Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego
Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue
Mobilizacións do persoal de cociña do Hospital do Salnés
Tras tentar negociar coa dirección da empresa un calendario laboral acorde ao convenio e á lexislación vixente e tras pasar pola Inspección de Traballo sen conseguir unha solución acorde, os traballadores e traballadoras de cociña do Hospital do Salnés decidiron poñer un Conflito Colectivo ante a maxistratura e iniciar mobilizacións que comezaron cunha concentración ás portas das instalacións do hospital o pasado 5 de maio.
Xornadas de 50 horas semanais e de oito dÃas consecutivos de traballo sen descanso e a contratación insuficiente, en precario e en fraude de lei dos traballadores e traballadoras que realizan substitucións; son algunhas das cuestións que é necesario solucionar.
Unido á reivindicación dun calendario laboral axustado, reclámase tamén a necesidade de cubrir o persoal necesario convenientemente para poder dar un servizo en condicións aos usuarios do hospital. A presión por ter que sacar o traballo cun persoal insuficiente recae ademais sobre os 15 traballadores e traballadoras ás que se lle esixe que cubran un traballo que necesita dun maior persoal.
A negativa da dirección da empresa concesionaria do servizo, Eurest Colectividades, de solucionar estes importantes problemas é a que provocou que o persoal se vise na necesidade de mobilizarse e acudir á xurisdición laboral.
Tras esta primeira concentración do 5 de maio realizarán outra, tamén ás portas do hospital, o próximo dÃa 11 de 11:15 a 11:30, e ás portas da Audiencia Nacional de Pontevedra o próximo 23 de maio de 10:45 a 11:15 aproveitando a celebración do xuÃzo.
Juan Bao, delegado de CCOO, explÃcao en "La Voz de Galicia"
XuÃzo polo despedimento de dous delegados de CCOO no Gran Hotel La Toja
Mañá xoves, dÃa 4 de maio, terá lugar en Pontevedra o xuÃzo polo despedimento de dous delegados de CCOO no Gran Hotel La Toja (O Grove), complexo hoteleiro xestionado polo grupo Hotusa. Por tal motivo, o sindicato convoca aos seus delegados e afiliados a asistir ao xuÃzo no Xulgado de Pontevedra.
CCOO xa denunciou meses atrás «represión» contra este sindicato por parte da dirección do hotel grovense, actitude materializada no despedimento de dous delegados sindicais que reiteradamente esixiran o cumprimento dos compromisos adquiridos por Hotusa tras a aplicación dun expediente de regulación de emprego (ERE).
As dúas persoas despedidas teñen unha antigüidade de 17 e 34 anos, unha profesionalidade «intachable», asà como un «gran traballo sindical» en defensa dos seus compañeiros e compañeiras. As persoas despedidas denunciaban incumprimentos da cadea hoteleira, como o non pagamento das horas extras realizadas durante a vixencia do ERE. Segue
Primeiro de Maio en Galicia: que a recuperación chegue xa a toda a cidadanÃa
Miles de persoas participaron nas manifestacións que CCOO e UGT convocaron en toda Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Viveiro, Ourense, Pontevedra, VilagarcÃa e Vigo) para conmemorar este Primeiro de maio e reclamaron que a recuperación chegue xa ao conxunto da cidadanÃa. Para isto, cómpre que os gobernos, o central e galego poñan riba da mesa todos os mecanismos necesarios para garantir emprego estable, salarios xustos, pensións dignas e máis protección social.


Asinado acordo económico en Randstad Project
No dÃa de hoxe asinouse o primeiro acordo económico entre a dirección de Randstad Project e o Comité de Empresa co que se consegue mellorar os salarios do colectivo que presta os seus servizos para a empresa GEFCO en Vigo, nun porcentaxe superior ó 8%.
Este acordo baséase en dous aspectos fundamentais, os cales teñen un compoñente económico claro e que consegue mellorar os baixos salarios destes traballadores e traballadoras. Estes dous aspectos son por unha banda a regulación da xornada laboral e por outro as condicións económicas que se rexen por un moi baixo convenio de empresa. Segue
10 de Marzo - DÃa da Clase Obreira Galega do 2017
Hoxe, 10 de Marzo de 2017, conmemoramos o aniversario daquela tráxica data de loita, pero tamén de honra e de dignidade da clase obreira galega. Daquela, os traballadores e traballadoras da Bazán pelexaban polo seu convenio colectivo, por un salario digno, contra a carestÃa da vida, por mellores condicións de vida e polas liberdades democráticas. Hoxe, 45 anos máis tarde, a cerna daquelas reivindicacións é a mesma: seguimos loitando polos convenios colectivos, porque son o único instrumento válido para mellorar as condicións laborais das traballadoras e traballadores e porque con eles se aplica a primeira repartición da riqueza nas empresas.
O dereito a gañar o mesmo
Cando falamos de brecha salarial nosa cabeza vai a "as mulleres cobran menos que os homes por igual traballo" exclusivamente, sen mirar outros factores que inflúen directamente nesta diferenza.
O primeiro que temos que reflexionar é que a brecha salarial é unha discriminación directa cara ao sexo feminino e vai aumentando coa idade. Que significa isto?, é ben sinxelo, a brecha salarial aumenta a medida que o fai a idade das traballadoras, e non deixa de crecer desde os 30 ata a idade de xubilación, o que terá consecuencias nas pensións do futuro. Ao chegar a idade de xubilación os homes cobrarán máis que as mulleres co que nos atopamos ante unha circunstancia tan real como denunciable e é o empobrecimiento da muller unha vez finalizada a súa etapa laboral






_e.gif)









