Como pode un algoritmo decidir se somos aptos ou non para un posto de traballo? De que tipo de información se nutren? Javier contesta “nútrense dun histórico. Home branco de 30 anos sen cargas familiares (ese é o estereotipo). O algoritmo filtra a información co risco dos prexuízos que a información manexada poida levar. É importante ter unha persoa que xestione eses algoritmos que por desgraza tamén poden ter prexuízos?. Os colectivos máis prexudicados son: Mulleres, persoas maiores, cargas familiares, persoas racializadas, etc.”.
Están a aumentar os despedimentos en España polo uso destes algoritmos? Non diría que poida ser unha variable principal. Si que é verdade que a obtención de información negativa sobre unha persoa traballadora pode levar a unha decisión pouco acertada sobre o seu futuro, que hai anos non sería pensable”..
Nun artígo publicado en El País o pasado 29 de agosto, así o denunciou a secretaria xeral da Seccion Sindical Estatal de Banco Santander, Noemí Trabado, unha das sindicalistas que está a lograr levar aos convenios colectivos o uso dos algoritmos e da Intelixencia Artificial en xeral: “A intelixencia artificial xa non está só ao alcance das grandes empresas, xa se pode alugar", precisa Noemí, quen defende firmemente: "Estes instrumentos úsanse para contratar e despedir, teñen que ter supervisión humana”.
Xa en España trabállase nun Real Decreto onde se tentará que se regulen estes proxectos de intelixencia artificial, aínda que Noemí indica “que unha normativa máis detallada neste tipo de regulacións está presente en varios convenios sectoriais nacionais como os convenios de banca; o de entidades de seguros, reaseguros e mutuas colaboradoras coa Seguridade Social; de enxeñarías; de contact center; ou de tecnoloxías da información e telecomunicacións (TIC).”