O conflito que hoxe se manifesta comezou coa negativa de CCOO e CIG a asinar o convenio colectivo de alimentación de Lugo, un acordo que deixa una vez mais aos traballadores e traballadoras no furgón de cola das condicions laborais do persoal de GADIS en Galicia.
Dende CCOO levaranse a cabo todas as accións legais necesarias para defender aos compañeiros despedidos e buscar a súa reintegración nos seus postos de traballo.
GADIS, a pesar de ser considerada a empresa máis grande no sector da alimentación, amósase reticente a permitir a liberdade de expresión e sindical. O cadro de persoal uníuse hoxe para apoiar aos compañeiros despedidos e poñer fin a estas prácticas que atentan contra os dereitos das persoas traballadoras.
Esta concentración non só é un acto de solidariedade, senón tamén un chamado á reflexión sobre a importancia de protexer os dereitos sindicais e laborais na nosa sociedade.