content_copy Noticias - Union Comarcal Vigo
Convocatoria asembleas nivel I Federación de Servizos
O pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a renovar con elas todas as estruturas de CCOO.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO.
A pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e Financeiros, o Comercio, a HostalarÃa, Seguros, EnxeñarÃas, Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.
Sete mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos, demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento ante conflitos individuais ou colectivos. Segue
Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en LIDL SUPERMERCADOS
A Comisión Executiva da Federación de Servicios de CCOO, na súa reunión do pasado 1 de decembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario de Constitución da Sección Sindical Estatal de LIDL SUPERMERCADOS que se celebrará en Madrid o próximo 9 de febreiro de 2017, asà como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, asà como do Regulamento interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario LIDL Galicia GL Normas Plenario LIDL Galicia ES
Desconvocada a folga de Comercio-Alimentación da provincia de Pontevedra
Nas asembleas celebradas no dÃa de hoxe, cunha participación de máis de 300 persoas, e que foron convocadas para valorar o preacordo ao que se chegou o pasado dÃa 2 e decidir sobre a folga convocada para os dÃas 5 e 7 de decembro, decidiuse por unanimidade validar os termos do acordo acadado entre a patronal e os catro sindicatos presentes na mesa de negociación, coa participación en calidade de mediadores do AGA de Jose Mª Casas e Ana Pouso.
Os termos de este acordo de mellora sobre o actual convenio son os seguintes:


Folga no Comercio de Alimentación de Pontevedra
Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra
O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado dÃa 26 á que asistiu máis da metade do persoal.
Nesta asemblea explicouse a proposta que sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, asà como a intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de traballo desta provincia.
Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.
Tras expoñer a situación aos asistentes á asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.
Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo realizado por CCOO.
Desde CCOO queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra: xornadas de folga e mobilización os próximos dÃas 5 e 7 de decembro
Nas asembleas celebradas no dÃa de hoxe para valorar a situación do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, cunha participación de máis de 200 persoas, presentouse por parte dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación a última proposta da patronal.
A patronal maioritaria (ASAP) expuxo na última reunión, coa presenza dos mediadores do AGA, a seguinte proposta, na que a premisa é a conxelación da antigüidade: Segue
Asemblea urxente: Información Convenio Comercio Alimentación (Vigo e Pontevedra)
Despois da última asemblea informativa sobre a situación do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación de Pontevedra, as centrais sindicais representadas na mesa de negociación, CCOO, CIG, UGT e USO, despois de varias reunións e unha mediación, vémonos na obriga de convocar ASEMBLEA URXENTE para explicarvos en que situación se atopan as negociacións.
ASEMBLEA EN VIGO: DÃa 27 de novembro ás 11:30 hrs. nos locais da CIG, Rúa Gregorio Espino, 47
ASEMBLEA EN PONTEVEDRA: DÃa 27 De novembro ás 11:30 hrs. nos locais sindicais, Rúa PasanterÃa.
É IMPRESCINDIBLE A VOSA PARTICIPACIÓN, ACUDIDE!
¡POR UN CONVENIO DIGNO, POR UN CONVENIO XUSTO!
content_copy Destacadas

¿QUIERES RECLASIFICAR A NIVEL 1 APLICANDO LO QUE DICE EL CONVENIO?
La Dirección de la Empresa y CSIF rechazan aplicar el convenio colectivo en perjuicio de la plantilla

MANIFIESTO DE CCOO EN TRAGSATEC: ¡NO A LA CORRUPCIÓN!
Tragsatec bajo la lupa por las denuncias de irregularidades en contratación y gestión

Falta de acuerdo en el SIMA el 3 de abril de 2024
CCOO Tragsatec registra solicitud para recuperar los días de desplazamiento del permiso de Accidente o enfermedad grave, hospitalización o intervención quirúrgica sin hospitalización que requiera reposo domiciliario.
content_copy Más información
Infórmate
CCOO Tragsatec es la Sección Sindical de Comisiones Obreras en Tragsatec
Enlaces de interés
SÃguenos en Telegram
Canal de información
Dónde estamos
CCOO Tragsatec cuenta con una implantación en todo el territorio.
Si necesitas ponerte en contacto con tu representación de centro de trabajo, puedes escribir a través del formulario
o directamente en el Email: tragsatec@servicios.ccoo.es
Representación por provincias (Ver Listado)
Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, HostelerÃa, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más
SÃguenos en Telegram
Enlaces de interés
2026 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto












