CCOO Servizos gaña as eleccións en Froiz Lugo

eleccións froiz lugo

Onte, vintesete de xuño, celebráronse as eleccións sindicais da empresa Froiz de Lugo. Na súa anterior edición os resultados foron de sete delegados/as para o sindicato USO e dous para CCOO.
Nesta ocasión é importante destacar a participación da maioría dos tralladores e traballadoras da empresa e sobre todo a implicación neste proceso de toda a afiliación e simpatizantes de CCOO, conseguindo uns resultados moi positivos, nos cales CCOO revalidou a súa presenza no comité ao acadar catro dos membros elixidos no colexio de especialistas. 
O resto de sindicatos participantes, UGT e USO quedáronse en dous e tres representantes electos, respectivamente.

CCOO agradece o respaldo do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado aos nosos candidatos e candidatas, comprometéndonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.


Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.

Integración Santander Grupo Popular Galicia

Hoxe, vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo Banco Popular Galicia.

Coa previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas súas respectivas seccións.

Na súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer "a xenerosidade e o esforzo pola confianza depositados na súa persoa" xa que "nos imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano". Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a través do "contacto directo, cercano e persoal cos nosos compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan". Gañar as eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra ideal central do seu discurso: "dado o actual momento de dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras e traballadores"

A partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.


Agradecemento ao persoal de Paradores Vilalba e a Domingo, delegado de CCOO que renova o seu mandato

CCOO Servizos renova a súa representatividade por quinta vez no Parador de Vilalba

parador vilalba

Desde a Sección Sindical de CCOO en Paradores e a Federación de Servizos de Galicia queremos agradecer a confianza que puxeron en CCOO e no noso candidato os traballadores e traballadoras do Parador de Vilalba.

Nas eleccións sindicais celebradas este mércores, día dezaseis, o resultado foi contundente a favor de CCOO. Por 12 votos dun total de 18 foi elixido o compañeiro Domingo, delegado de CCOO que revalida o seu mandato por quinta vez e que de novo viu recoñecido o traballo realizado nestes catro anos.

O noso compromiso cos traballadores e traballadoras deste Parador seguirá sendo o mesmo que ata agora, poñendo o noso total empeño en conseguir mellorar as condicións de traballo de todo o cadro de persoal, dando continuidade na implicación como sindicato e proporcionando soporte ao noso delegado, que seguirá traballando con lealdade para os seus compañeiros e compañeiras.

Queremos dar as grazas a todo o persoal pola confianza depositada, na seguridade de que non vos defraudaremos.


Dúas sentenzas en Paradores dan a razón a CCOO en senllos conflitos colectivos

Paradores: Sentenzas sobre vacacións en Villalba e modificación de quendas a persoal do departamento de pisos en Monforte

Parador Vilalba

Dúas sentenzas en Paradores dan a razón a CCOO en senllos conflitos colectivos, un no Parador de Vilalba sobre fixación de vacacións por peche temporal do Parador e o outro no Parador de Monforte por modificación de quendas ao persoal do departamento de pisos.


Masivo seguimento dos paros de dúas horas, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Tamén participación masiva nas mobilizacións

CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións

8M Galicia

O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia e UGT-Galicia congratúlanse do «éxito» da folga convocada hoxe polo sindicalismo de clase. O seguimento dos paros de dúas horas foi masivo, especialmente en grandes empresas e administracións públicas. Polo de agora, non houbo incidentes salientables nin no paro que da madrugada (entre as 00:00 e as 02:00), nin tampouco ao mediodía (das 12:00 ás 14:00). 


Precariedade e cambio tecnolóxico: dous retos para a recén constituída Agrupación de Servizos Técnicos e Administrativos

O II Congreso da Federación de Servicios de CCOO determinou nos seus relatorios e Estatutos que o Consello Federal aprobaría durante o presente mandato a integración de Servizos Administrativos e Servizos Técnicos. Cabe salientar que a nova agrupación recolle os sectores de: Servizos Administrativos, Seguros e Mutuas de Accidentes de Traballo, Planificación e Consultorías (TIC), Contact Center, Enxeñerías e Inspección Técnica e Intermediación Laboral.

Esta nova estrutura presenta aínda máis diversidade tendo en conta os distintos sectores que recolle a nova agrupación, ademais de retos organizativos e de acción sindical máis amplos, tales como combatir a precariedade e dotarse de novas ferramentas ante o cambio tecnolóxico e a dixitalización no traballo.

A celebración deste Plenario de integración supón unha continuidade do proceso iniciado en 2014, así como unha importante ampliación do seu ámbito funcional e sectorial que dá lugar a unha nova realidade organizativa que require novos órganos de dirección. Neste caso, unha vez realizadas as votacións queda elixido como responsable da coordinadora da agrupación Héctor Ortega Sánchez.

O presente plenario debe servir para integrar, ilusionar, comprometer e construír un sector que integrará unha ampla gama de subsectores, con heteroxeneidade nas súas características e maior variedade dos seus modelos de negociación colectiva.






CCOO Servizos considera insuficiente o complemento salarial aplicado por Inditex

ccoo inditex

Con respecto ás reunións convocadas pola dirección da empresa, con toda rapidez, para aplicar un plus que equipare as condicións salariais das tendas de INDITEX Ourense e Lugo a outras provincias, desde CCOO queremos indicar: segue


Inclúense anexos con: festivos locais, festivos autonómicos e aperturas de comercio en domingos e festivos

CALENDARIO LABORAL 2018

calendario laboral 2018












Proclamación Candidaturas plenario de integración da Agrupación de Servizos Técnicos e Servizos Administrativos

CCOO Servizos


Tras os procesos de reestruturación no ámbito, o sindicato líder do sector centrará os esforzos na calidade do emprego

O sector financeiro de CCOO renova órganos co reto de lograr unha solución non traumática no ERE do Pastor-Popular-Santander

executiva sector financeiro galicia

O II Plenario da agrupación do sector financeiro da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, que tivo lugar na Coruña, reelixiu hoxe a Francisco Villares Cousillas como secretario xeral. Os delegados e delegadas tamén votaron os membros da Comisión Executiva que dirixirá os próximos catro anos esta agrupación.


O secretario xeral do sindicato e os responsables das federacións do sector privado valoraron a proposición de lei de fomento da implantación de inici

Ramón Sarmiento: «Estabamos preocupados pola industria galega, pero tras coñecermos o plan do PP aínda o estamos máis»

PDL implantación de iniciativas empresariais en Galicia

O Sindicato Nacional de Comisións Obreiras fixo hoxe unha primeira valoración da proposición de lei (PDL) para a implantación de iniciativas empresariais en Galicia, que presentou pola vía de urxencia o Grupo Parlamentario Popular. O secretario xeral do sindicato, Ramón Sarmiento, expresou que, se xa estaban preocupados pola situación da industria galega, «a iniciativa do PP multiplica exponencialmente a nosa preocupación».


Carta á Xunta de Galicia rexeitando a apertura de domingos e festivos no Comercio Galego

apertura domingos festivos

Unha vez máis, como cada ano, desde a Xunta de Galicia e en cumprimento da lei de horarios comerciais, solicítasenos que entreguemos unha relación de dez domingos e festivos que puidesen considerarse como de posible apertura comercial.
A apertura de domingos e festivos en comercio, permite e fomenta unha loita desigual entre as grandes superficies e o pequeno comercio de proximidade, e coa escusa do incremento de postos de traballo, precariza as condicións das traballadoras e traballadores do sector.

A estas alturas, a experiencia xa nos indica claramente que o incremento de horas comerciais non implica un aumento substancial do emprego, senón que máis ben lévanos á precarización das condicións laborais con incrementos abusivos de xornada, con aumento do número de horarios irregulares e impedindo a conciliación da vida laboral e familiar.
Ademais a apertura de domingos e festivos, potencia unha perniciosa identificación entre lecer e consumismo desmedido.

A Federación de Servizos de CCOO, unha vez máis, realizou un escrito de contestación situándose contra a apertura de domingos e festivos.

Podes velo aquí


Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO


logo CCOO

Logos y Marcas propiedad de sus respectivos autores
Se permite la reproducción total o parcial de todos los contenidos siempre que se cite la fuente y se enlace con el original.
RSS por Sectores, Territorios y Empresas

miembro de UITA
logo global union