Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense
Desde CCOO consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde finais do ano 2010.
Acabouse tanto a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.
É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por tanto desde CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto prazo.
É importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este bloqueo tiña que finalizar. Ler máis
Acordos sobre a demanda da subida salarial de 2018 Muerde La Pasta
Como tod@s sabedes, en maio interpuxemos unha demanda á empresa polas irregularidades na subida salarial de 2018 segundo marca o noso convenio e o día 17 de setembro tivemos o procedemento de mediación co SIMA (Servizo Interconfederal de mediación e arbitraxe F.S.P.) promovido por CCOO no que asistimos os/as representantes legais dos traballadores/as (RLT) e a empresa chegando aos seguintes acordos:
- As partes acordamos celebrar unha primeira reunión da Comisión Paritaria o día 5 de outubro co fin de revisar as táboas salariais de 2018 garantindo os importes mensuais no art. 45 do convenio do grupo.
- Nesta primeira reunión comprobaranse as nóminas de xuño das compañeiras e os compañeiros de Madrid, Alacante e Murcia.
- Acordamos tantas reunións como sexan necesarias para a análise da situación salarial das compañeiras e os compañeiros das provincias restantes.
Pechado con acordo o expediente de regulación de emprego en Adolfo Domínguez
O pasado día 10 de Xullo pechouse con acordo o expediente de regulación de emprego que afectaba a oficinas centrais e a tendas da marca Adolfo Dominguez.
Proclamadas as candidaturas da Federación de Servizos ao Congreso Extraordinario da Unión Comarcal de Arousa
- Data de celebración: 10/07/2018
- Lugar de celebración: Local UC CCOO R/ Alexandre Bóveda,2-2 36600 Vilagarcia (Pontevedra)
- Horario: Fase Electiva: 13:00-17:00 horas.
Mobilizacións no comercio vario da Coruña e do comercio téxtil de Ourense no primeiro día de rebaixas
O sector do comercio vario da provincia da Coruña e o comercio téxtil da provincia de Ourense mobilizaranse o próximo venres, día 29 de xuño, cadrando co inicio das rebaixas. Os sindicatos Comisións Obreiras (CCOO), UGT e CIG, que promoven as mobilizacións, denuncian que as patronais de ambos os dous sectores pretenden «condenar» os traballadores e traballadoras «a salarios conxelados ou de miseria». «As rebaixas, nos prezos, non nos nosos dereitos», advirten.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Froiz Lugo
O Congreso extraordinario da Unión Comarcal de CCOO de Arousa terá lugar o 27 de xullo
Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Téxtil de Ourense
O pasado 5 de abril, constituíuse a mesa de negociación do noso convenio, os tres sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria a cal foi entregou á patronal o pasado día 16 de abril. As traballadoras e traballadores do téxtil de Ourense temos un convenio prorrogado e con conxelación salarial desde o ano 2011. Non podemos escoitar, cada día, que a situación económica mellora, e consentir que isto non se reflicta, tanto nos salarios, como nas condicións de traballo do persoal. Desde a negociación do convenio temos que traballar para conseguir un salario digno e unhas condicións que nos permitan conciliar a nosa vida laboral e familiar. Resumo plataforma sindical conxunta
FAGAMOS VALER A UNIDADE A UNIÓN FAI A FORZA
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra
Tras cinco reunións da mesa negociadora o pasado 2 de maio, asinamos o Convenio de Comercio de Materiais de Construción e Saneamento da provincia de Pontevedra, o que terá unha vixencia de dous anos, 2018 e 2019.





















