CCOO servizos obtén dous delegados nas eleccións de Alcampo Santiago

No día de onte celebráronse as votacións das elección sindicais en Alcampo Santigo.
O anterior comité estaba formado por 3 delegados/as de FETICO, 3 de UGT, 2 de CCOO e 1 de CIG.
Despois do resultado de onte, e durante os próximos catro ano o comité estará formado por 4 delegados/as de FETICO, 3  de CIG, 2 de CCOO e UGT 0.
Valoramos positivamente os resultados conseguidos polo noso sindicato, xa que este ano, por primeira vez, a CIG presentaba candidatura no colexio de técnicos.

NORABOA A RICARDO PÁJARO E CHUS LAVANDEIRA!!.


O sindicato mantén a maioría da representación no comité provincial do banco

CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela

A Federación de Servizos de CCOO gaña as eleccións na oficina principal de Abanca en Santiago de Compostela. Como xa aconteceu catro anos atrás, a candidatura presentada por Comisións conseguiu dous representantes no comité de empresa, fronte a dous de ASCA e un da UGT, que entra no comité á custa da CSICA. Ademais, CCOO foi o sindicato máis votado nuns comicios en que participou a totalidade do persoal, polo que manterá a presidencia do órgano de representación. Segue


A patronal ANGED aposta pola liberalización total do comercio

A declaración de Zona de Gran Afluencia Turística nunha Cidade non pode supor a precarización do emprego e a perda de dereitos

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia quere saír ao paso das declaracións vertidas na prensa por parte da Patronal de Grandes Almacéns (ANGED), nas que vén dicir que deixar fóra das devanditas zonas ás grandes cadeas de distribución evita a competitividade das tendas físicas vs tendas online e evita a creación de centos de postos de traballo que serían necesarios para atender un horario comercial máis amplo.

É necesario aclarar que a Patronal ANGED xa vén pedindo desde hai moitos anos a liberalización total do comercio e só grazas ao rexeitamento dos Sindicatos e do Pequeno Comercio se puido evitar. 

Esta Patronal sempre argumenta que esta liberalización vai crear emprego, e con todo, ano tras ano o que fai é precarizar a situación no sector, asinando convenios cos seus sindicatos afíns que van minguando as condicións de traballo nos centros. Só no último convenio pasouse a aumentar a xornada en 28 horas anuais e deixar de remunerar os domingos e festivos pasando a traballarse coma se dun día máis se tratase (co que nos podemos imaxinar en que situación nos quedariamos se, como pretenden, nos fan abrir todos os domingos e festivos do ano). Segue



Orientada cara a próxima negociación do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns

Xuntanza de delegadas e delegados de Alcampo Galicia

No día de hoxe reuníronse nos locais de CCOO en Santiago, os delegados e delegadas de ALCAMPO de Galicia.

Este ano finaliza a vixencia do Convenio Colectivo de Grandes Almacéns,(ANGED), polo que desde a Federación de Servizos de Galicia iniciamos xuntanzas de todos os delegados/as para preparar estas negociacións.

O obxetivo desta xuntanza :

  • Debatir e propoñer os temas e puntos para a negociación.

  • Elaborar puntos para incluir na plataforma de CCOO.

  • Información e traslación da negociación.

Todos os acordos aos que se chegue trasladaranse á Sección Sindical Estatal, para que, en coordinación co resto de Seccións Sindicais Estatais, elabore a plataforma e negociar o próximo convenio.


Póñense de manifesto sensibles diferencias nas condicións laborais entre distintos colectivos

CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia organizou este martes unha reunión coa representación legal do grupo de empresas de Inditex para marcar criterios de unificación da negociación e tamén traballar na homoxeneización das condicións laborais.

Segundo CCOO-Servizos, existen diferenzas salariais e en materia de dereitos sociais entre o persoal destas empresas, incluso no caso das encadradas na mesma comunidade autónoma. En concreto, o sindicato destaca as diferenzas entre o colectivo de traballadores e traballadoras da rede de tendas respecto do departamento loxístico da empresa.

CCOO-Servizos quere pór fin a esta «discriminación», xa que o persoal das tendas é, a final de contas, «a imaxe da marca Inditex». Por iso, esta federación traballará seguindo o criterio de unificar as condicións laborais no ámbito autonómico, co obxecto de reducir as diferenzas ata que desaparezan.

O sindicato tamén «traballará arreo» para combater a precariedade e a eventualidade na empresa, xa que un dos principios básicos de CCOO é a defensa do emprego digno e de calidade «e así se vai esixir en canta mesa de negociación houber».
 



Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex

O vindeiro 5 de abril terá lugar en Santiago a primeira reunión de representantes da Federación de Servizos de CCOO Galicia no Grupo Inditex, onde, entre outras cuestións, se analizará a situación da Negociación Colectiva das marcas que forman parte dese grupo (Zara, Berska, Stradivarius, Lefties, ...).

Unificar criterios en canto a negociación, potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.

Preténdese incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e traballo sindical, así como coñecer de primeira man a situación do personal de cada centro de traballo. 


CCOO Servizos gaña as eleccións en Supermercados Gadis (Ecomás) en Santiago-Barbanza

No día de onte celebráronse eleccións sindicais en Supermercados Gadis (Ecomás) obtendo CCOO 6 delegados dun total de nove, e USO tres. O resultado nas anteriores eleccións foi de sete e dous respectivamente.

Agradecemos a participación e a confianza posta na candidatura de CCOO 


Excelentes resultados electorais de CC.OO. en Comercio e Hostalaría na comarca de Santiago

A continuación detallamos os resultados electorais obtidos na segunda metade de 2015, nos sectores de Comercio e Hostalaría:


CCOO

UGT

CIG

DISTRIBUCIONES CAMBA:

2

1


WURTH ESPAÑA:

2

3


LIDL SUPERMERCADOS S.A.U:

3

3

3

HOTEL UNIVERSAL:

1



CUEROS NOROESTE:

1



MAQUINARÍA AGRÍCOLA DEL NOROESTE:

1



GALEÓN TOURAL:

1



COMPAÑÍA GALLEGA DE SUPERMERCADOS:

1



SPORT ZONE:

1



RESTAURANTE CASA LORENZO:

1



HIPERXEL:

1



RESTAURANTE LOS ROBLES:

1



HIJOS DE C.V OTERO:

2

1



En marzo celebraranse eleccións sindicais nun importante proceso de comité, na empresa ECOMÁS (GADIS), de cuxos resultados informaremos oportunamente.

Dende CCOO queremos agradecer ás traballadoras/es a confianza depositada na nosa organización.


CC.OO. Servizos gaña as eleccións sindicais en SANTIAGO ALTIA CONSULTORES

CC.OO. acada a maioría nas eleccións celebradas hoxe no centro de traballo de Santiago Altia Consultores. Dos 9 representantes elixidos 6 son de CC.OO. e 3 de UGT.
CC.OO. pasa de 3 a 6 representantes, UGT de 2 a 3 e CIG non logra presentar candidatura a pesar de ter a maioría no anterior comité con 4 representantes.
Resultado que o sindicato entende como un recoñecendo das traballadoras e traballadores da empresa ó traballo realizado por CCOO. que ademais é o primeiro sindicato do Sector na Comarca.
Desde CCOO queremos agradecer ás traballadoras e traballadores de Santiago Altia Consultores a confianza depositada nesta organización.


2015

2011

CCOO

6

3

UGT

3

2

CIG

0

4


Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO


logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union