De novo o 17 de decembro: #StopEreTragsa - 1.336 Despidos
De novo, dÃa 17 de decembro voltamos a saÃr á rúa, diante do Parlamento de Galicia, para denunciar un ERE que ameaza a 1.336 posto de traballo.
O 14 de outubro de 2015, a Sala do Social do Tribunal Supremo declarou axustado a dereito o ERE presentado polo Grupo Tragsa en contra do sentenciado pola Audiencia Nacional, que o declarara nulo por tres causas diferentes, permitindo asà que a compañÃa poida despedir ata 1336 compañeiras e compañeiros (117 en Galicia).
STOP ERE en TRAGSA - 1.336 Despidos - #StopEreTragsa
De novo saÃmos á
rúa o 2 de decembro diante do Parlamento de Galicia. Manifestámonos
contra o maior #Ere no sector público a pesar de levar 35 anos
consecutivos dando beneficios.
Segue en tempo real de 12:00 a 13:00 a concentración en Twitter @ServizosCCOO
Tamén en Facebook: https://www.facebook.com/ServizosCCOOO
O pasado 25 de novembro :





Concentracións diante do Parlamento de Galicia en contra do ERE no Grupo Tragsa
CCOO, UGT e CSIF convocan as concentracións os dÃas 25 de novembro de 2 de decembro ás 12:00 horas diante do Parlamento de Galicia
A maiorÃa dos grupos parlamentarios galegos comprometeuse con CCOO a adoptar iniciativas contra o ERE do Grupo Tragsa
A maiorÃa dos grupos polÃticos con representación no Parlamento de Galicia comprometeuse con Comisións Obreiras a adoptar medidas para rexeitar o expediente de regulación de emprego (ERE) no Grupo Tragsa. Esas medidas consistirán en proposicións non de lei e preguntas parlamentarias coas que se intentará que o Goberno galego adopte unha posición contraria ao ERE e en defensa do emprego neste grupo empresarial. Cómpre lembrar que a Xunta é a segunda maior clienta de Tragsa na comunidade autónoma e asemade ten a condición de accionista, polo tanto, é copropietaria da compañÃa.











