Folga no Comercio de Alimentación de Pontevedra

convenio alimentación pontevedra

As catro centrais sindicais presentes na mesa de negociación do Convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, e representadas por:


María do Tránsito Fernández Fernández, na calidade de Secretaria Comarcal da CIG-Servizos Vigo, e con enderezo aos efectos de notificación na rúa Gregorio Espino, 47 de Vigo, Eva Rojas Fiestras, na calidade de Secretaria de Acción Sincidal de SMC Vigo Arousa UGT, e con enderezo aos efectos de notificación na rúa Heraclio Botana, 67,3º de Vigo, Jorge Carneiro Penedo, na calidade de responsable de Pontevedra Federación Servizos de CCOO con enderezo aos efectos de notificación na rúa Teixugueiras, 11 de Vigo e María Teresa Pérez Lago, na calidade de Secretaria Comarcal USO Vigo con enderezo aos efectos de notificación na rúa San Roque, 111 de Vigo:

INFORMAMOS
Que todas as comunicacións que se dean sobre as negociacións do convenio ou sobre as mediacións efectuadas polo AGA serán feitas polas persoas indicadas neste encabezamento, non avaliamos as diferentes informacións que se fixeron nestes días por persoas non autorizadas.
Que no día de hoxe se mantivo outra reunión de mediación, onde a patronal fixo a súa oferta final a cal se debaterá nas asembleas do domingo día 4, en Vigo (Gregorio Espino, 47) e Pontevedra (Rúa Pasantería), ás 11:30 da mañá.
Se fose aceptada, CCOO-CIG-UGT-USO, desconvocariamos as folgas dos días 5 e 7 de decembro. 
Agradecemos a vosa colaboración e interese.
En Vigo, a 1 de decembro de 2016

Nota orixinal:


Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra

negociacion randstad

O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da metade do persoal. 

Nesta asemblea explicouse a proposta que sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de traballo desta provincia. 

Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.

Tras expoñer a situación aos asistentes á asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.


Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra

CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.


Convócase unha nova asemblea o día 4 de decembro para a valoración de posibles avances na negociación

Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra: xornadas de folga e mobilización os próximos días 5 e 7 de decembro

 Nas asembleas celebradas no día de hoxe para valorar a situación do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, cunha participación de máis de 200 persoas, presentouse por parte dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación a última proposta da patronal.

A patronal maioritaria (ASAP) expuxo na última reunión, coa presenza dos mediadores do AGA, a seguinte proposta, na que a premisa é a conxelación da antigüidade: Segue




Asemblea urxente: Información Convenio Comercio Alimentación (Vigo e Pontevedra)

Despois da última asemblea informativa sobre a situación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra, as centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de varias reunións e unha mediación, vémonos na obriga de convocar ASEMBLEA URXENTE para explicarvos en que situación se atopan as negociacións.

ASEMBLEA EN VIGO: Día 27 de novembro ás 11:30 hrs. nos locais da CIG, Rúa Gregorio Espino, 47

ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: Día 27 De novembro ás 11:30 hrs. nos locais sindicais, Rúa Pasantería.

É IMPRESCINDIBLE A VOSA PARTICIPACIÓN, ACUDIDE!

¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!


Continúan as mobilizacións en todo o Estado

Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación

A patronal non acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.

Isto non fai máis que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á patronal.

Hoxe, en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a realidade diaria dun sector precario e empobrecido.



Máis imaxes


Segunda reunión do acordo de relacións laborais para Pontevedra de Adecco Outsourcing SAU (Eurocen)

Acaba de celebrarse a segunda reunión relativa á negociación do acordo de relacións laborais para a provincia de Pontevedra coa dirección da empresa. Devandito acordo está dividido en dúas vertentes diferenciadas e relativas, a 1ª, a cuestións elementalmente salariais e a 2ª, a cuestións de tipo social como son permisos remunerados e licenzas.Segue


Convocatoria para o Proceso Congresual da Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia

Por medio da presente nota, comunicamos que se convocaron os procesos congresuais de CCOO, e tes á túa disposición as normas que rexerán devandito proceso no ámbito da Federación de Servizos deGaliciana seguinte ligazón:

https://www.ccoo-servicios.es/galicia/html/37982.html

Así mesmo, comunicámos que até o 19 de novembro, poderase consultar a inclusión individual no censo da asemblea correspondente ao correspondente ámbito de participación nos locais indicados na anterior ligazón, ou ben solicitando información ao teléfono 981145885, ou ao correo electrónico direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es

Aquí pode consultarse o último número dun boletín coas últimas noticias da Federación de Servizos deGalicia,domundo laborale de ofertas para afiliados. Para subscribirse só hai que enviar un correo a comunicaciongalicia@servicios.ccoo.es.


Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO