Archivado en Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Intercom. Ourense, Comercio, Comercio Galicia

Asinado o acordo de Convenio Colectivo de Comercio Téxtil de Ourense


convenio comercio téxtil ourense

Desde CCOO consideramos como tema a destacar tras a sinatura do acordo, que por fin acabamos coa situación de bloqueo que tiña este convenio desde finais do ano 2010.

Acabouse tanto a conxelación salarial, como manter un texto que tan só polo simple paso do tempo era obsoleto nalgúns dos seus artigos.

É un convenio asinado para o que queda deste ano 2018 e o ano 2019, por tanto desde CCOO considerámolo como un convenio de tránsito que nos permite acabar con este bloqueo e empezar a planificar o futuro a curto prazo.

É importante poñer en valor que se desbloqueou o convenio GRAZAS Á VOSA PARTICIPACIÓN, coa asistencia tanto ás mobilizacións que tiveron lugar durante o verán, como ás asembleas nos locais sindicais, deixando claro á luz pública e á Patronal, que este bloqueo tiña que finalizar. Ler máis


Por destacar algúns dos termos do acordo indicamos:

- Incremento salario 2018: 6%

- Incremento salario 2019: 2%

- Plus de nocturnidade: Incremento do 30% de salario entre as 22:00 e as 6:00.

- Traballo en domingos e festivos: Compensación de 8 horas por 7 traballadas.

- Equiparación salario: Encargada e Dependenta maior.

- Vacacións:

  • 17 días entre 15 xuño e o 30 de setembro.

  • Non poderán empezar en domingo ou festivo.

  • Regulación en caso de Incapacidade Temporal para gozalas posteriormente.

- Persoal fixo: Mínimo de 70% en centros de máis de 12 traballadores aos 3 anos.

- Licenzas e permisos:

  • Incremento de días no apartado 2) de licenzas.

  • Equiparación de parellas de feito.

  • Incremento dos días de lactación.

- Contrato a tempo parcial:

  • Mínimos de 28 H semanais para contratos indefinidos en centros de máis de 5 persoas en plantel.

  • Preaviso de horas complementarias con 7 días de antelación.

  • Dereito preferente a incremento de xornada antes de realizar novas contratacións.

  • Contratos de menos de 25 H sen peche ao mediodía, xornada continuada.

  • Contratos de menos de 20 H con peche ao mediodía, xornada continuada.

Para máis información sobre o acordo podes acudir aos locais de CCOO, onde as delegadas que asistiron ás reunións poderán informarte con máis detalle.