O cliente non sempre ten a razón. Por un lugar de traballo seguro para as camareiras de pisos
É necesario garantir un lugar de traballo seguro para as camareiras de pisos, persoal especialmente exposto ao acoso sexual. Estas condutas que teñen as súas raíces na persistente desigualdade entre mulleres e homes maniféstanse en comportamentos de violencia e acoso sexual que poden ir desde os requirimentos ou proposicións, comportamentos físicos até a agresión sexual. O feito de desenvolver gran parte da súa actividade laboral no interior das habitacións dos clientes, supón para elas un risco que fai incuestionable a necesidade de establecer medidas e estratexias para previlo. Ler máis
Publicaciones de la campaña "Trabajo seguro para las camareras de piso" en hoteles
Manifiesto de la Campaña de Seguridad en el Trabajo para la Camareras de piso
ERE Banco Santander: Cando a muller perde o perfil
CCOO interviu na pasada comisión de seguimento do ERE (17/9), para advertir a Banco Santander que estaríamos moi vixiantes naqueles aspectos relacionados coa desvinculación do Banco das mulleres, e especialmente aquelas acollidas a redución de xornada.
Con este tipo de condutas, Banco Santander reforza o machismo social invitando ás mulleres a unha volta non desexada ao traballo doméstico, abandoando a actividade retribuída. Así non se contribúe a formentar a igualdade senón que se amplían as fendas existentes, contribuíndo á discriminación da muller.
Non esquezamos que ata o 15 de novembro atopámonos no período de adscrición voluntaria na rede comercial, polo que castigar ao colectivo de persoas con redución de xornada, cando é unha evidencia que hai unha gran demanda de persoas que queren desvincularse e que aínda permanecen sen resposta, é cando menos, o máis alonxado dun Banco sinxelo, persoal e xusto que vai presumindo de igualitario aló a onde vai.
Se te atopas nalgunha situación coma esta, contacta coas túas delegadas ou delegados de CCOO
Xornada sobre igualdade, acción sindical e comunicación
Celebrada hoxe, dezasete de xuño, e organizada pola Federación de Servizos, o obxectivo deste encontro foi promover unha xornada de reflexión e análise dos recentes cambios lexislativos que afectan por un lado, ás medidas de igualdade e conciliación, e por outro ao incremento do salario mínimo interprofesional, establecidos respectivamente polos Reais Decretos 6 e 8/2019 e 1462/2018.![]()
A velocidade no cambio das estratexias comunicativas e as súas adaptacións á realidade sindical ocuparon a análise adicada ao relatorio de comunicación.
Contou coa presenza e intervencións de: Verónica Martínez Barbero, presidenta do Consello Galego de Relacións Laborais; Chema Martínez, secretario xeral da Federación de Servicios de CCOO; Lucía Trenor, secretaria xeral da Federación de Servizos; Ramón Sarmiento, secretario xeral do Sindicato Nacional de CCOO de Galicia; Cristóbal González, secretario xeral da Unión Comarcal da Coruña; Isabel Fernández, secretaria de organización e muller da Federación de Servizos; Juan Zas, secretario de Acción Sindical da Federación de Servizos
Negociación do diagnóstico do I Plan de Igualdade de Zara Home España
Tras producirse a constitución da mesa negociadora, acordamos na devandita reunión levar a cabo un calendario de traballo a fin de iniciar a negociación do Plan de Igualdade de Zara Home.
Segundo este calendario, unha vez revisados os datos achegados pola empresa para realizar o diagnóstico de situación, a representación legal das persoas traballadoras debía realizar unha petición de ampliación dos mesmos se o consideraba necesario e enviar as primeiras propostas para o plan en materia de acceso e contratación. Ler máis
Feminismo de clase
NÓS, as mulleres de CCOO organizámonos nun sindicato de clase, solidario, internacionalista, que busca transformar a sociedade para que sexa máis xusta. E moitas de nós estamos afiliadas e organizadas tamén en organizacións feministas. Ler máis
CCOO logra constituir as mesas de igualdade no Grupo Inditex
CCOO veu impulsado que todas as empresas do Grupo Inditex puxesen en marcha o comezo da renovación e negociación dos plans de igualdade, como garantía de dereitos e oportunidades para as mulleres no ámbito laboral. A Federación de Servizos de CCOO aborda a negociación de cinco Plans de Igualdade do Grupo Inditex: Pull&Bear, Bershka, Oysho, Zara, que renovan o I Plan de Igualdade, que xa chegaran ao final da súa vixencia e o I Plan de Igualdade en Kiddy´s Class.
CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións
O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00).
Preparando o camiño da folga para o 8 de Marzo: Multitudinaria asemblea en A Coruña
O salón de actos do edificio sindical da Coruña quedou pequeno para a multitudinaria asemblea organizada por Comisións Obreiras para preparar o camiño da folga do vindeiro 8 de marzo. Neste encontro coa afiliación participaron o secretario xeral confederal, Unai Sordo, e a secretaria confederal da Muller, Elena Blasco, así como representantes das direccións nacional e comarcal do sindicato. Entre o público tamén cabe destacar a presenza de dirixentes de partidos políticos de diferente cor, que seguiron con interese o desenvolvemento da asemblea.
CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos
Delegadas de Comisións Obreiras denuncian as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos. Nun encontro sectorial que o sindicato organizou o mércores na Coruña co gallo da folga do vindeiro día 8, representantes de CCOO en diferentes empresas relataron as eivas detectadas no seu día a día, tanto do punto de vista profesional coma sindical.























