content_copy Noticias - Union Comarcal Pontevedra
Asinado o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación provincia de Pontevedra
Seguindo a decisión unánime das asembleas convocadas para o debate do preacordo, hoxe mércores, 28 de decembro, levouse a cabo a sinatura do Convenio. Desde CCOO poñémonos a disposición das persoas traballadoras do sector para acadar o obxectivo de que as condicións nel recollidas se cumpran. Nesta central sindical temos claro que non podemos descoidarnos unha vez acadado o acordo, e que calquera convenio non só é bo por si mesmo, senón porque realmente se aplique.
Convocatoria asembleas nivel I Federación de Servizos
O pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a renovar con elas todas as estruturas de CCOO.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO.
A pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e Financeiros, o Comercio, a Hostalaría, Seguros, Enxeñarías, Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.
Sete mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos, demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento ante conflitos individuais ou colectivos. Segue
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en LIDL SUPERMERCADOS
A Comisión Executiva da Federación de Servicios de CCOO, na súa reunión do pasado 1 de decembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario de Constitución da Sección Sindical Estatal de LIDL SUPERMERCADOS que se celebrará en Madrid o próximo 9 de febreiro de 2017, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario LIDL Galicia GL Normas Plenario LIDL Galicia ES
Desconvocada a folga de Comercio-Alimentación da provincia de Pontevedra
Nas asembleas celebradas no día de hoxe, cunha participación de máis de 300 persoas, e que foron convocadas para valorar o preacordo ao que se chegou o pasado día 2 e decidir sobre a folga convocada para os días 5 e 7 de decembro, decidiuse por unanimidade validar os termos do acordo acadado entre a patronal e os catro sindicatos presentes na mesa de negociación, coa participación en calidade de mediadores do AGA de Jose Mª Casas e Ana Pouso.
Os termos de este acordo de mellora sobre o actual convenio son os seguintes:
Folga no Comercio de Alimentación de Pontevedra
Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra
O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da metade do persoal.
Nesta asemblea explicouse a proposta que sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de traballo desta provincia.
Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.
Tras expoñer a situación aos asistentes á asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.
Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra: xornadas de folga e mobilización os próximos días 5 e 7 de decembro
Nas asembleas celebradas no día de hoxe para valorar a situación do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, cunha participación de máis de 200 persoas, presentouse por parte dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación a última proposta da patronal.
A patronal maioritaria (ASAP) expuxo na última reunión, coa presenza dos mediadores do AGA, a seguinte proposta, na que a premisa é a conxelación da antigüidade: Segue
content_copy Más información
Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más
Síguenos en Telegram
Dónde estamos
OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es