Archivado en Socio Economico
As confederacións sindicais CCOO e UGT convocamos mobilizacións en toda España para o domingo 2 de febreiro. O obxectivo é protestar contra o recente desmantelamento de medidas de protección social, que afecta directamente á clase traballadora. O Sindicato Nacional de CCOO de Galicia chama á participación «masiva» da cidadanía nesta importante convocatoria.
Partidos como o PP, Vox e Junts aliáronse para tombar no Congreso medidas clave do chamado escudo social, que inclúen:
A revalorización das pensións.
O aumento do Ingreso Mínimo Vital (IMV).
A suba do Salario Mínimo Interprofesional (SMI).
Axudas ao transporte público.
Recursos para afectados pola DINA en Valencia.
A secretaria xeral de CCOO, Amelia Pérez, cualificou esta votación como un «ataque directo contra a clase traballadora» e, sobre todo, contra os colectivos máis vulnerables. «En lugar de priorizar o benestar das persoas, estas forzas políticas demostran que antepoñen os seus intereses partidistas», afirmou Pérez.
Os efectos deste desmantelamento serán especialmente graves en Galicia. Unha de cada tres persoas na comunidade verá empeorada a súa calidade de vida. Entre os máis afectados atópanse:
782.000 persoas que reciben prestacións contributivas, das cales 200.000 son pensións mínimas.
44.000 beneficiarias do Ingreso Mínimo Vital (IMV).
En palabras de Amelia Pérez, «case un millón de galegos e galegas sufrirá as consecuencias desta irresponsabilidade política de PP, Vox e Junts».
CCOO instamos ao Goberno do Estado a aprobar un novo paquete de medidas sociais mediante real decreto lei. Ademais, pídese ás forzas políticas que validen estas medidas no Congreso para evitar que a poboación máis vulnerable sexa usada como refén en xogos políticos.
A pesar do rexeitamento ao decreto ómnibus, o Salario Mínimo Interprofesional (SMI) do 2024 non se verá afectado. Isto garante aos 120.000 traballadores e traballadoras en Galicia unha contía mínima de 1.134 euros mensuais en 14 pagas, segundo o artigo 27 do Estatuto das Persoas Traballadoras.
As mobilizacións en Galicia terán lugar nas seguintes localidades:
A Coruña: 11:00 h en Méndez Núñez (Cantóns).
Vigo: 12:00 h na Porta do Sol.
Ourense: 12:00 h na Subdelegación do Goberno.
Pontevedra: 12:00 h na Praza da Peregrina.
2025 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto