Archivado en Negociacion Colectiva, Comunicados convenio, Comercio, Comercio Galicia

Asinado preacordo do Convenio do Comercio de Metal de Pontevedra


convenio comercio metal pontevedra

Despois dun longo proceso acadamos un acordo no Convenio de Comercio do Metal da provincia de Pontevedra que levaba en ultractividade desde o ano 2014.

O principal problema durante toda a negociación foi a pretensión da patronal de conxelar a antigüidade, ao que finalmente accedemos a cambio de actualizar a cantidade ao devindicado á data de publicación do convenio e un 6% adicional no incremento salarial para todas a categoría, ademais de que o Complemento de Antigüidade que teña cada un increméntese cada ano no mesmo porcentaxe que o faga o salario base. (A modo de exemplo: unha persoa con 10 anos de antigüidade o seu Complemento de antigüidade sería o 10% polos dous cuadrienios máis o 2.5% polos dous anos restantes ata os 10, é dicir o 12.5% do salario base). Ler máis


Ademais establecemos as seguintes melloras sobre o convenio actual:

  • Incremento salarial á parte do establecido pola conxelación da antigüidade será do 1?25% para 2017, o 2% para 2018 e o 1?25% para o 2019, con cláusula de revisión sobre o IPC real. O cobro de atrasos será desde xaneiro de 2018.

  • Establécese a obriga de aplicar o convenio a aquelas empresas multiservizos que traballen no sector.

  • A obriga de negociar o convenio unha vez rematado nun prazo máximo de tres meses e de non facelo iniciarase coa intervención do AGA.

  • Establécense as vacacións en 22 días laborables cando se traballa de luns a venres e 24 se se traballa tamén os sábados.

  • As licenzas establécense para todos os familiares ata segundo grao de consanguinidade ou afinidade. Tamén se establece o goce a partir do día seguinte laborable.

  • Increméntase a 21 días a posibilidade de acumulación da lactación.

  • 10 horas ao ano para asistir ao consultorio médico tanto propio como por acompañamento de familiares.

  • O seguro de vida increméntase ata os 24.000 ? e incluímos a cobertura da enfermidade profesional.

A representación de CCOO na mesa de negociación valoramos positivamente que por fin se alcanzara un acordo que polo menos cubre unha das nosas prioridades no aspecto económico, máis baixo de convenio superior a 14.000 euros anuais, e desbloquea unha negociación que se alongaba moito no tempo.

O próximo día 24 de outubro teremos a reunión para a firma definitiva do texto.