content_copy Noticias - Contact Center

eleccións 061

CCOO Servizos acada a maioría nas eleccións do 061 en Santiago

Nas eleccións parciais celebradas hoxe 30 de xuño no 061 de Santiago, CCOO Servizos acadou un total de tres delegados para un comité de cinco, quedando os outros dous repartidos entre UGT e CUT. Cabe salientar o avance suscrito pola Federación de Servizos xa que na anterior convocatoria foron elixidos dous delegados de CCOO.

Esta maioría amosa o gran apoio do personal do 061 ao traballo realizado por CCOO Servizos nesa empresa. Agradecemos a todas/os o apoio recibido e lembramos que as/os nosas/os delegados sempre terán a total disposición de defender os dereitos laborais de todas/os as/os traballadoras/es.
Banco Santander Banco Popular
O sindicato pídelle «axilidade» ao banco para clarificar a situación e lémbralle que «as persoas son o primeiro»

CCOO reitéralle ao Santander a petición dunha reunión formal sobre a adquisición do Popular

A sección sindical de CCOO-Servizos no Banco Santander reiteroulle hoxe á entidade, como principal interlocutora, unha reunión formal para que informe sobre a adquisición do Banco Popular. O sindicato demanda «axilidade» para ter canto antes información «de primeira man» sobre este proceso, alén do que diariamente se publica nos medios de comunicación e que está a xerar «intranquilidade» nos cadros de persoal de ambas as dúas empresas. Segue
O Grupo Parlamentario Socialista concorda co sindicato en que a venda do Popular orixina unha situación "complexa" e ofrece a súa colaboración

A Federación de Servizos de CCOO continúa a rolda cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia continúa a rolda de conversas cos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular. Tras as xuntanzas do martes con En Marea e PP, hoxe tivo lugar unha reunión con representantes do Grupo Parlamentario Socialista. Segue

reunión PSOEreunión psoe

A Federación de Servizos de CCOO reúnese cos grupos parlamentarios para tratar a situación do Banco Popular

A Federación de Servizos de CCOO de Galicia está a manter reunións cos distintos grupos parlamentarios galegos para abordar a problemática xurdida por mor da venda do Grupo Banco Popular ao Banco Santander. Hoxe celebráronse reunións cos grupos políticos En Marea e Partido Popular , estando previsto para mañá, día 14, un encontro co PSG.

Nas xuntanzas de hoxe, a delegación de CCOO-Servizos estivo integrada pola secretaria xeral, Lucía Trenor, a responsable da sección sindical do Banco Popular, Carmen Peteiro, e polo responsable do sector financeiro de CCOO, Francisco Villares. Segue



Xosé González

Xosé González, elixido Secretario Xeral no Plenario da Sección Sindical de CCOO Teleperformance Galicia

O pasado martes 6 de xuño tivo lugar o plenario da sección sindical de CCOO Teleperformance Galicia, no que se debateron os plans de traballo para realizar en Galicia, ademais de elixirse os novos órganos de dirección.

Saíu elixido co 100% dos votos tanto o novo secretario xeral, Xosé González Paz, coma a nova executiva, composta por 4 persoas de distintas campañas.

No plenario valoramos o plan de traballo desta sección sindical, e debatemos sobre os problemas máis importantes que afectan ao persoal de Teleperformance, de cara a buscar solucións para cada un deles, temas coma formación, saúde laboral, conciliación ou incentivos.

O sector segue maioritariamente o paro en defensa dun convenio digno que acabe coa precariedade.

O 70% do persoal secunda a folga en Contact Center

Os persoais de Contact Center saíron hoxe á rúa en varias manifestacións convocadas en apoio á folga de 24 horas que se está producindo en todo o estado.
O 70% do persoal secundou a folga en defensa dun convenio digno para o sector cuxa negociación segue atascada desde hai máis de 22 meses.

A patronal segue mantendo as súas posicións alongando premeditadamente a negociación, o que supón que o persoal non obteña subidas salariais, os contratos sigan sendo de Obra e Servizos, que as xornadas parciais sexan o habitual, sigan sufrindo quendas onde se traballan até 11 días seguidos e que cada vez haxa máis subcontratación a través de ETT ou empresas Multiservicios.

Hoxe en Coruña:



Continúan as mobilizacións en todo o Estado

Concentración polo Convenio Contact Center: a prol do desbloqueo da mesa de negociación

A patronal non acudiu á mesa de convenio do día 17 e desde CCOO parécenos lamentable que coa xornada de folga convocada para o luns 28 de novembro sigan desaproveitando as opcións previas para reconsiderar algunhas das posturas expostas e poder chegar a algún acordo.

Isto non fai máis que reforzar a alternativa da folga, xa que o persoal está farto desa postura inmobilista e despectiva ante as reivindicacións por un convenio xusto. Así, o 28 de novembro #ColgamosLosCascos para que a caída dos servizos das empresas clientes faga reflexionar á patronal.

Hoxe, en Coruña e Vigo celebráronse concentracións reclamando o desbloqueo das negociacións e para facer pública unha vez máis a realidade diaria dun sector precario e empobrecido.



Máis imaxes

A Patronal mantén unha postura inmobilista

Convenio Contact Center: Convocadas novas concentracións e xornada de folga #COLGAMOSLOSCASCOS

Debido ao bloqueo na mesa de negociación por parte da Patronal, CCOO e o resto de sindicatos presentes na mesa de convenio convocamos unha nova xornada de mobilizacións o día 18 - en Galicia en A Coruña e Vigo - e folga 24 h. para o luns 28 de novembro. A patronal  só insiste en manterse nas súas posturas, e mentres adícase a pór pedras até no que lle gañamos nos tribunais, como o non pago dos incentivos en vacacións. Se queren que de novo nos mobilicemos masivamente, que toda a sociedade se faga eco dos seus incumprimentos e que as empresas e os clientes sufran os efectos do seu inmobilismo, iso é o que van conseguir.

Pois o 18 e  28 de novembro volverémoslles a dicir que xa está ben!  #COLGAMOSLOSCASCOS

content_copy Más información

Calendario Laboral

Calendario Laboral 2025

Días festivos estatales y por comunidad 2025

Utilidades Herramientas simuladores y calculadoras

Simuladores y utilidades

Simuladores y calculadoras, laboral y social
Fotografías Sindicales

Fotos Servicios CCOO

Canal de Servicios CCOO en Flickr
Vídeos de Servicios CCOO

Vídeos Servicios CCOO

Canal de Youtube de Servicios CCOO
Falacias y mentiras sobre los sindicatos

Falacias y mentiras

Falacias, mentiras y verdades sobre los sindicatos
Histórico de Artículos

Histórico

Histórico de artículos de Servicios CCOO

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64 / 91 536 51 42
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96