content_copy Noticias - Accion sindical
CCOO Servizos convoca mobilizacións en Sarria en contra do ERE de Inelcom Operaciones Técnicas
Sarria, 25 de maio - O Comité de Empresa do centro de traballo de Sarria, integrado por delegadas e delegados da Federación de Servizos de CCOO en Galicia, convocou unha serie de accións en resposta ao proceso de negociación do Expediente de Regulación de Emprego (ERE) presentado pola empresa Inelcom Operaciones Técnicas, que afecta aos seus dous centros de traballo situados en Xativa (Valencia) e Sarria (Lugo).
Despois de sete reunións de negociación entre a parte social e a empresa, as posicións aínda se atopan afastadas. A última oferta presentada pola empresa inclúe o despedimento de 58 persoas cunha indemnización de 24 días por ano traballado, proposta que é considerada inasumible pola parte social.
Segundo informou o Comité de Empresa, a decisión de levar a cabo estas mobilizacións foi tomada de forma conxunta cos traballadores e traballadoras do centro de Xativa, tras a realización de asembleas nas cales se lles transmitiu o apoio ás accións propostas.
Unha manifestación está programada para o día 30 de maio ás 20:30 horas, a cal percorrerá o centro de Sarria. O punto de partida será o centro de traballo situado na Rúa Liberdade, 212 (antiga rúa Calvo Sotelo), e a marcha concluirá na Praza da Vila. Ademais, unha folga de 24 horas está convocada para o día 1 de xuño, xunto cunha concentración diante do centro de traballo ás 11:30 horas.
É por iso que o Comité de Empresa fai un chamamento á sociedade de Sarria e vilas próximas para que se unan masivamente á manifestación, co obxectivo de mostrar un rexeitamento frontal ás medidas anunciadas pola empresa. É hora de demostrar unha unidade solidaria en defensa dos postos de traballo e dos dereitos laborais.
CCOO defende a recuperación dos salarios no convenio do comercio alimentación de Pontevedra e rexeita as artimañas da patronal
CCOO rexeita calquera convenio que non teña un efecto inmediato na recuperación do poder adquisitivo dos salarios. Nesta reunión, reiterou este posicionamento, mentres a patronal, facendo malabares, intentou convencer de que non só o persoal non sufriu perda de poder adquisitivo, senón que incluso o gañou. Sen entrar nunha explicación matemática detallada, a patronal non convenceu. CCOO ten a capacidade de avaliar a situación con precisión sen caer en xogos matemáticos.
Outro obstáculo para poder negociar que a patronal expuxo é que nos enfrontamos a catro propostas económicas distintas, o que é certo (CCOO solicita un aumento lineal que representa entre un 8% e un 9% cada ano de vixencia, UGT arredor dun 10%, CIG un 7% e USO en torno a un 6%). Pero esta discrepancia de propostas non debería ser un problema. Pedimos repetidamente á patronal que presentara unha proposta para comezar as negociacións, pero foi imposible.
O que si repite constantemente a patronal, como en todas as negociacións, é o custo que lle supón a antigüidade e a clasificación automática.
CCOO quere deixar claro na mesa, e así quedará reflectido na acta, que cando fala dun incremento do 8%, refírese a telo en conta na situación actual do convenio, incluíndo a antigüidade, a reclasificación e o resto dos conceptos económicos. A patronal quere deducir deste incremento o custo que alega que ten a antigüidade, por contra CCOO solicita o 8% e que a antigüidade e a reclasificación automática se manteñan.
CCOO quere destacar este último aspecto no posicionamento sobre a antigüidade, porque USO emitiu un comunicado no que se pretende ensuciar o proceso electoral en Gadis e Froiz con mentiras interesadas. Non todo vale nas eleccións sindicais, e a verdade debe seguir a prevalecer. E a única verdade é que CCOO mantén firmemente a súa proposta económica, mentres que outros sindicatos, casualidade ou non, con propostas máis baixas parecen non ter máis opción que utilizar mentiras e artimañas en lugar de defender o que deben defender con firmeza.
A próxima reunión será o 13 de xuño ás 16:30. Non todo vale para obter unha presada de votos, e a mentira e a falsidade teñen as pernas moi curtas.
CCOO Servizos asina un preacordo para actualizar salarios e mellorar condicións laborais no sector do comercio do moble en Pontevedra.
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia informa do asinamento do preacordo do Convenio do comercio do moble da provincia de Pontevedra, que levaba caducado desde o ano 2018 e cos salarios por baixo do salario mínimo interprofesional (SMI). Deste xeito, para o período 2019-2021, actualízanse os salarios ao SMI e, partindo da categoría máis baixa, aplícase un incremento escalado do 2 % para diferenciar as categorías. Xa para o ano 2022 prodúcese un incremento nas táboas salariais do 4 %, do 7,62 % no 2023 e dun 2 % para o 2024 e outro tanto o 2025.
Así mesmo, páctase unha cláusula de revisión salarial. No suposto de que a suma do IPC real dos anos 2024 e 2025 supere o incremento económico acordado, faríase unha revisión do exceso, cun máximo do 2 % adicional e efectos desde o 1 de xaneiro do 2025.
Asemade, inclúese o plus de transporte no salario base e establécese a clasificación profesional en base ás funcións establecidas no Convenio do comercio vario da provincia de Pontevedra, pero elminando as de axudante e auxiliar.
Canto á xornada laboral, páctase non traballar as tardes dos sábados entre xuño e setembro; nas xornadas de maís de seis horas, haberá unha pausa de 15 minutos coa consideración de tempo de traballo efectivo; os contratos a tempo prcial con xornada; regúlase o traballo en domingos e festivos do mesmo xeito que no sector do comercio vario; o traballo nocturno aboarase cun 50 % de recargo sobre o prezo da hora ordinaria e gozarase de 15 días de vacacións entre xuño e setembro, entre outras novidades.
CCOO asina o preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia informa do asinamento do preacordo do convenio do comercio vario da provincia da Coruña, que regula as condicións laborais de máis de 22.000 persoas. O documento, que deberá ser validado pola afiliación do sindicato antes da súa ratificación, recolle incrementos salariais e diferentes melloras de carácter social. Os incrementos pactados supoñen unha actualización inmediata de salario do 11,5 % no momento en que o texto entre en vigor.
No capítulo salarial, páctanse incrementos retributivos do 4% para o ano 2021, do 3,5 para o 2022 e do 4% para o 2023, sumando un 11,5 % entre os tres anos. Para 2024 e 2025, a suba acordada é dun 3% para cada exercicio. Así mesmo, pagaranse atrasos con data de xaneiro do 2022, que se aboarán durante a vixencia do convenio.
Canto ao traballo en domingos e festivos, aboarase con 25 euros para os anos 2023 e 2024 e con 30 euros a partir do 2025. Pola súa parte, as tardes dos días 24 e 31 de decembro aboaranse con 12 euros por hora a partir das 14 horas.
Outras melloras salariais son a actualización do salario de encargado ou encargada, cun salario inicial de 1125,73 euros —nas táboas vixentes era de 1080,64—, soldo sobre o que se aplicarán os incrementos pactados no convenio. Pola súa parte, as categorías de axudante de dependente/a pasarán a dependente/a aos seis meses, e todas as dependentas e dependentes pasarán ao salario de dependente/a maior.
Canto aos complementos, o convenio recolle un plus compensatorio de beneficios de 200 euros mensuais para as empresas cun cadro de persoal na provincia de máis de mil persoas e beneficios nos últimos tres anos.
Entre as melloras sociais está o aumento da licenza de matrimonio ou parella de feito a vinte días naturais; a licenza por falecemento ou enfermidade de familiar pasa a ser dun mínimo de cinco días; o recoñecemento do parte de repouso para a percepción do 100 % do salario; un día máis de libranza por asuntos propios; libranzas polo tempo necesario para presentarse a exames oficiais ou oposicións; e a equiparación da convivencia acreditada coas parellas de feito. Asemade, outórganse seis sábados libres completos cada ano co obxectivo de fomentar as coñecidas como «fins de semana de calidade», medida que entrará en vigor en xaneiro do 2024.
O preacordo de convenio tamén cifra os importes dos seguros de invalidez e morte en 35.000 euros no 2024 e en 40.000 a partir do 2025. Tamén limita a un máximo de nove meses as contratacións de duración determinada, ao tempo que recolle unha inactividade máxima de cinco meses para o persoal fixo-descontinuo.
Por último, eomo novidade, incorpórase ao ámbito do convenio do comercio vario da provincia da Coruña o persoal do sector de venda de mobles, cuxo convenio estaba sen renovar desde o ano 2011.
CCOO Servizos reúnese co comité de empresa de Inelcom e co alcade de Sarria para tratar o ERE anunciado pola dirección
O Comité de Empresa de Inelcom en Sarria xunto co responsable de Servizos Técnicos dá Federación de Servizos de CCOO en Galicia, Iván Cordeiro, mantiveron unha xuntanza con alcalde de Sarria, Claudio Garrido, onde lle trasladaron a súa preocupación polo ERE anunciado pola dirección de INELCOM.
Durante a xuntaza o rexidor trasladoulle á representación legal das persoas traballadoras o seu total apoio e interese pola situación que se pode derivar das decisións empresariais que se adopten.
Na xuntaza acordouse seguir mantendo un contacto estreito co Concello para facer un seguimento da evolución desta negativa decisión tomada pola empresa.
A Federación de Servizos de CCOO en Galicia quere denunciar publicamente o impacto que dita decisión pode supoñer tanto para o emprego na provincia de Lugo como para as condicions de traballo e vida persoal das persoas traballadoras que puideran verse afectadas.
CCOO rexeita o ERE en Inelcom, unha das meirandes empresas de Lugo
A Federación de Servizos de CCOO rexeita o ERE anunciado por Inelcom, empresa situada en Sarria, unha das compañías máis grandes de Lugo por volume de persoal. Dedícase ao sector de centros de chamadas, prestando servizos a Telefónica ou Hola Luz, entre outras.
A comezos de mes, a dirección notificoulle ao comité de empresa a apertura do período de negociacións para un ERE en todo o Estado que atangue tanto ao centro de traballo de Sarria como ao de Xàtiva (País Valenciano). Entre ambos os dous suman máis de 500 persoas.
A día de hoxe, non se sabe como afectaría a regulación de emprego a cada un dos centros. No entanto, CCOO informa de que este mércores haberá unha primeira xuntanza do comité de empresa co alcalde de Sarria, a quen lle trasladará na súa preocupación polo futuro da compañía e do emprego.
Nova reunión do convenio comercio vario Coruña coa mediación do AGA
Na reunión de hoxe luns, 10 de abril, ao xa informado anteriormente, a patronal propón:
- Un día máis de asuntos propios
- Incremento salarial co seguinte detalle:
- 2021-2022: 7.5%, con atrasos desde xaneiro 2022
- 2023: 4% con revisión a táboas do 1%
- 2024: 3% con revisión a táboas do 1%
- 2025: 3% con revisión a táboas do 1%
- 2026: 2.5% con revisión a táboas de IPC.
CCOO, do mesmo xeito que o resto das centrais sindicais, estivemos dacordo en que estas porcentaxes, á conta de aumentar a vixencia até o 2026, non son aceptables se non se produce un incremento maior nos anos 2022 a 2023.
Pedimos á patronal que reaccione, porque o persoal non pode permitirse máis perda de poder adquisitivo na situación de graves incrementos de IPC dos últimos anos e porque quedou demostrado na mobilización do pasado domingo 26 de marzo, que as persoas traballadoras do comercio na provincia da Coruña están ao límite da súa economía e paciencia.
Non podemos esperar máis, a patronal debe darnos unha resposta XA
CCOO desmente que en España falte persoal para traballar na HostalarÃa, o que faltan son condicións de traballo dignas e mellores salarios
Para CCOO Servizos, en España hai suficiente e cualificada man de obra no sector de Hostalaría, as dificultades esgrimidas polas patronais son debidas á precariedade, os baixos salarios e as deficientes condicións laborais (quendas partidas, dificultade conciliación vida laboral e familiar, nin tan sequera un fin de semana de descanso ao mes).
Hai moitas persoas que abandonan a profesión e optan por traballar noutros sectores. Ler máis
Convenio comercio vario Coruña: Primeira reunión de patronal e sindicatos no marco do AGA
Tras a solicitude da Patronal de Comercio de acudir ao AGA, (Acordo interprofesional galego sobre procedementos extraxudiciais de solución de conflitos de traballo) e aceptar todas as centrais sindicais esta mediación, este luns, 27 de marzo, tivo lugar a primeira reunión.
A patronal pretende centrar a proposta na parte estritamente económica e sen que se poidan tratar outros temas importantes da plataforma.
A proposta económica non avanza o suficiente para achegarse a incrementos que permitan o mantemento do poder adquisitivo e a patronal propón unha cláusula de revisión salarial, que ante a incerteza de como vai evolucionar o IPC, parécenos totalmente insuficiente.
Tras a mobilización do domingo, 26 de marzo, a patronal non pode manter a súa posición de inmobilismo e ten que dar un paso adiante e rápido, porque o persoal de comercio non pode soportar máis unha conxelación salarial desde o ano 2019.
Como conclusión desta reunión inicial só podemos dicir que seguimos en situación de bloqueo.
O vindeiro mércores, 29 marzo, celebrarase unha segunda reunión de mediación no AGA e reivindicaremos de novo a necesidade dun desbloqueo inmediato dun convenio colectivo que afecta a unhas 22.000 persoas.
content_copy Destacadas

La hostelerÃa y el turismo siguen generando grandes beneficios que no revierten en un empleo sectorial que es inestable, poco profesional y mal pagado
- El turismo y la hostelería continúan siendo pilares fundamentales de la economía española. En 2024, el país alcanzó un récord histórico con más de 109 millones de turistas, un crecimiento del 5,5 % respecto al año anterior. Sin embargo, este notable éxito económico viene acompañado de retos significativos que afectan directamente a las condiciones laborales de quienes trabajan en el sector.

CCOO edita una guÃa para no perderse a la hora de implementar medidas
Guía para no perderse en el Real Decreto 1026/2024 por el que se desarrolla el conjunto planificado de las medidas para la igualdad y no discriminación de las personas LGTBI en las empresas, editada por la Secretaría Confederal de Mujeres, Igualdad y Condiciones de Trabajo de CCOO.

CCOO presenta una campaña para denunciar el modelo laboral insostenible del sector financiero
Bajo el lema “El Valor de las Personas. Por un Modelo Laboral Sostenible” CCOO ha presentado una campaña para denunciar el clima laboral que viven las plantillas del sector financiero.

Un modelo turÃstico más sostenible y que garantice derechos, es imprescindible
Desde CCOO Servicios queremos reclamar un año más la necesidad imperiosa de garantizar condiciones dignas de trabajo en el sector y queremos llamar la atención especialmente sobre los discursos de algunos hosteleros y sus representantes, acerca de la falta de personas trabajadores en el sector, alguna de ellas lamentables, pero que demuestran la realidad en el anquilosado pensamiento de una parte del empresariado hostelero.

El sindicato presenta el documento "Horarios Comerciales y Tiempo de Trabajo. Propuestas de CCOO"
CCOO apuesta por una regulación homogénea sobre horarios comerciales, y por fijar la voluntariedad y compensación del trabajo en Domingos y festivos en todos los convenios

CCOO informa sobre la modificación de la Ley Orgánica de salud sexual y reproductiva y de interrupción voluntaria del embarazo
CCOO resume en un comunicado información sobre la ENTRADA EN VIGOR NUEVAS BAJAS a partir de la Ley Orgánica 1/2023, de 28 de febrero, por la que se modifica la Ley Orgánica 2/2010, de 3 de marzo, de salud sexual y reproductiva y de la interrupción voluntaria del embarazo, en su Disposición final tercera establece la modificación del texto refundido de la Ley General de la Seguridad Social, aprobado por el Real Decreto Legislativo 8/2015, de 30 de octubre.

CCOO Servicios lanza una campaña frente a la "Black Reality" del Comercio en Navidad
El sindicato ha presentado en rueda de prensa una campaña para denunciar la realidad que viven las plantillas del sector comercial en este periodo de máxima actividad, al tiempo que exigiendo el desbloqueo de los convenios sectoriales sobre la base de incrementos salariales justos y equitativos. La rueda de prensa ha servido también para analizar los resultados de las elecciones en Grandes Almacenes, donde CCOO ha pasado a convertirse en la segunda fuerza, así como el acuerdo alcanzado en Grupo Inditex.

Las personas fijas discontinuas por fin podrán acceder al subsidio para mayores de 52 años
Gracias a las constantes reivindicaciones de CCOO, a las mejoras en derechos incorporadas en la reciente reforma laboral para las personas con contrato fijo discontinuo, debemos sumar ahora un avance importante en protección por desempleo.

UNI GLOBAL: Principios fundamentales para garantizar los derechos en el trabajo a distancia
UNI Global Union, con el apoyo de UNI Finanzas, UNI ICTS y UNI P&M, ha publicado lo que considera son principios fundamentales para apoyar a sus afiliadas en la negociación de cuestiones relacionadas con el trabajo a distancia, tanto durante la pandemia de Covid como después de esta.

Real Decreto-Ley Trabajo a Distancia. Preguntas y dudas frecuentes
Hemos desarrollado una campaña con el objetivo de explicar el principal contenido del Real Decreto-Ley de Trabajo a Distancia, aprobado recientemente por el Gobierno.

El Tribunal Supremo afirma que los permisos retribuidos se conceden para su disfrute en dÃas laborables
La sentencia 257/2020 de la Sala de lo Social del Tribunal Suprema ha resuelto a favor de CCOO Servicios y FeSMC-UGT, sosteniendo que si el hecho causante de un permiso retribuido tiene lugar en un día no laborable, el día en el que se inicia dicho permiso es primer día laborable tras el hecho causante.
content_copy Más información

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas


Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, HostelerÃa, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más
SÃguenos en Telegram
Enlaces de interés
2026 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto










