content_copy Noticias - Accion sindical
CCOO consegue en CTAG unha mellora salarial do 6,3 %, acordo de teletraballo e flexibilidade horaria
CCOO CTAG foi o único sindicato que introduciu a variable económica como imprescindible para asinar o conxunto de acordos de teletraballo e flexibilidade. Hai un mes xa se daba por «pechada a negociación» que, ao cabo, se consegue manter viva para completar con medidas que foran descartadas inicialmente pola dirección. Ler máis
CCOO Servizos sae ás rúas de Madrid para pedir subas salariais e o desbloqueo da negociación colectiva
Milleiros de traballadoras e traballadores, de delegados e delegadas sindicais, procedentes de todos os recunchos do país participaron nas marchas a Madrid convocadas por CCOO e UGT, para protestar contra a actitude irresponsable e egoísta de CEOE e CEPYME que están a apostar pola conxelación dos salarios, ante o aumento desbocado dos prezos.
Como denunciou o secretario xeral de CCOO, Unai Sordo, «as organizacións empresariais están demasiado afeitas a saír da crise sempre pola vía da desvalorización dos salarios, a destrución de emprego e das condicións de vida da maioría social».
Tres marchas e unha gran concentración
Desde primeiras horas da mañá, e desafiando á choiva, a multitudinaria participación nas marchas, que foron avanzando en tres columnas desde Atocha, Praza de España e Porta de Toledo, ata a Praza Maior, colapsou as céntricas rúas da capital que se viron asolagadas por miles de manifestantes, os petos vermellos e as bandeiras de cada organización, que poñían a nota multicolor a unha nova xornada de protesta baixo o lema “Salario ou conflito”.
Unha gran mobilización que reflicte a indignación e rebeldía da clase traballadora ante a cicatería dunha patronal que só pensa en salvagardar os seus beneficios, trasladando o incremento dos prezos á cesta da compra, e á conta de conxelar os salarios, xerando situacións de desigualdade e pobreza.
Neste sentido, os manifestantes xa advertiron que «ante a negativa da patronal ás propostas sindicais, a nosa resposta seguirá sendo a loita e a mobilización ata que senten a negociar o incremento dos salarios». Ler máis
Salario ou Conflito
Na previa á semana de presentación de resultados do 3er trimestre de 2022, o Secretario Xeal de CCOO Servicios recorda en declaracións á Ser que CCOO ven denunciando de forma reiterada que o modelo de negocio imposto polos Bancos é laboralmente insostible para o persoal:
“El papel de las plantillas en el futuro del sector financiero” (2019)
“Imprescindibles: El principal activo del sector financiero” (2020)
“Imprescindibles: Por un sector laboralmente responsable” (2022)
Nestes Informes propositivos, acompañados dunha campaña sostida de actuacións, CCOO analizou e denunciou:
- Que o axuste neto de persoal en máis de 115.000 persoas desde 2008 sitúa a España como o país da UE onde os persoais do sector financeiro soportan a maior carga de atención.
- Que este proceso, unido ao peche de máis da metade de oficinas e os procesos de dixitalización, ha incrementando de forma exponencial a sobrecarga de traballo: xestión comercial e bancaria, risco xurídico, formación obrigatoria, carga administrativa... concentrado na metade de persoas.
- Que a esta sobrecarga, con constatables consecuencias sobre a saúde, súmanse prolongacións de xornada, obxectivos comerciais inasumibles, presións desmedidas... levando a unha situación límite para persoais tensos, queimadas e desmotivadas. Un modelo laboralmente insustentable que debe cesar de inmediato.
- Que, mentres as cúpulas do sector descoidan e ignoran aos persoais, ademais de negarse a compensar a súa perda de poder adquisitivo por unha inflación imprevista, cóidanse a se mesmos: Entre 2018 e 2021 os beneficios das principais entidades subiron un 34,17% e os soldos de Presidentes e CEOs un 37,77%
Desde esta semana, que a Banca presenta novos beneficios récord, CCOO movilízase para reivindicar outro modelo laboral no que se coide ao persoal, o principal activo do sector: Polo emprego e o poder adquisitivo (“Salario ou Conflito”), as delegadas e delegados de CCOO mobilizámonos o #28O en distintos puntos de España e o #3N na gran manifestación en Madrid.
O convenio do comercio vario mellora as condicións laborais de máis de 13000 persoas na provincia de Pontevedra
Desde CCOO queremos valorar moi positivamente este acordo, porque con el dáse un paso moi importante, conseguindo aglutinar nun só convenio a gran parte do comercio, como a venda polo miúdo (retail) de tecidos en xeral, pezas confeccionadas, alfombras e tapices, paquetería, mercería, quincallería, comercio polo miúdo de xoguetes, artigos deportivos, comercio de bazares, artigos de agasallo, adorno e reclamo; tendas denominadas de “miniprezos" e similares
En xeral, aquelas adicadas ao comercio de artigos múltiples sen predominio dentro do mesmo establecemento tales como comercio da pel, venda por xunto de tecidos, mercería e paquetería en xeral, pezas confeccionadas, alfombras e tapices, zapatos, e tamén nas que no futuro se encadren ou agora non teñan convenio de referencia. Ler máis.
«Ou salario ou conflito», advirte a secretaria xeral de CCOO
"Levámolo dicindo durante todo o verán, despois de que a CEOE se erguese da mesa de negociación: "salario ou conflito". É unha cuestión de principios", sinalou a dirixente sindical ante os medios de comunicación.
"A clase traballadora non pode pagar o custo da crise. Fálase moito de pacto de rendas, pero a patronal só quere oír falar del cando os traballadores e as traballadoras sexan quen asuman o custo da crise, por iso cómpre actuar tamén sobre os beneficios empresariais", clarificou a sindicalista.
Hoxe venres, 7 de otubro, a secretaria xeral de CCOO, canda o seu homólogo da UGT, estarán na concentración convocada en Ourense, ás 12 horas, diante da patronal provincial.
O comité de Coremain denuncia o despedimento de ducias de persoas en Galicia
O comité de empresa de Coremain denuncia a pretensión da empresa de despedir a ducias de persoas traballadoras. A empresa comunicou á representación sindical a súa decisión de presentar un ERE extintivo o pasado venres día 26 de agosto. O comité manifesta o seu máis rotundo rexeitamento tanto aos despedimentos como a posible deslocalización dos postos de traballo.
A día de hoxe Coremain segue se concretar o número de despedimentos, que van de 30 a 80, creando incerteza entre as persoas que poden ser incluídas no ERE.
O comité culpa a Coremain desa deslocalización ao teren apostado en anos anteriores por derivar parte da carga de traballo a Perú, apuntando o camiño que parece seguir a nova adxudicataria do proxecto Vodafone (CAU-Centro de Axuda ao Usuario), a cal pretende trasladar todo o servizo de atención a usuarias e usuarios a este país e non contempla a subrogación do persoal actual. Ler máis
O comité de empresa de Hiperxel advirte de mobilizacións se continúan os atrasos no pagamento dos salarios
O comité de empresa de Xeldist —máis coñecida polo nome comercial Hiperxel—, composto por membros de CCOO, UGT e CIG, advirte de mobilizacións se continúan os atrasos no pagamento dos salarios. O persoal atópase nunha «incerteza máxima», pois traballa sen saber cando cobrará a nómina ou como evolucionará a situación, que leva meses sendo complicada. A impuntualidade nos pagamentos tamén se estende ás empresas provedoras, coa problemática da falta de mercadoría nas tendas que isto implica.
Xeldist Congelados foi vendida en xullo do 2021 por Iberconsa ao grupo Vinova, no cal está integrada a marca comercial Conxelados Cíes. Tras uns meses de «adaptación» á nova situación empresarial, en abril deste ano comezaron os atrasos nas nóminas e a falta de mercadoría nas tendas.
Pola súa parte, o persoal non ten información fiable por parte da empresa, máis aló de comunicados nos que amosa unha «intención de reflotación» e pedindo un «esforzo extra», pero sen ofrecer garantías. «A mobilización parece ser o único camiño que nos está deixando a dirección da empresa», conclúen desde o comité.
Mobilización en Teleperformance: Clamor nas rúas da Coruña contra a deslocalización da atención telefónica de Naturgy
O persoal de Teleperformance mobilizouse hoxe nas rúas da Coruña contra a deslocalización do servizo de atención telefónica que a compañía presta para unha das filiais de Naturgy. Entre berros como «Fenosa, escoita, estamos en loita», as traballadoras e traballadores esixiron o mantemento do emprego.
A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, participou na manifestación e expresoulles ás traballadoras e traballadores o apoio do sindicato neste conflito. Así mesmo, denunciou a «cobiza» empresarial que motiva esta deslocalización, movida unicamente «por motivos económicos, sen ter en conta as persoas».
Recorte do 80 % do persoal
A decisión de Naturgy de trasladar a Colombia a maior parte do servizo de atención telefónica da súa filial Unión Fenosa Distribución (UDF) provocará que o 80 % do persoal deixe de ocuparse deste labor. Das 118 persoas empregadas para este cometido, continuarán dúas ducias, cifra que CCOO considera insuficiente para prestar un servizo de calidade. Ademais, a atención en lingua galega reducirase «á mínima expresión», denuncia o sindicato, que tamén reprocha a ausencia de compromisos de recolocación. Ler máis
Teleperformance leva a Colombia a xestión de servizos esenciais tales como bombeiros, emerxencias ou Forzas e Corpos de Seguridade do Estado
O obxetivo destas actuacións é que a cidadanía coñeza as graves repercusións que esta deslocalización de Fenosa a Colombia vai supoñer:
Que só 20 persoas traballadoras van atender dende A Coruña as chamadas en galego, o resto será xestionado dende Teleperformance Colombia.
Que toda a información técnica, de avarías, de provisións de servizo, cortes e reenganches, reclamacións, xestión de subministracións vitais, ordes de servizo ao persoal técnico encargado da revisión de contadores, de lecturas, de peticións de acometidas para altas de subministración, a atención aos servizos de emerxencias, bombeiros e forzas e corpos de seguridade do Estado no caso de accidentes do tendido eléctrico, a coordinación dos servizos técnicos, do persoal de reforzo nas avarías masivas,... vanse xestionar dende Colombia.
Naturgy non ten en conta a situación de Galicia, as súas características xeográficas e a súa poboación envellecida. Ademáis Fenosa non dispón de oficinas físicas e non é posible cambiarse de distribuídora de luz... o que vai dificultar e demorar a atención de incidencias que afectan a electricidade, subministración esencial.
Os datos dos clientes da distribuídora Fenosa van a un país estranxeiro que carece da estrita regulación sobre protección de datos existentes na Unión Europea, co grave risco que pode levar en materias tan sensibles como venda de datos persoais e posibles fraudes.
Teleperformance perde 100 postos de traballo no seu centro da Coruña e, a día de hoxe, non indicaron a este Comité se van manter as condicións do actual plantel. Ler máis
content_copy Destacadas
CCOO presenta en rueda de prensa su análisis y propuestas para el sector de Grandes Almacenes
El sindicato da una especial relevancia a lo que entiende que deben ser los ejes clave del próximo convenio colectivo: Salarios, contratación y tiempo de trabajo.
Para CCOO es esencial potenciar el lado humano de los GGAA y reafirmar la condición de sus plantillas como el principal activo del sector.

Texto del Convenio Colectivo de Grandes Almacenes 2021-2022
La vigencia general del presente Convenio se iniciará a partir de primero de enero de 2021, finalizando el 31 de diciembre de 2022 salvo para las materias que tengan una vigencia específica expresada en el propio Convenio.

Carta al Presidente del Gobierno ante la situación de empresas y trabajadores en las zonas comerciales de los aeropuertos de la red de AENA
Carta al Presidente del Gobierno en la que Hostelería de España, Marcas de Restauración (asociación empresarial que representa a los principales operadores de la Hostelería en los Aeropuertos) y los sindicatos mayoritarios CCOO y UGT queremos expresar nuestra preocupación y malestar por la situación extremadamente grave que sufren las empresas y trabajadores en las zonas comerciales de los aeropuertos de la red de AENA.

Inditex, "PACTA SUNT SERVANDA", Los Acuerdos obligan a las partes ...y están para cumplirlos
Desde CCOO hemos exigido a la Dirección del Grupo Inditex, tanto a nivel estatal como en las Comisiones de Seguimiento territoriales ya celebradas, que se garanticen vacantes suficientes y de calidad a la plantilla afectada -en una primera fase, 986 personas trabajadoras fijas en los 114 cierres previstos hasta el 30/04/21-, ampliando el número de vacantes ofertadas y el plazo de adscripción voluntaria, además de cumplir el procedimiento establecido, mejorar las condiciones de los puestos ofertados (especialmente en términos de horas de contrato y cercanía) y garantizar su preferencia para cubrir todos los puestos de trabajo estructurales que haya en centros próximos. La próxima semana será clave para comprobar la voluntad del Grupo Inditex de reconducir esta situación.
40 propuestas para un  sector comercio sostenible y una transición digital justa
Las medidas de confinamiento y paralización de la actividad comercial, derivadas de la gestión de la crisis sanitaria COVID19, han provocado grandes perturbaciones en el comercio a nivel mundial. La Organización Mundial del Comercio prevé una caída del 13% en 2020 en el volumen de comercio mundial de mercancías, impacto que podría verse aún más agravado de no coordinarse las respuestas políticas de los diferentes estados con el objetivo de favorecer el control de la pandemia y la recuperación económica tras las medidas extraordinarias adoptadas por sus gobiernos.
UNI Europa pide el fortalecimiento de la competencia leal en el sector minorista europeo
En una carta enviada por UNI Europa al Comisario de Mercado Interior, Thierry Breton, le pide a la Comisión Euruopa que emprenda acciones rápidas para fortalecer la competencia leal en el sector minorista europeo en el contexto de crisis Covid-19

Firmado acuerdo de Desconexión Digital en Leroy Merlin
Empresa y sindicatos suscriben un acuerdo de desconexión digital que apuesta por la conciliación de la vida laboral, personal y familiar de la plantilla.
La dirección de Leroy Merlin, junto con los sindicatos CCOO, Fetico, UGT y USO, han firmado un acuerdo regulador para garantizar el derecho a la desconexión digital fuera de la jornada laboral de sus colaboradores en España. Este protocolo recoge una serie de medidas y acciones que entrarán en vigor desde hoy mismo.

Está en nuestras manos: en el comercio, cumple con tu responsabilidad
La acción responsable de cada persona es lo que hace fuerte a la sociedad para enfrentarse a un reto de la magnitud de la pandemia que estamos viviendo.
La desescalada nos está llevando a recuperar costumbres, espacios y relaciones, paulatinamente. Es importante que todo esto lo hagamos con la prudencia debida, que volvamos a una normalidad que no es la de antes.

GuÃa de Buenas prácticas para los Establecimientos del Sector Comercial
Esta Guía de Buenas Prácticas pretende dar respuesta a las inquietudes y dudas generadas en el sector comercial, ayudándoles a adoptar las medidas más adecuadas que garanticen la seguridad del personal y del cliente. Para ello, se han tenido en cuenta las diferentes instrucciones y recomendaciones elaboradas por el Ministerio de Sanidad.
content_copy Más información
Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, HostelerÃa, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más
SÃguenos en Telegram
Enlaces de interés
2026 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto







