Nova xornada de mobilizacións en Lugo contra o ERE do Grupo Banco Popular
Continuando co calendario de concentracións, traballadoras e traballadores do Grupo Banco Popular saÃron á rúa para amosar o seu rexeitamento á postura inmobilista do Banco na negociación do ERE. Asà mesmo, as organizacións sindicais convocan unha folga que terá lugar o dÃa 10 de novembro.


CCOO Servizos gaña por segunda vez consecutiva as eleccións en Frater Prevención Lugo
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas en Frater Prevención (Lugo), que se celebraron no dÃa de hoxe. A candidatura proposta polo sindicato logrou un delegado, despois de dúas impugnación presentadas por UGT.
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en SUPERMERCADOS DIA
A Comisión Executiva da Federación de Servizos de CCOO, na súa reunión do pasado 12 de setembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario da Sección Sindical Estatal de SUPERMERCADOS DIA que se celebrará en Madrid o próximo 29 de novembro de 2016, asà como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, asà como do Regulamento Interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario DIA Galicia GL Normas Plenario DIA Galicia ES
Convocatoria e normas, para o seu desenvolvemento en Galicia, do VIII plenario da Sección Sindical Estatal de PARADORES DE TURISMO
A Federación de Servizos de CC.OO. de Galicia, en aplicación dos acordos da sección sindical estatal da empresa PARADORES DE TURISMO DE ESPAÑA SA, sobre a renovación dos órganos de dirección da sección sindical, convoca mediante a presente Plenario Rexional de afiliados e afiliadas de CCOO en Paradores de Turismo de España, SA de todos os centros en Galicia, o próximo 24 de outubro en Santiago de Compostela no PolÃgono San Lázaro en Santiago-A Coruña, ás 12,30 horas.
Con este Plenario de afiliados e afiliadas preténdese dar voz á afiliación a cerca de como se pode organizar a sección sindical en Galicia, debater os documentos do plenario estatal, e escoller dous representantes para acudir ao plenario estatal da sección sindical de CCOO en Paradores.
Para máis información sobre este proceso, podes consultar a seguinte ligazón e/ou consultar cos teus delegados/as de CCOO no teu centro os documentos do plenario estatal, aos efectos de efectuar as achegas que se consideren oportunas.
Para calquera dúbida ao respecto quedamos á túa disposición na dirección de correo electrónico: direccionprovisional.galicia@servicios.ccoo.es
Atentamente.
CCOO Servizos Galicia
Normas Plenario Paradores Galicia GL Normas Plenario Paradores Galicia ES
Os traballadores e traballadoras de Contact Center continúan co calendario de mobilizacións por un Convenio xusto
Encadrado no calendario de mobilizacións para desbloquear o Convenio do sector, os traballadores e traballadoras do Sector de Contact Center mobilÃzanse a traveso de paros parciais e concentracións en Vigo, Lugo e Coruña.


Xornada de loita na HostalarÃa e o Turismo


Convocatoria e normas do Proceso Congresual da Federación de Servizos de Galicia
O Consello Federal reunido o 14 de setembro de 2016 procedeu á convocatoria do II Congreso CC.OO. Servizos de Galicia, que terá lugar en Santiago de Compostela o trece de marzo de 2.017.
O proceso congresual iniciarase o dÃa doce de decembro de 2016 coas asembleas de primeiro nivel e, en sentido ascendente, culminará coa celebración do II Congreso da Federación de Servizos de Galicia.
Na documentación queda anexado con data 20.09.2016 o documento especÃfico de contido organizativo sobre o desenvolvemento do proceso .











