións contra as «actitudes antisindicais e anticonstitucionais» de Decathlon, empresa recentemente condenada pola Audiencia Nacional por vulnerar os dereitos das delegadas e delegados sindicais. Por este motivo, haberá unha concentración o vindeiro luns, 12 de agosto, das 12 ás 13 horas, diante da tenda que a compañía ten no polígono de Costa Vella (Santiago de Compostela).
O pasado mes de xuño, a Audiencia Nacional deulle a razón a CCOO mediante unha sentenza en que aprecia a «evidente mala fe» de Decathlon España e estimou que a «vontade» da empresa é «contraria […] a respectar os dereitos dos seus delegados sindicais». O tribunal impúxolle á empresa unha multa de 3.000 euros así como unha indemnización ao sindicato doutros 30 000 por danos e prexuízos.
Tentativa de intimidar a CCOO
Malia este precedente, Decathlon España continúa reincidindo nestas prácticas, neste caso interferindo nas eleccións sindicais do centro de traballo de Costa Vella, en Santiago de Compostela, mediante a comunicación de sancións e despedimentos para «tentar intimidar as persoas que se presentan polas nosas candidaturas».
____________________________________
Actualización: Hoxe, día 12 de agosto, concentrámonos contra as actitudes antisindicais e anticonstitucionais de Decathlon. A continuación amosamos imaxes e vídeo das concentracións:
Información sobre a sentenza da Audiencia Nacional: La AN sentencia que Decathlon vulnera la libertad sindical de los y las delegadas de CCOO
As mobilizacións en presa:
TVE 1: Reportaxe. [Minuto 08:38]
El Español: CCOO protesta ante Decathlon, en Santiago, por sus actitudes "antisindicalistas".
La Vanguardia: CC.OO. protesta ante Decathlon en Santiago por vulnerar “derechos sindicales” pese a haber sido condenada en junio
El Correo Gallego: CCOO denuncia en Santiago las "actitudes antisindicales" de Decathlon
Xornal de Compostela: CCOO protesta diante de Decathlon por vulnerar “dereitos sindicais” a pesar de ser condenada en xuño
Europa Press: CC.OO. protesta ante Decathlon en Santiago por vulnerar "derechos sindicales" pese a haber sido condenada en junio
Diario de Santiago: Una protesta en Santiago exige el fin del acoso sindical en la tienda Decathlon de Costa Vella
Demandamos a Decathlon por vulneración do dereito á Liberdade Sindical
Presentamos unha demanda de tutela contra a empresa Decathlon pola vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical. Esta demanda ven motivada pola negativa da empresa a aportar documentación e información relativa ás condicións laborais do persoal, por impedir o desenvolvemento da nosa actividade sindical negando o uso do crédito horario e por tomar represalias laborais cara ao activo sindical de CCOO, entre outras prácticas. Ler máis
14.981 sinaturas (55,13% do persoal) apoian en só 8 días a campaña de CCOO
Á dirección do Grupo Inditex: Trala publicación dos beneficios do Grupo Inditex (5.381 millóns, cun incremento do 30%) as traballadoras e traballadores do Grupo pedimos que se repercutan, de forma xusta e equitativa, en quen os facemos posíble: en todas as persoas traballadoras de todas as cadeas de todo o Estado, con avances reais e globais nas mesas estatais, homologando condicións:
- Desenvolvemento do Plan de Igualdade: Fins de semana de calidade, ampliacións de xornada...
- Defensa integral da saúde: Carga de traballo, climatización, protocolos de violencia.
- Xestión da madurez: Prexubilacións, reducións de xornada, aumento de días de vacacións, plan de pensións de emprego...
- Desenvolvemento doutros aspectos salariais: Prima de vinculación, Plus de antigüidade, Sistema de incentivos e transparencia nas comisións, Aplicación do incentivo de dependenta a todas as cadeas por igual, Aumento do desconto e límite Affinity.
O momento é AGORA. Porque TODAS somos INDITEX
Asinado entre o 15 e o 22 de marzo de 2024 por persoas traballadoras de Inditex (55,13% do persoal de tendas) Ler máis
CCOO Inditex mobiliza a máis de 500 delegadas en 8 cidades e recolle 13.843 sinaturas (50,94% do persoal) en só 7 días
CCOO, sindicato maioritario en Inditex, impulsou a mobilización do seu activo sindical fronte ás tendas de Inditex en 8 cidades e a da plantilla a través dunha recollida de firmas subscrita por máis da metade das 27.176 persoas traballadoras nas tendas, para esixir a Inditex avances reais nas negociacións a nivel estatal, para mellorar de forma xusta e equitativa as condicións laborais no conxunto de marcas e territorios, tras os beneficios récord obtidos. Inditex, atendendo esta campaña de mobilización de CCOO, convocou Mesa estatal o 3 de abril.
O Grupo Inditex declarou uns beneficios de 5.381 millóns, cun incremento do 30% respecto ao exercicio anterior. Na súa actividade en España, superou os 1.600 millóns de beneficios e os 5.665 millóns en vendas, o que supón 200.000 euros en vendas por persoa empregada en tendas. Con todo, estes beneficios non están revertendo na plantilla en forma de mellora global, en todas as marcas e territorios, das súas condicións laborais, ao non haber avances reais nas negociacións estatais.
Ante esta situación, máis de 500 delegadas e delegados de CCOO mobilizáronse en Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Valencia, Bilbao, Las Palmas e Vigo. Ademais, o sindicato recolleu en tan só 7 días 13.843 firmas, desde o 15 ao 21 de marzo: É dicir, o 50,94% da plantilla do Grupo Inditex asinou para apoiar a campaña de CCOO e que os beneficios do Grupo revertan de forma xusta e equitativa, en quen os fan posible: en todas as persoas traballadoras de todas as cadeas de toda España, con avances reais e globais nas Mesas estatais, homologando condicións ao alza.
Atendendo á reclamación de CCOO de establecer marcos de negociación onde se defendan os intereses de todas as plantillas do Grupo Inditex en todos os territorios, o Grupo Inditex dirixiuse a CCOO, como sindicato maioritario, anunciándolle convocatoria de Mesa estatal o próximo 3 de abril.
Maio, mes de verán? Gadis incumpre os seus acordos en materia de vacacións
PONTEVICUS pretende agora que se inclúa o mes de maio como mes de vacacións de verán de forma unilateral e incumprindo todos os acordos e compromisos.
Tanto o convenio colectivo como os acordos de empresa indican cales son os meses de verán, e dende hai máis de 20 anos, maio non está entre eles. Para protestar por esta situación:
- Concentrámonos hoxe diante do GADIS de Rúa Barcelona en Vigo
- CCOO denunciamos esta situación e presentamos un conflito colectivo cuxo xuízo será mañá xoves 7 de marzo no TRIBUNAL SUPERIOR DE XUSTIZA DE GALICIA.
Mantédevos atentos/as a futuras actualizacións para máis detalles. CCOO non permitiremos que prexuízos ao persoal queden sen resposta.
Delegados e delegadas sindicais de CCOO do sector de Grandes Almacéns de Galicia unen forzas para mellorar as condicións de traballo
Nunha reunión celebrada hoxe en Santiago, delegados sindicais do sector de grandes almacéns de Galicia uníronse para poñer en común e abordar os problemas laborais que afectan aos traballadores do sector. O encontro foi testemuña do compromiso colectivo de mellorar as condicións laborais e promover un ambiente de traballo saudable e xusto.
Diálogo Constructivo para Identificar Problemas Comúns
Os delegados sindicais presentes na reunión identificaron varios problemas laborais comúns que afectan aos traballadores dos grandes almacéns en Galicia. Entre os temas destacados atopábanse as prolongadas xornadas laborais, a necesidade de mellorar as medidas de seguridade e saúde, así como a importancia de establecer salarios xustos e condicións laborais equitativas.
Propostas e Estratexias para Mellorar as Condicións Laborais
Tras un diálogo aberto e construtivo, propuxéronse diversas estratexias para abordar e mellorar as condicións laborais no sector. Algúns dos puntos principais inclúen:
1. Redución da Parcialidade na contratación: Propuxemos establecer un límite razoábel de horas mínimo de traballo diarias e semanais para garantir a estabilidade e o benestar físico e mental dos traballadores.
2. Revisión Salarial: Demandamos unha revisión dos salarios que recoñezan a profesionalidade das persoas traballadoras no sector e que se traduza nun incremento sustancial sobre o Salario Mínimo Interprofesional.
3. Melloras na Seguridade e Saúde: Solicitamos a implementación de medidas adicionais de seguridade e saúde nos centros de traballo para asegurar un ambiente laboral seguro e saudable.
4. Formación e Desenvolvemento Profesional: Abogamos pola promoción de programas de formación e desenvolvemento profesional para as persoas traballadoras, co obxectivo de mellorar as súas habilidades e aumentar as oportunidades de progreso na carreira.
Compromiso Colectivo para o Benestar Laboral
Ao final da reunión, os e as delegadas sindicais expresaron o seu compromiso colectivo de traballar xuntos para implementar as propostas acordadas e traballar para que as condicións laborais nos grandes almacéns de Galicia melloren de maneira significativa. Ademais, acordaron manter unha comunicación aberta e constante coa dirección das empresas para garantir o éxito destas iniciativas.
Esta reunión representa un paso significativo cara a construción dun ambiente laboral máis xusto e sostible para os traballadores do sector de grandes almacéns en Galicia.
CCOO logra toda a representación no primeiro comité provincial de Arenal Perfumerías en Lugo
Comisións Obreiras (CCOO) informa da vitoria do sindicato nas eleccións sindicais da rede de tendas de Arenal Perfumerías, que esta semana elixiu o seu primeiro comité de empresa provincial. A estas eleccións estaban chamados 145 traballadores e traballadoras dos 9 puntos de venda con que conta a compañía en Lugo —tamén dispón de tendas noutras provincias galegas e do resto do Estado.
Nestas eleccións sindicais, o 85 % das persoas que exerceron o dereito ao voto apostaron pola candidatura presentada por Comisións Obreiras, que deste xeito consegue a totalidade dos 9 delegados e delegadas do comité provincial.
Desde CCOO agradécenlles aos traballadores e traballadoras a confianza depositada nas súas siglas e salientan que «unha representación sindical forte, especialmente de Comisións Obreiras, é a garantía para a defensa dos dereitos laborais e a consecución de mellores condicións de traballo».
content_copy Destacadas
CCOO presenta una campaña para denunciar el modelo laboral insostenible del sector financiero
Bajo el lema “El Valor de las Personas. Por un Modelo Laboral Sostenible” CCOO ha presentado una campaña para denunciar el clima laboral que viven las plantillas del sector financiero.
Un modelo turístico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible
Desde CCOO Servicios queremos reclamar un año más la necesidad imperiosa de garantizar condiciones dignas de trabajo en el sector y queremos llamar la atención especialmente sobre los discursos de algunos hosteleros y sus representantes, acerca de la falta de personas trabajadores en el sector, alguna de ellas lamentables, pero que demuestran la realidad en el anquilosado pensamiento de una parte del empresariado hostelero.
El sindicato presenta el documento "Horarios Comerciales y Tiempo de Trabajo. Propuestas de CCOO"
CCOO apuesta por una regulación homogénea sobre horarios comerciales, y por fijar la voluntariedad y compensación del trabajo en Domingos y festivos en todos los convenios
CCOO informa sobre la modificación de la Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo
CCOO resume en un comunicado información sobre la ENTRADA EN VIGOR NUEVAS BAJAS a partir de la Ley Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, en su Disposición final tercera establece la modificación del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre.
CCOO Servicios lanza una campaña frente a la "Black Reality" del Comercio en Navidad
El sindicato ha presentado en rueda de prensa una campaña para denunciar la realidad que viven las plantillas del sector comercial en este periodo de máxima actividad, al tiempo que exigiendo el desbloqueo de los convenios sectoriales sobre la base de incrementos salariales justos y equitativos. La rueda de prensa ha servido también para analizar los resultados de las elecciones en Grandes Almacenes, donde CCOO ha pasado a convertirse en la segunda fuerza, así como el acuerdo alcanzado en Grupo Inditex.
Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años
Gracias a las constantes reivindicaciones de CCOO, a las mejoras en derechos incorporadas en la reciente reforma laboral para las personas con contrato fijo discontinuo, debemos sumar ahora un avance importante en protección por desempleo.
UNI GLOBAL: Principios fundamentales para garantizar los derechos en el trabajo a distancia
UNI Global Union, con el apoyo de UNI Finanzas, UNI ICTS y UNI P&M, ha publicado lo que considera son principios fundamentales para apoyar a sus afiliadas en la negociación de cuestiones relacionadas con el trabajo a distancia, tanto durante la pandemia de Covid como después de esta.
Real Decreto-Ley Trabajo a Distancia. Preguntas y dudas frecuentes
Hemos desarrollado una campaña con el objetivo de explicar el principal contenido del Real Decreto-Ley de Trabajo a Distancia, aprobado recientemente por el Gobierno.
content_copy Más información
Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios e Empresas
Infórmate
CCOO Servizos é un sindicato, é Comisións Obreiras nos sectores de Comercio, Financeiro, administrativo, das TIC, Hostalería, Telemarketing, Oficinas, Turismo... Leer más
Síguenos en Telegram
Ligazóns de interese
Onde estamos
OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es
2024 © CCOO SERVIZOS. Aviso Legal | Contacto