CCOO e CTAG-IDIADA pactan melloras sobre o Convenio Estatal de Enxeñarías
CCOO e CTAG-IDIADA asinaron acordo de melloras sobre o convenio estatal de Enxeñarías e Oficinas Técnicas o pasado venres 19 de Maio de 2017. Este feito supón un fito histórico a nivel sindical no quince anos de existencia da empresa.
CCOO implicouse activamente neste proceso de negociación. A representación legal dos traballadores/as de CTAG-IDIADA (Roberto Pousada) recibiu o apoio e asesoramento directo de Celso Carneiro, Secretario Xeral da Federación de Industria de CCOO-Vigo; Pedro Comesaña, responsable de política industrial de CCOO Galicia; David Casal, responsable de Enxeñarías de CCOO Galicia e os servizos xurídicos de CCOO a nivel estatal. Traballando conxuntamente entre diferentes sectores fronteirizos (Industria e Enxeñaría), conseguiuse liquidar mediante acordo un conflito que se evidenciou durante os últimos 4 meses e que se viña arrastrado en silencio durante varios anos pola conxelación continuada de condicións.
CCOO foi capaz de canalizar dunha maneira correcta e controlada as demandas dos traballadores/as de CTAG-IDIADA e conseguiu mediar coa dirección do centro para chegar a un acordo sen necesidade de que ninguén teña que perder nin un día de salario. Segue
CCOO Servizos revalida a súa maioría nas eleccións de Allianz en Galicia
O pasado oito de maio tiveron lugar as votacións de Allianz en todo o Estado, e en Galicia para elixir aos delegados dos centros de Coruña, Vigo, Lugo e Ourense. Nesta ocasión o persoal volveu a escoller de forma maioritaria a candidatura de CCOO.
Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanía
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, Vilagarcía e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanía. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.


CCOO gaña as eleccións sindicais en MediaMarkt Vigo e mellora os resultados anteriores
A composición do comité no anterior mandato era de dúas/dous delegadas/os para CCOO, dúas/dous para CIG e un para Fetico. Nesta nova convocatoria partíase dun censo de 65 persoas para elixir tres delegadas/os no grupo de especialistas e dúas/dous no de técnicas/os.
Un vez realizado o escrutinio CCOO obtén tres delegadas/os (2 en especialistas e 1 en técnicos), CIG un e Fetico un.
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de MediaMarkt Vigo a súa implicación no proceso electoral e a súa confianza no noso sindicato, cuxas delegadas e delegados, desde o primeiro día que foron elixidos traballaron duramente para mellorar as condicións laborais de todo o personal, o cal, agora, recoñeceu esa labor cos seus votos, o que nos permite renovar o noso compromiso de seguir traballando para estar á altura das súas expectativas.
Asinado acordo económico en Randstad Project
No día de hoxe asinouse o primeiro acordo económico entre a dirección de Randstad Project e o Comité de Empresa co que se consegue mellorar os salarios do colectivo que presta os seus servizos para a empresa GEFCO en Vigo, nun porcentaxe superior ó 8%.
Este acordo baséase en dous aspectos fundamentais, os cales teñen un compoñente económico claro e que consegue mellorar os baixos salarios destes traballadores e traballadoras. Estes dous aspectos son por unha banda a regulación da xornada laboral e por outro as condicións económicas que se rexen por un moi baixo convenio de empresa. Segue
Adecco Outsourcing despide o presidente do comité de empresa de Pontevedra, xesto que CCOO tacha de represión
A Federación de Servizos de Comisións Obreiras de Galicia (CCOO-Servizos) denuncia o despedimento do presidente do comité de empresa de Adecco Outsourcing en Pontevedra. O afectado, Rafael López, encabezara un proceso de eleccións sindicais que a compañía demorou un ano. So o pretexto da «estraña» (segundo o sindicato) desaparición do servizo en que López traballaba, a empresa «manobrou» para o despedir «por causas obxectivas».
10 de Marzo - Día da Clase Obreira Galega do 2017
Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestía da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas. Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma: seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único instrumento válido para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira repartición da riqueza nas empresas.
Concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva
UGT-Galicia e o S. N. de CCOO de Galicia convocaron para hoxe mércores, día 22 de febreiro, concentracións fronte ás sedes das patronais en defensa da negociación colectiva. Os sindicatos lembran que o actual escenario económico vén definido polo continuo do crecemento do produto interior bruto, un 3,3 en Galicia en 2016 e uns prognósticos de aumento para 2017 do 2,4 %. CCOO e UGT entenden que esta incipiente recuperación da economía se debe traducir nunha mellora, tamén, do poder adquisitivo dos salarios, desvalorizados tras máis de oito anos de crise.


O dereito a gañar o mesmo
Cando falamos de brecha salarial nosa cabeza vai a "as mulleres cobran menos que os homes por igual traballo" exclusivamente, sen mirar outros factores que inflúen directamente nesta diferenza.
O primeiro que temos que reflexionar é que a brecha salarial é unha discriminación directa cara ao sexo feminino e vai aumentando coa idade. Que significa isto?, é ben sinxelo, a brecha salarial aumenta a medida que o fai a idade das traballadoras, e non deixa de crecer desde os 30 ata a idade de xubilación, o que terá consecuencias nas pensións do futuro. Ao chegar a idade de xubilación os homes cobrarán máis que as mulleres co que nos atopamos ante unha circunstancia tan real como denunciable e é o empobrecimiento da muller unha vez finalizada a súa etapa laboral
Publicado o Convenio Colectivo do Sector do Comercio Detallista Téxtil de Pontevedra
Podes consultar aquí o texto do Convenio Colectivo publicado no BOP.
O sector de comercio detallista téxtil queda englobado en comercio vario
Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos»
CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o vindeiro domingo, día 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.
-Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
-Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno
CONCENTRACIÓNS
-A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
-Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
-Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Vigo: 11.30 h, museo MARCO




_e.gif)












