A Patronal mantén unha postura inmobilista

Convenio Contact Center: Convocadas novas concentracións e xornada de folga #COLGAMOSLOSCASCOS

Debido ao bloqueo na mesa de negociación por parte da Patronal, CCOO e o resto de sindicatos presentes na mesa de convenio convocamos unha nova xornada de mobilizacións o día 18 - en Galicia en A Coruña e Vigo - e folga 24 h. para o luns 28 de novembro. A patronal  só insiste en manterse nas súas posturas, e mentres adícase a pór pedras até no que lle gañamos nos tribunais, como o non pago dos incentivos en vacacións. Se queren que de novo nos mobilicemos masivamente, que toda a sociedade se faga eco dos seus incumprimentos e que as empresas e os clientes sufran os efectos do seu inmobilismo, iso é o que van conseguir.


Pois o 18 e  28 de novembro volverémoslles a dicir que xa está ben!  #COLGAMOSLOSCASCOS


Normas definitivas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia

A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do pasado 20.10.2016 aprobou a modificación do Anexo Organizativo, á súa vez aprobado no Consello Federal do pasado 14.09.2016, adecuando ao mesmo os anexos organizativos dos sindicatos comarcais de Galicia, aprobados a posteriori.



Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA

A Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid o próximo 29 de novembro de 2016, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.

A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento Interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.

Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES


Plenario da Sección Sindical de CCOO Alcampo en Galicia

O luns 24 de outubro celebrouse o Plenario da Sección Sindical de CCOO Alcampo en Galicia. Nesta reunión decidiuse a elección do órgano de goberno da Sección Sindical de Alcampo Galicia, formado por tres persoas referendadas por unanimidade dos delegados e delegadas asistentes á reunión e coas seguintes designacións:

Secretario Xeral: Xoán Costas Alonso (Alcampo Vigo 2)

Comisión Executiva: Alejandro González Álvarez (Alcampo Coruña) e Montserrat Beceiro Couce (Alcampo Ferrol).

Desde a nova executiva, apóstase por dar un impulso á unidade de acción, cunha maior coordinación entre centros e comunicación aos afiliados.


Convocada para expoñer a postura da Patronal e a plataforma sindical na mesa do convenio

Asemblea de traballadoras e traballadores de Comercio Alimentación de Pontevedra

Tal como adiantabamos o dezaoito de outubro, onte vintetrés, celebránronse asembleas de traballadoras e traballadores do sector Comercio Alimentación da Provincia de Pontevedra en Vigo, Pontevedra e Arousa. A finalidade destas convocatorias é expoñer a posición da Patronal, que se basea nunha rebaixa importante das condicións recollidas no actual Convenio así como as reivindicacións de mellora dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación (CCOO, CIG, UGT e USO): 

  • Redución e mellora da distribución da xornada.
  • Aumento e optimización dos períodos no disfrute das vacacións e licencias.
  • Mellora salarial, inclusión de cláusula de revisión e incremento de pluses.
  • Procedemento para conversión de contratos a tempo parcial a xornada completa
  • Outros: Comisión Paritaria, período de vixencia, etc
A resolución adoptada en devanditas asembleas foi a non aceptación das propostas patronais, tanto na conxelación da antigüidade como no resto de epígrafes.


En defensa de 2.900 postos de traballo

Os traballadores e traballadoras do Banco Popular continúan coas protestas contra o ERE

Este xoves, 20 de outubro, ás 18:00 horas, tivo lugar unha nova concentración do persoal do Banco Popular, ante a oficina principal de Vigo, en protesta pola intención de despedir a 2900 persoas nun proceso de Expediente de Regulación de Emprego. 
Con estas mobilizacións preténdese demostrar ao banco que non estamos de acordo coa súa proposta de Despedimento Colectivo. Queremos que se reduza o número de persoas implicadas e que quen, voluntariamente desexe finalizar a súa vida profesional no banco, poida facelo dignamente.
Mentres que se pretende despedir a tantas persoas neste proceso de ERE salvaxe, non cesan as prácticas ilegais de prolongación de xornada, que tantas veces se denunciaron ante Inspección de Traballo, ademais de poñer en risco a viabilidade futura da empresa.



Circular 14.10.2016 Terceira reunión da Mesa Negociadora
Vídeo
Noticia en 20minutos.es


Despois de trece reunións da mesa do Convenio, a patronal segue mantendo as súas propostas

Convenio Comercio Alimentación Pontevedra: CCOO, CIG, UGT E USO convocan aos traballadores e traballadoras a unha asemblea

O Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra rematou a súa vixencia o 31 de decembro de 2015. As centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de moitos meses conseguimos comezar as negociacións. Despois de 13 reunións, a patronal segue mantendo as súas propostas, perder a maioría de dereitos que temos conqueridos, TODOS E TODAS. Non falaron de darnos, só queren quitarnos. Segue


Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO

A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente Plenario Rexional de afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA de todos os centros en Galicia, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela no Polígono San Lázaro en Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.

Con este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á afiliación a cerca de como se pode organizar a sección sindical en Galicia, debater os documentos do plenario estatal, e escoller dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Paradores.

Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.

Para calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na dirección de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

Atentamente.

CCOO Servizos Galicia

Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES


Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO