Archivado en externalizacion, Convocatorias, Unión Comarcal A Coruña, Contact Center, Accion sindical

Teleperformance leva a Colombia a xestión de servizos esenciais tales como bombeiros, emerxencias ou Forzas e Corpos de Seguridade do Estado


Manifestación Teleperformance

O obxetivo destas actuacións é que a cidadanía coñeza as graves repercusións que esta deslocalización de Fenosa a Colombia vai supoñer:

Que só 20 persoas traballadoras van atender dende A Coruña as chamadas en galego, o resto será xestionado dende Teleperformance Colombia.

Que toda a información técnica, de avarías, de provisións de servizo, cortes e reenganches, reclamacións, xestión de subministracións vitais, ordes de servizo ao persoal técnico encargado da revisión de contadores, de lecturas, de peticións de acometidas para altas de subministración, a atención aos servizos de emerxencias, bombeiros e forzas e corpos de seguridade do Estado no caso de accidentes do tendido eléctrico, a coordinación dos servizos técnicos, do persoal de reforzo nas avarías masivas,... vanse xestionar dende Colombia.

Naturgy non ten en conta a situación de Galicia, as súas características xeográficas e a súa poboación envellecida. Ademáis Fenosa non dispón de oficinas físicas e non é posible cambiarse de distribuídora de luz... o que vai dificultar e demorar a atención de incidencias que afectan a electricidade, subministración esencial.

Os datos dos clientes da distribuídora Fenosa van a un país estranxeiro que carece da estrita regulación sobre protección de datos existentes na Unión Europea, co grave risco que pode levar en materias tan sensibles como venda de datos persoais e posibles fraudes.

Teleperformance perde 100 postos de traballo no seu centro da Coruña e, a día de hoxe, non indicaron a este Comité se van manter as condicións do actual plantel. Ler máis


Teleperformance, en A Grela, é unha empresa de Contact, que se publicita como referente mundial no seu sector con preto de 600 persoas traballadoras na Coruña, e que dá servicio a grandes multinacionais tanto de telecomunicacións, enerxéticas e outros sectores.

O Comité de Empresa de Teleperformance Coruña denuncia que Teleperformance vai deslocalizar o servizo de atención ao cliente de Fenosa (grupo Naturgy) para que se xestione, na súa maior parte, dende Colombia. Ante esta situación decidimos levar adiante un calendario de movilizacións:

- Manifestación o luns 5 de setembro ás 12:00 horas, dende a Praza de Pontevedra ata a oficina de “Naturgy” sita na rúa Betanzos.

- Convocatoria de paros parciais en quendas de 00:00 a 03:00, de 11:00 a 14:00 e de 17:00 a 20:00 horas o luns 5 de setembro.

- Concentración de delegadas/os na Praza de María Pita, diante do Concello, o xoves 8 de setembro, día da presentación da moción deste conflito.