Archivado en Jornada, Condiciones de trabajo, Convocatorias

Este mércores lévase a cabo a primeira das tres xornadas de folga convocadas para defender as condicións de traballo

Tres xornadas de folga para defender as condicións laborais en Bosch, segunda maior empresa de Vigo


folga BOSCH Vigo

O comité de Bosch Service Solutions, segunda empresa máis grande de Vigo por volume de persoal (uns 1600 traballadores e traballadoras), está chamado este mércores á primeira das tres xornadas de folga convocadas para defender as condicións de traballo.

Bosch Service Solutions é unha empresa do sector de centros de chamadas (contact center) que presta servizos a clientes como Vodafone, Repsol, Orange ou Iberdrola.

Desde o 2019, antes da pandemia, a empresa encadeou varios ERTE que afectaron principalmente á campaña para Vodafone. A finais do pasado decembro, a empresa presentou un ERE para eses mesmos servizos, alegando unha hipotética redución de carga de traballo futura. Ler máis


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,

 

O comité negouse a negociar ese «ERE preventivo», polo que a empresa se comprometeu a retiralo sempre que a representación legal do persoal aceptase pactar unha modificación substancial das condicións de traballo para todo o persoal asignado a Vodafone.

Novamente, o comité rexeitou a «chantaxe» proposta pola empresa. Con todo, Bosch retirou o ERE e abriu un período de consultas para a devandita modificación das condicións de traballo.

Ante isto, o comité decidiu convocar os case 1600 traballadores e traballadoras de Bosch Vigo a tres días de folga en defensa das condicións de traballo. A primeira xornada de paros é este mércores. A seguinte será o venres, día 7, que incluirá unha protesta ás 12 horas diante da empresa (a carón do depósito municipal). A terceira xornada será o luns, 10 de xaneiro.