Establécese a obrigatoriedade de control de presenza diario con rexistro de entrada e saída

Firmado o Convenio Colectivo de Hostalaría da provincia de A Coruña que beneficiará a 20.000 traballadoras e traballadores

convenio hostalaría coruña

O 24 de abril de 2017, despois dunha intensa negociación que viña desenvolvéndose desde a finalización da vixencia do anterior convenio en decembro de 2015, conseguimos chegar a un acordo de Convenio Colectivo para o sector da hostalaría da Provincia da Coruña.

O acordo está asinado polas centrais sindicais CCOO e UGT sobre a base do anterior texto de Convenio Colectivo, cunha serie de melloras que queremos destacar:

- Vixencia 2016-2018.

- Xornada máxima anual de 1792 horas, con control de presenza diario e rexistro de hora de entrada e saída.

- Descanso de 15 minutos para xornadas de cinco horas ou máis.

- Salario 2016 sen incremento.

- Salario 2017 Incremento sobre táboas do 1,5% con revisión de IPC

- Salario 2018 Incremento sobre táboas do 2% con revisión de IPC

- Ultraactividade do convenio unha vez finalizado e mentres se negocia un novo, ata 24 mes máis do que indique a lei.

Conseguimos que por fin apareza por escrito no Convenio Colectivo a OBRIGATORIEDADE DE CONTROL DE PRESENZA DIARIO CON REXISTRO DE ENTRADA E SAÍDA, como un paso primordial para poder controlar os excesos de xornada diarios, a falta de descanso diario e semanal, o traballo en festivos sen que estes se recuperen ou a fraude da contratación a tempo parcial daquelas persoas que fan tantas horas extras que chegan a tempo completo.

A dificultade de incluír este artigo, vese reflectida en que unha parte da patronal negouse a asinar o acordo de Convenio Colectivo.

CCOO non vai parar ata conseguir que a famosa frase de que "na hostalaría non hai horarios", quede no esquecemento e os traballadores e traballadoras de Hostalaría poidan ter unhas condicións de traballo que lles permitan conciliar a súa vida laboral e familiar, tal e como fan o resto de traballadores e traballadoras deste país.

Entrevista na cadea SER: A partir do minuto 12:05, Juan Zas, Secretario de Acción Sindical da Federación de Servizos de CCOO analiza a recente firma do Convenio de Hostalaría de A Coruña e a inclusión da obrigatoriedade de control de presenza diario con rexistro de entrada e saída.


CCOO Servizos estrea representatividade na empresa Alimentación Saludable

alimentación saludable

No día de hoxe culminou o proceso de eleccións sindicais na empresa Alimentación Saludable, do sector de Restauración Colectiva e que desenvolve a súa actividade en comedores escolares e en actividades extraescolares.O resultado das votacións deu como vencedor a CCOO cunha nova delegada, sendo esta a única candidatura que se presentou.

CCOO agradece o apoio do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado á nosa candidata, comprometéndonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.


Hotusa, a empresa que explota as instalacións, prometera hai un ano manter os postos de traballo

Concentración contra o despedimento de dous delegados de CCOO de Eurostars Gran Hotel La Toja

 En xuño de 2015, o grupo Hoteleiro Hotusa, tras facerse cargo da xestión do Gran Hotel La Toja, presentou ás traballadoras e traballadores cartas de subrogación nas que se garantían os postos e as condicións de traballo. Meses despois, e amparado en informes económicos desfavorables expresou a súa intención de pechar as súas portas en tempada baixa.

Mediante un ERTE establecéronse axustes nas xornadas laborais cun tope de 1.300 horas no ano 2016 para evitar pechar ao público, compensando períodos de menor e maior afluencia.

Porén, neste último verán a empresa negociou de forma individual cos afectados o cambio de contrato fixo a fixo discontinuo, evitando a negociación colectiva e presionando de todos os xeitos posibles para que os sindicatos aceptasen esta medida, feito ao que Comisións Obreiras non cedeu e ao que se opuxo rotundamente.

CC.OO asegura que as dúas persoas despedidas se caracterizaron polo firme rexeitamento ao expediente de regulación de emprego (ERE) formulado pola dirección do grupo Hotusa, que explota as instalacións. Asemade, denunciaron incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas extras realizadas durante a vixencia do ERE, xa que o acordo asinado entre o comité e a dirección fixaba un máximo de 1.300 horas anuais, que se acabou superando. Tamén se opuxeron á destrución dos contratos fixos e de maiores de 55 anos, que foron sustituídos por fixos discontinuos, por xente xoven con salarios de miseria e alumnos en prácticas.

Cabe salientar que esta política de represión sindical de Hotusa estase aplicando con igual intensidade no Hotel de la Reconquista de Oviedo con despidos de integrantes do comité de empresa.

Comisións lamenta tamén a pasividade e falta de solidariedade amosada polos outros sindicatos con representación na empresa, CIG e CSIF, que ademais non acudiron á concentración.


concentración LaTojaconcentración LaToja

Máis imaxes

Video: intervención de Isabel, unha das despedidas

En "La Voz de Galicia"


CCOO denunciou a situación e a empresa respondeu despedindo dous compañeiros

O Gran Hotel La Toja (HOTUSA) faltou á súa palabra sobre o emprego e incumpriu o acordado no ERE

Gran Hotel La Toja incumpliu o ERE

  • Defendamos os nosos dereitos laborais, defendamos os postos de traballo da xente da comarca e da vila!
  • Pactos incumpridos por parte da empresa HOTUSA. Hai culpables, basta de abusos, loitamos polo emprego
  • Pola estabilidade na nosa localidade. Aféctanos a todos, tomos somos afectados!
  • Se non loitamos polo noso futuro e o benestar na nosa terra, que futuro queda para a nosa xuventude?
  • Si ao traballo, si á defensa dos nosos dereitos! Si á liberdade de expresión!
  • Non á represión contra Comisións Obreiras e os seus delegados e delegadas!
  • Basta xa de castigos a abusos laborais desta empresa.
Concentración: 9 de decembro - 11 hrs. - Diante do Concello do Grove

BASTA DE REPRESIÓN SINDICAL!  DESPEDIDOS READMISIÓN!


Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO

A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente Plenario Rexional de afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA de todos os centros en Galicia, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.

Con este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á afiliación a cerca de como se pode organizar a sección sindical en Galicia, debater os documentos do plenario estatal, e escoller dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Paradores.

Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.

Para calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na dirección de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

Atentamente.

CCOO Servizos Galicia

Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES


27 de Setembro, Día Mundial do Turismo 2016

Xornada de loita na Hostalaría e o Turismo

Hoxe, 27 de setembro celébrase o Día Mundial do Turismo 2016. Por iso CCOO, UGT e varias asociacións profesionais organizan un día de mobilización en todo o estado para denunciar a situación dos traballadores do sector: explotación laboral, baixos salarios, inseguridade no traballo, a falta de negociación colectiva sectorial e aumento da externalización, a fin de non aplicar os acordos colectivos sectoriais para rebaixar salarios en preto de 40%, como no caso das camareiras de piso.

Este movemento reivindica o dereito a condicións de traballo dignas, emprego estable e con dereitos, o recoñecemento da profesionalidade e conseguir o relanzamento da negociación colectiva para recuperar os dereitos e o poder adquisitivo dos salarios, para reverter a externalización e obter o recoñecemento das enfermidades profesionais. En definitiva loitar por un emprego decente e un salario para deixar de ser "A CARA B DO TURISMO EN ESPAÑA". Porque o plantel do sector turístico ten pouco que celebrar e moito que reclamar.

Segundo os datos de CCOO, os datos dos primeiros oito primeiros meses do ano amosan unha recuperación da actividade turística. Por exemplo, o número de visitantes a Galicia aumentou un 5,45 % e o de pernoitas incrementouse o 6,89 % respecto do 2015. Con todo, esta aparente bonanza non se traduciu na mesma medida no número de empregos xerados, que só medrou un 2,52 %, e «aínda por riba» máis do 90% das contratacións son eventuais. 






Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional

Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.

Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.

Na imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da Dirección Provisional: Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez (presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares (responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción Sindical).



Destacadas

INFOGRAFIA TELETRABAJO

Título Teletrabajo


CCOO denuncia las sanciones desproporcionadas que Cajamar está imponiendo a su plantilla.

No vamos a hacer recuento de las innumerables ocasiones en las que la plantilla de Cajamar ha escuchado palabras de reconocimiento público por su labor, entrega y colaboración para sacar adelante esta empresa. No hablaremos hoy de las recientes informaciones internas que la sitúan como empresa “Great Place To Work”, ni de su participación en foros de Banca responsable. Y no lo vamos a hacer porque acabaríamos concluyendo que tanto halago es pura fachada, frases huecas dichas para que la prensa las recoja y nos señale como una empresa idílica para trabajar.


Formación e orientación

Formación, orientación e avaliación das habilidades profesionais

Consultas laborais

Consultas laborais frecuentes. Pregunta Comisións Obreiras

Convenio colectivos

Consulte o seu convenio colectivo sectorial, territorial ou de empresa

Saúde laboral

Dúbidas e preguntas sobre saúde laboral. Traballa con seguridade.

CCOO transparencia

Portal de transparencia Servizos CCOO: contas, documentación, decisións

Os seus dereitos laborais

Defende os teus dereitos. Únete a CCOO.

Calendario de Traballo 2021

Vacacións estatais e por comunidade

Simuladores e utilidades

Simuladores e calculadoras laborais e sociais

Vídeos Servizos CCOO

Youtube de Servizos CCOO

Fotos Servizos CCOO

Páxina de Servizos CCOO en Flickr

Falacias e mentiras

Falacias, mentiras e verdades sobre os sindicatos

Histórico

Histórico de Artigos Servizos CCOO