CCOO Servizos revalida a súa maioría en Mutua Gallega A Coruña
Nas eleccións celebradas no día de onte en Mutua Gallega de A Coruña as traballadoras e traballadores revalidaron a súa confianza, repetíndose os mesmos datos que no comité anterior, no cal CCOO obtivo cinco delegados, metres que UGT acadou catro.
CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

CCOO Servizos gaña as eleccións en HP (contact center) A Coruña
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais en HP Coruña. A candidatura presentada polo sindicato logrou tres representantes mentres que a CIG ficou con dous.
Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex
O vindeiro 5 de abril terá lugar en Santiago a primeira reunión de representantes da Federación de Servizos de CCOO Galicia no Grupo Inditex, onde, entre outras cuestións, se analizará a situación da Negociación Colectiva das marcas que forman parte dese grupo (Zara, Berska, Stradivarius, Lefties, ...).
Unificar criterios en canto a negociación, potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.
Preténdese incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do personal de cada centro de traballo.
A Federación de Servizos celebra unha asemblea de delegados na Unión Comarcal da Coruña




CCOO Servizos incrementa a súa representatividade en Mugatra provincia de A Coruña
O pasado día 12 celebráronse eleccións en Mugatra, proceso no que CCOO Servizos mellorou a
representatividade a pesar da redución de persoal respecto ás anteriores
eleccións. Ademais, por este motivo cabe salientar que desta volta pasa
a ser comité provincial.
Queremos destacar o excepcional traballo realizado por David Pazos que ademais é o presidente da Comisión Intercentros.
Dende
CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es a
confianza depositada na nosa organización.
|
Comeza o proceso de negociación do Convenio Comercio-Alimentación A Coruña
ércores 27 de xaneiro de 2016 constituiuse a Mesa Negociadora do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da Provincia da Coruña, dando inicio ao proceso de negociación.
Un Convenio de gran relevancia que regula as condicións laborais de multitude de traballadores e traballadoras de pequenas tendas de alimentación en toda a provincia, carnicerías, pescaderías, conxelados, etc, ademais de grandes cadeas de supermercados como GADIS ou FROIZ, tanto nas súas tendas como centrais de distribución.

Estamos convocados no mes de febreiro a unha nova reunión, á que CCOO acudirá consciente da responsabilidade de conseguir un bo acordo, que permita mellorar as condicións de traballo dun número tan importante de persoas que traballan no sector.
Seguiremos informando puntualmente de todas as novidades ou acontecementos que vaian aparecendo durante esta negociación, mediante as nosas ligazóns:
https://www.facebook.com/ServizosCCOO,
https://twitter.com/servizosccoo
CCOO Servizos gaña as eleccións en DISTRIBUCIONES FROIZ A Coruña (II)
Tal como informabamos o pasado día 18.01.2016, as eleccións do colexio de técnicos foron impugnadas, polo que hoxe se repetiron tralo laudo. A continuación detallamos os resultados finais:
- CCOO: 1
- UGT: 1
- CCOO: 9
- UGT: 4
- CIG: 4
CCOO Servizos gaña as eleccións en DISTRIBUCIONES FROIZ A Coruña
O pasado 13 de xaneiro celebráronse eleccións sindicais en Distribuciones Froiz A Coruña. Debido a que o grupo Froiz ven de facer unha reestruturación das súas empresas, fusionando as antigas Froiz SA, e Lorenzo Froiz SA, dentro de Distribuciones Froiz SA, non existen datos homoxéneos para establecer unha comparativa.
A estas eleccións concurriron as centrais sindicais CCOO, UGT, e CIG, tanto en colexio de técnicos como de especialistas. O de técnicos ten que voltar a celebrarse porque foi impugnado. Os datos no colexio de especialistas foron os seguintes:
-CCOO: 8 delegados
-UGT: 3 delegados
-CIG: 4 delegados
Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO





















