Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Huelga, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Union Comarcal Arousa, Comercio, Comercio Galicia

A asemblea de traballadoras e traballadores decide por unanimidade referendar o preacordo do convenio

Desconvocada a folga de Comercio-Alimentación da provincia de Pontevedra


Nas asembleas celebradas no día de hoxe, cunha participación de máis de 300 persoas, e que foron convocadas para valorar o preacordo ao que se chegou o pasado día 2 e decidir sobre a folga convocada para os días 5 e 7 de decembro, decidiuse por unanimidade validar os termos do acordo acadado entre a patronal e os catro sindicatos presentes na mesa de negociación, coa participación en calidade de mediadores do AGA de Jose Mª Casas e Ana Pouso.

Os termos de este acordo de mellora sobre o actual convenio son os seguintes:

negociadores CCOOasemblea


  • Vixencia de catro anos cun incremento en tódolos conceptos económicos do 1% para 2016, 1% para 2017, 1´5% para 2018 e 1´5% para 2019. No referente a xornada, 20 minutos de descanso retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas.

  • No referente a xornada, 20 minutos de descanso retribuído para xornadas continuadas de máis de 6 horas.

  • Prioridade para as contratacións de tempo parcial para ocupar as vacantes a tempo completo e consolidación do 50% das horas complementarias estruturais traballadas nun período de 18 meses.

  • Dereito ao desfrute de 16 días de vacacións entre o 1 de xuño e o 30 de setembro para o 100% do cadro de persoal, manténdose as condicións máis beneficiosas.

  • Nos casos de solicitude de licenza por asuntos propios elimínase a obriga de presentar xustificante.

  • Posibilidade de acumular o período de lactación nun total de 22 días consecutivos.

  • Ampliar aos 14 anos do fillo a posibilidade de redución de xornada por garda legal.

  • Ampliar ata os cinco anos a excedencia por coidado de fillos con reserva do posto de traballo, e ata 3 anos de duración para atender o coidado dun familiar ata o 2º grao de consanguinidade ou afinidade.

  • Acórdase a constitución dunha comisión a fin de tratar determinadas cuestións do Convenio Colectivo durante a vixencia do mesmo.

 Por parte de CCOO facemos unha valoración positiva deste acordo, tendo en conta que se axusta ao obxetivo principal que tiñamos no inicio desta negociación que era mellorar as condicións do anterior convenio. Con este novo convenio acadamos melloras na necesidade de conciliación, nas condicións das persoas contratadas a tempo parcial e unha mellora nas condicións económicas que estaban en risco pola insistencia da patronal na conxelación da antigüidade, a eliminación da promoción profesional automática e a eliminación do complemento para as situación de baixa por IT.

CCOO tamén queremos facer unha especial mención á participación activa dun gran número de traballadores e traballadoras nas asembleas, que nos puxeron as cousas un pouco máis doadas, reforzando a parte social na mesa negociadora.

A partires de agora CCOO pómonos a disposición das persoas traballadoras do sector, para acadar a necesidade de que as condicións recollidas no convenio se cumpran. Nesta central sindical temos claro que non podemos relaxarnos unha vez acadado o acordo, e que calquera convenio non é bo nin malo por si mesmo, senón porque realmente se aplique.