Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Unión Comarcal A Coruña, Comercio, Comercio Galicia

CCOO Servizos non asina o preacordo do Convenio Comercio Alimentación provincia de A Coruña


Covenio Colectivo Comercio Alimentación Coruña

O 14 de Decembro, chegouse a un preacordo para a firma do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da provincia da Coruña.

CCOO decidiu NON ASINALO e a decisión, aínda que difícil de tomar, faise desde a responsabilidade que temos como sindicato na defensa das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector.

A decisión de NON ASINALO non é caprichosa, tomámola baseándonos nunha serie de temas fundamentais que queriamos mellorar con respecto ao convenio anterior, unha vez pasado o máis duro da crise económica e na idea de que presionando á patronal, poderiamos conseguir un convenio con mellores condicións: Segue


  • NON REDUCE A XORNADA LABORAL, cando actualmente o de Comercio Alimentación Coruña é un dos convenios coa xornada anual máis alta, nin entra a discutir a nosa pretensión de conseguir un mínimo de sábados libres ao ano como posible mecanismo para reducir a xornada.

  • NON FALA SOBRE CONTROL DE PRESENZA DIARIO, cando todos e todas sabemos que se producen excesos de xornadas á hora de entrada e saída. Horas extras encubertas que non se abonan nin compensan. Parece que a algúns iso non lles importa.

  • Ten uns INCREMENTOS SALARIAIS INSUFICIENTES, porque a algunhas das empresas que o asinan, como GADISA ou FROIZ, éncheselles a boca falando dos seus grandes beneficios nos medios de comunicación ou nas ceas e reunións de empresa, para logo propoñer incrementos salariais para os seus persoais que oscilan entre os 9? ao mes para as categorías máis baixas e 17? ao mes para as máis altas.

  • NON GARANTE O MANTEMENTO DO PODER ADQUISITIVO, porque non garante os incrementos salariais en función dun máis que posible incremento do índice anual de IPC, co que pode pasar que o IPC se dispare e sexa o persoal quen o asuma para maior beneficios das empresas. Por exemplo, un IPC do 1,25% no 2017, come a escasa subida salarial de 9?. VERGOÑOSO.

Nestas condicións CCOO NON PODÍA ASINAR O CONVENIO e propoñiamos realizar mobilizacións ao longo da campaña de Nadal, para sacar á luz pública esta situación e como medida de presión para que a Patronal atendese ás nosas reivindicacións de mellora.

USO e UXT, decidiron renunciar ás mobilizacións, encartarse á patronal e asinar o convenio cunha máis que axustada maioría do 53% de representatividade.

Asinan e fano baixo a escusa de que os traballadores e traballadoras non queren que os sindicatos nos mobilicemos, pero a realidade é que non deixaron que decidisen como adultos responsables se querían ou non mobilizarse, tratando ao persoal como nenos aos que hai que tutelar.

Agora que cada un saque as súas conclusións, asuma as súas responsabilidades e teña en conta o que pasou á hora de decidir a quen cede a súa representación cando toquen eleccións sindicais.

https://www.facebook.com/ServizosCCOO

https://twitter.com/servizosccoo