content_copy Noticias - Sector Financeiro
Carmen Sangil, elixida Secretaria Xeral da Sección Sindical de Banco Santander en Galicia.
Hoxe, vinte e catro de maio, celebrouse en Santiago de Compostela o Plenario Extraordinario da Sección Sindical de CCOO Banco de Santander Galicia e integración da Sección Sindical de CCOO Grupo Banco Popular Galicia.
Coa previsión dun inminente proceso de integración de ambas entidades presentouse unha única candidatura á Secretaría Xeral e á executiva, quedando esta última integrada na súa maioría polas delegadas e delegados que xa participaban nese órgano de goberno nas súas respectivas seccións.
Na súa intervención, Carmen Sangil quixo agradecer "a xenerosidade e o esforzo pola confianza depositados na súa persoa" xa que "nos imos enfrontar a importantes retos de aquí ao próximo ano". Destacou tamén o valor de demostrar a fortaleza da organización a través do "contacto directo, cercano e persoal cos nosos compañeiros, resolvendo cantas cuestións nos expoñan". Gañar as eleccións que se celebrarán en febreiro do próximo ano foi outra ideal central do seu discurso: "dado o actual momento de dificultade debemos poñer en valor o liderazgo histórico e tradicional dun sindicato de clase como CCOO nos últimos procesos electorais, que é garantía de esforzo, e respaldo ás traballadoras e traballadores"
A partir de agora iníciase unha nova etapa que estará marcada polo proceso de integración das redes de oficinas de ambos bancos. Cabe salientar que CCOO é o sindicato maioritario tanto en Banco Santander como Grupo Banco Popular, e que ambas entidades veñen de pasar por dous Expedientes de Regulación de Emprego que foron afrontados e resoltos de forma notablemente satisfactoria.
CCOO e UGT congratúlanse do «éxito» da folga e da participación «masiva» nas mobilizacións
CCOO denuncia as dificultades para a igualdade efectiva entre homes e mulleres no sector dos servizos
O sector financeiro de CCOO renova órganos co reto de lograr unha solución non traumática no ERE do Pastor-Popular-Santander
CCOO reitéralle ao Santander a petición dunha reunión formal sobre a adquisición do Popular
A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
.jpg)
.jpg)
A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular
A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.
Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue


Santander adquire Banco Popular: A principal preocupación é a defensa do emprego
Ante a difusión hoxe en medios da decisión da Xunta de Resolución Bancaria Europea da adxudicación de Banco Popular a Banco Santander, dende a Federación de Servizos de CCOO en Galicia queremos pór de manifesto que esta noticia debe significar a finalización da incerteza que levan padecendo nas últimas semanas os máis de 1.400 traballadores e traballadoras do Grupo Banco Popular en Galicia. Segue
BBVA: non máis despedimentos, non hai razóns
BBVA despediu a 50 traballadoreslas nos últimos meses, polo que o banco considera"baixa produtividade, intencionada e voluntaria". Nada máis lonxe da realidade: o banco obtivo este ano uns beneficios de 3. 475 millóns de euros, todo para manter unhas inmorais retribucións de 2. 200 Directivos, faltos de talento para o posto que desempeñan e que son incapaces de acadar as cifras de beneficios que xustifiquen as súas altísimas remuneracións.
Están preparando o terreo para acelerar o "Banco Dixital"e atentar agora contra o emprego de todos e todas nós. A Reforma Laboral de 2012 favorece a impunidade empresarial para levar a cabo estes despedimentos inxustos, que o banco, nos xulgados, recoñece como improcedentes, pero que deixan na rúa a 50 familias. Ademais, con estes despedimentos,"pinga a pinga", BBVA persegue manter amedrentado a todo o seu persoal.
Ante esta actitude dos novos responsables de Recursos Humanos en BBVA, que destrúe emprego, o conxunto da representación sindical de BBVA mobilizámonos co cadro de persoal para ir desenvolvendo as accións necesarias ante a sociedade, que deixen en evidencia o falso discurso de Ética e Responsabilidade Social que manexa o BBVA. Atentar contra o emprego é agredir ao personal así como unha irresponsabilidade social.


content_copy Más información
Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más









