Xuntanza da estrutura da Federación de Servizos de Galicia coa nova Dirección Provisional
Despois da disolución da anterior executiva da Federación de Servizos de Galicia, hoxe martes, seis de agosto celebrouse unha xuntanza en Santiago á cal asistiu a estrutura cos integrantes da Dirección Provisional.
Tratáronse diversos temas, entre os cales están a situación da Federación, a atención sindical e a organización do traballo ata o Congreso da Federación que se celebrará o próximo quince de marzo.
Na
imaxe, e de esquerda a dereita, algúns dos integrantes da
Dirección Provisional:
Alejandro Salvador (apoio Organización), Benito Gutiérrez
(presidente da Dirección Provisional), Francisco Villares
(responsable de Organización) e Raquel Blanco (apoio Acción
Sindical).

CCOO Servizos e UGT conseguen desbloquear a situación das empregadas e empregados de ALN (Contact Center) Coruña
No día de hoxe firmouse un ERE extintivo dentro de concurso cunha indemización de 20 días por ano, que sufragará o FOGASA. Co fin de axilizar o proceso non se fixo uso do período de consultas e procedeuse a entregar ao xuíz o acordo xa firmado. Deste xeito, as traballadoras e traballadores do ALN Coruña saen do "limbo" laboral no que se atopaban ata o de agora, xa que non tiñan carga de traballo, nin salarios, nin tampouco podían abandonar o seu posto.
Catro partidos políticos votan unha moción conxunta en solidariedade con ALN Coruña
Tal como relatabamos o 15.06.2016, a situación das traballadoras e traballadores de ALN na Coruña segue a ser de total indefensión. Por ese motivo dende CCOO Servizos promovimos no día de onte unha moción no Concello de A Coruña a cal foi votada favorablemente por PSOE A Coruña, Marea Atlántica, BNG da Coruña,. e Partido Popular da Coruña.
"Imos ao traballo, sen cobrar e sen nada que facer"
"La Voz de Galicia" publica hoxe unhas declaracións de Pilar Pérez delegada de CCOO Servizos e presidenta do comité de empresa de ALN na Coruña nas que explica a situación de 55 traballadores da empresa que viron como a situación laboral se foi degradando, ao pasar de atrasos nas nóminas e concurso de acredores, a ver rescindido o contrato co seu cliente principal, Hibu, e ter que ir ao traballo sen cobrar e sen nada que facer.
Convenio Contact Center: Hoxe concentracións nas principais capitais de provincia
Despois da entrega na pasada reunión de máis de 10.000 firmas dos traballadores e traballadoras do sector pedindo o desbloqueo do mesmo, a patronal hoxe volve facer caso omiso e preséntannos os supostos grandes avances que prometeron na reunión anterior:
_p.jpg)
_p.jpg)
Concentración para o desbloqueo do Convenio Contact Center: 4 de maio,12 hrs. Obelisco (A Coruña)
Non hai avances e cada reunión de mesa parécenos unha perda de tempo. Mentres os traballadores e traballadoras do sector imos perdendo salario a patronal vai aumentando os seus beneficios á nosa costa . Desde CCOO esiximos que a patronal dea un paso adiante e que empece a tomar en consideración xa as propostas que desde CCOO viñemos expoñendo. Pero como a patronal non o entende, fórzanos a mobilizarnos.
















