Archivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

Comezan as negociacións do Convenio do Comercio Téxtil de Ourense


Convenio Textil Ourense

O pasado 5 de abril, constituíuse a mesa de negociación do noso convenio, os tres sindicatos puxémonos de acordo en elaborar unha plataforma conxunta para defendela de forma unitaria a cal foi entregou á patronal o pasado día 16 de abril. As traballadoras e traballadores do téxtil de Ourense temos un convenio prorrogado e con conxelación salarial desde o ano 2011. Non podemos escoitar, cada día, que a situación económica mellora, e consentir que isto non se reflicta, tanto nos salarios, como nas condicións de traballo do persoal. Desde a negociación do convenio temos que traballar para conseguir un salario digno e unhas condicións que nos permitan conciliar a nosa vida laboral e familiar. Resumo plataforma sindical conxunta

FAGAMOS VALER A UNIDADE A UNIÓN FAI A FORZA


Convenio Comercio Téxtil 2018 Resumo da Plataforma Sindical Conxunta

Vixencia e duración.

De 1 de xaneiro de 2011 a 31 de decembro de 2019

Salarios.

Anos 2011, 2012, 2013, 2014, 2015, 2016 e 2017: IPC do ano anterior máis 1 punto. Anos 2018 e 2019: Incremento de 60 ? lineais cada un dos anos nas quince pagas.

Pagas extraordinarias.

A paga de beneficios pasará a denominarse ?paga de primavera?.Como norma xeral, agás acordo explícito entre as partes, as pagas extraordinarias non se ratearán nas nóminas mensuais.

Xornada laboral.

  • Xornada máxima anual de 1.800 horas.

  • Libranza mínima de 18 sábados ao ano.

  • Os descansos durante a xornada serán:

    • Xornadas de 5 horas: 15 minutos.

    • Xornadas de 6 ou 7 horas: 30 minutos.

    • Xornadas partidas de 8 horas: 15 e 30 minutos (mañá e tarde)

  • Nos comercios con horario de apertura continuada, a xornada laboral das persoas empregadas será tamén continuada.

  • Cada traballador terá dereito a catro días de asuntos propios que poderán gozar sempre que os comunique con quince días de antelación e que non supoñan prolongación ou adiantamento do período de vacacións.


Traballo en domingo, festivo e xornadas especiais.

  • O traballo en domingos, festivos e xornadas especiais serán de carácter voluntario.

  • Enténdese por xornadas especiais os días 24 e 31 de decembro ou as campañas extraordinarias (Black Friday etc...).

  • A retribución será de 30 ?/hora, debendo garantirse un mínimo de cinco.

  • A xornada máxima en festivos seguirá sendo de 7 horas, mais para os efectos da súa compensación, tanto en cartos como en libranza, terá o mesmo tratamento que se fora de 8 horas.


Vacacións.

31 días naturais e non poderán comezar a computarse en festivo nin en véspera de festivo. Axustar a relación entre vacacións e IT ao actual marco legal. Necesariamente, 15 días gozaranse entre o 15 de xuño e o 30 de setembro.

Contratación fixa.

Deberá ser dun mínimo do 75% do cadro de persoal no segundo ano de apertura.

Contratos formativos e contrato en prácticas.

Regulalos para evitar o fraude.

Inasistencias retribuídas.

  • Matrimonio: 18 días.

  • Incrementar a 4 días o apartado 2), e a 6 días no caso de desprazamento.

  • Un día por voda de pais, nais, irmáns ou fillos.

  • Lactación: 20 días hábiles.

  • Revisar garda legal e paternidade.

  • Incrementar garda legal ata os 14 anos.

  • Elección da concreción horaria na redución de xornada por garda legal.

  • Comezo das licenzas o primeiro día laborable seguinte ao feito causante.


Outras condicións económicas.

  • Plus transporte: 51 ? mensuais.

  • Plus nocturnidade: Aboarase nunha contía do 30% do salario base polo tempo traballado entre as 22:00 e as 8:00 horas.


Novos artigos:

  • Obrigatoriedade de aplicación do convenio sectorial nas empresas multiservizos.

  • Creación dunha póliza de seguros colectiva.

  • Nas xornadas do 24 e 31 de decembro, a hora de peche non poderá ser máis alá das 16:00 horas

  • Contrato a tempo parcial:

    • A duración mínima será de 28 horas.

    • Xornadas mínimas de 4 horas continuadas.

    • Establecer limitacións para a celebración destes contratos.

    • Consolidación das horas complementarias: o 50% das realizadas no ano natural.

    • As persoas con concreción horaria tamén se beneficiarán da consolidación.

    • As horas complementarias non poderán superar o 15%.

    • As horas que excedan a xornada contratada que non sexan avisadas con máis de 7 días de antelación, terán a consideración de horas extraordinarias.

    • Preferencia de conversión dos contratos parciais a tempo completo antes de realizar novas contratacións parciais.

CCOO Servizos CIG Servizos UGT FeSMC