Convócase unha concentración o día 3 de febreiro diante de Palexco (Peirao de Transatlánticos, A Coruña)

Contra o abuso patronal en ABANCA. Non aos despedimentos

Xa comunicáramos que a dirección de Abanca decidira trasladar as relacións sindicais desde a negociación ao enfrontamento: o horario comercial incompatible co horario laboral, o rexistro de xornada, as convocatorias fóra de horario, ...
Nas últimas semanas, reforzáronse as agresións contra o persoal baixo o manto de "a potestade empresarial":
  • A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
  • A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta "en seguimento" de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que "din o que quero".
Todos estamos afectados e xa hai quen se encargou de propagar a mensaxe: "coidado co que fas que xa sabes o que está a pasar". Para a nosa desgraza, a estrutura de Abanca está trufada de "xefes tóxicos" que campan ás súas anchas, incapaces de dirixir de forma eficiente os seus equipos e dedicados a conservar a súa posición por encima de calquera cousa. Desexamos que lles chegue pronto o seu San Martiño.
Requirimos que se deixen sen efecto tanto os despedimentos como as postas "en seguimento"  e que ningunha medida se adopte sen a audiencia previa aos afectados. Ante a falta de resposta da dirección, os delegados de Comisións Obreiras concentrarémonos o vindeiro venres 3 de febreiro ante Palexco, o recinto en que se celebrará a convención comercial. O venres volveremos ouvir as milongas de sempre sobre o bo exercicio pechado e os esforzos que esixe o novo. Ao incorporarnos o luns ao traballo, volveremos ás advertencias veladas e á fustrigación habitual. Os responsables son quen toman as decisións pero desde Capital Humano son incapaces de embridalos, e por riba, a alta dirección aléntaos.
A situación merece unha resposta unánime do persoal. No pasado quedou demostrado que a nosa forza é a unidade, e que esta forza é suficiente para defender os nosos intereses e os nosos postos de traballo.




Convocatoria asembleas nivel II Federación de Servizos

CCOO Servizos Galicia

De conformidade ao Anexo Organizativo da Federación de Servizos de Galicia aprobado na reunión do Consello Federal o pasado 14 de setembro, e en cumprimento das Normas Congresuais aprobadas no Consello Confederal o pasado 11 de xullo de 2016, así como das Normas Congresuais sobre o II Congreso da Federación de Servicios de CCOO, aprobadas no Consello Federal, acórdase o presente Regulamento sobre o desenvolvemento do proceso de asembleas congresuais de NIVEL II do ámbito de CCOO Servizos Galicia.

Regulamento asembleas congresuais nivel II  Reglamento asambleas congresuales nivel II


CCOO Servizos estrea representatividade na empresa Alimentación Saludable

alimentación saludable

No día de hoxe culminou o proceso de eleccións sindicais na empresa Alimentación Saludable, do sector de Restauración Colectiva e que desenvolve a súa actividade en comedores escolares e en actividades extraescolares.O resultado das votacións deu como vencedor a CCOO cunha nova delegada, sendo esta a única candidatura que se presentou.

CCOO agradece o apoio do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado á nosa candidata, comprometéndonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.


Resultados asembleas nivel I convocadas por CC.OO. Servizos na provincia de A Coruña

CCOO Servizos

Listaxe delegadas/os elixidos provincia de A Coruña


Proclamación definitiva de candidaturas de asembleas de nivel I da Provincia de A Coruña


Convocatoria asembleas nivel I Federación de Servizos

Federación Servizos CCOO Galicia

O pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a renovar con elas todas as estruturas de CCOO.

Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO.

A pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e Financeiros, o Comercio, a Hostalaría, Seguros, Enxeñarías, Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.

Sete mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos, demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento ante conflitos individuais ou colectivos. Segue

Documento en PDF


CCOO Servizos non asina o preacordo do Convenio Comercio Alimentación provincia de A Coruña

Covenio Colectivo Comercio Alimentación Coruña

O 14 de Decembro, chegouse a un preacordo para a firma do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da provincia da Coruña.

CCOO decidiu NON ASINALO e a decisión, aínda que difícil de tomar, faise desde a responsabilidade que temos como sindicato na defensa das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector.

A decisión de NON ASINALO non é caprichosa, tomámola baseándonos nunha serie de temas fundamentais que queriamos mellorar con respecto ao convenio anterior, unha vez pasado o máis duro da crise económica e na idea de que presionando á patronal, poderiamos conseguir un convenio con mellores condicións: Segue


Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en LIDL SUPERMERCADOS

SERVIZOS GALICIA

A Comisión Executiva da Federación de Servicios de CCOO, na súa reunión do pasado 1 de decembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario de Constitución da Sección Sindical Estatal de LIDL SUPERMERCADOS que se celebrará en Madrid o próximo 9 de febreiro de 2017, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.

A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.

Normas Plenario LIDL Galicia GL Normas Plenario LIDL Galicia ES


Porcentaxe de xénero das asembleas congresuais da Federación de Servizos de CCOO de Galicia

Federación Servizos CCOO Galicia

procentaxe xénero asembleas


Mellora os resultados de anteriores eleccións

CCOO Servizos renova a súa maioría nas eleccións sindicais en FREMAP Coruña

CC.OO. revalida  a súa maioría nas eleccións celebradas onte nos catro centros de Fremap na provincia da Coruña: Coruña, Ferrol, Santiago e Ribeira, cun censo total de 76 electores. Dos 5 representantes elixidos 4 son de CC.OO. e 1 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 4 representantes, UGT de 2 a 1, resultado que o sindicato entende como un recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.


Continúan as mobilizacións en todo o Estado

Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación

A patronal non acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.

Isto non fai máis que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á patronal.

Hoxe, en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a realidade diaria dun sector precario e empobrecido.



Máis imaxes


Convocatoria para o Proceso Congresual da Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia

Por medio da presente nota, comunicamos que se convocaron os procesos congresuais de CCOO, e tes á túa disposición as normas que rexerán devandito proceso no ámbito da Federación de Servizos deGaliciana seguinte ligazón:

https://www.ccoo-servicios.es/galicia/html/37982.html

Así mesmo, comunicámos que até o 19 de novembro, poderase consultar a inclusión individual no censo da asemblea correspondente ao correspondente ámbito de participación nos locais indicados na anterior ligazón, ou ben solicitando información ao teléfono 981145885, ou ao correo electrónico direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

Aquí pode consultarse o último número dun boletín coas últimas noticias da Federación de Servizos deGalicia,domundo laborale de ofertas para afiliados. Para subscribirse só hai que enviar un correo a comunicaciongalicia@servicios.ccoo.es.


Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO


logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union