A Federación de Servizos de CCOO de Galicia gañou as eleccións sindicais celebradas hoxe en Egasa XXI. A candidatura proposta polo sindicato logrou tres delegadas e dous delegados, sendo a única que se presentou.
Cabe salientar que nas anteriores eleccións tamén conseguiu a maioría a pesar presentarse unha candidatura da CIG, que non conseguiu votos suficienters para obter un delegado.
CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no
proceso electoral e a confianza depositada.