Archivado en Negociacion Colectiva, Convocatorias, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia

Despois de trece reunións da mesa do Convenio, a patronal segue mantendo as súas propostas

Convenio Comercio Alimentación Pontevedra: CCOO, CIG, UGT E USO convocan aos traballadores e traballadoras a unha asemblea


O Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra rematou a súa vixencia o 31 de decembro de 2015. As centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de moitos meses conseguimos comezar as negociacións. Despois de 13 reunións, a patronal segue mantendo as súas propostas, perder a maioría de dereitos que temos conqueridos, TODOS E TODAS. Non falaron de darnos, só queren quitarnos. Segue


As Centrais Sindicais, lexitimadas para negociar e presentes no convenio, despois da última reunión decidimos convocar unha ASEMBLEA de sector para contarvos polo miúdo o que pretenden estes empresarios, pero adiantámosvos algo para que o vaiades asimilando:

  • Vixencia, cinco anos.

  • Eliminar a promoción interna, modificar as categorías profesionais.

  • IT, eliminar o 100% de salario.

  • Cambiar as compensacións que temos por mobilidade xeográfica.

  • Eliminar antigüidade.

E por suposto, o incremento salarial é CERO para os tres primeiros anos e 0.25% para os dous últimos.

Ante esta agresión tan brutal de perdas de dereitos, de perdas económicas, non podemos estar calados e caladas, non podemos estar impasibles, debemos reaccionar e espertar canto antes, polo que convocamos ASEMBLEAS que convocamos en domingo para que todos e todas poidamos participar.

ASEMBLEA EN VIGO: DÍA 23 DE OUTUBRO ÁS 11:30 HORAS NOS LOCAIS DA CIG, RÚA GREGORIO ESPINO, 47

ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: DÍA 23 DE OUTUBRO AS 11:30 NOS LOCAIS SINDICAIS, RÚA PASANTERÍA.

¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!