error al insertar registro: Table './servicioses/lectura' is marked as crashed and last (automatic?) repair failed
25 DE NOVEMBRO. Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.



25 DE NOVEMBRO. Día Internacional pola Eliminación da Violencia contra as Mulleres.


CCOO e UGT convocan concentracións nas comarcas de Galicia pola mañá.
A Secretaría da Muller de CCOO de Galicia chama á cidadanía galega a participar nestas concentracións e tamén nos actos convocados pola Plataforma de Mulleres de Galicia.

Queremos concienciar a toda a sociedade sobre a insoportable extensión da violencia, de todas as violencias machistas: a que sofren as mulleres a mans das súas parellas ou ex-parellas, o acoso sexual e por razón de sexo no traballo, a intimidación na rúa, o acoso na Internet, o abusivo control con que son subxugadas as mozas e, en especial, as terribles consecuencias que estes ataques carrexan na saúde, a integridade, a dignidade e a vida laboral das mulleres.

Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,
O día 24 en rolda de prensa, as responsables da Muller do S.N. de CCOO de Galicia e de UGT Galicia presentarán un manifesto conxunto e a moción que entregarán na Delegación do Goberno ao rematar as concentracións do día 25.

CONCENTRACIÓNS CONVOCADAS

A CORUÑA: 12:00 Fronte á Delegación do Goberno (praza de Ourense)
FERROL: 12:00 Fronte ao edificio da Xunta (praza de Camilo José Cela)
LUGO:12:00 Fronte á Subdelegación do Goberno
OURENSE: 12:00 Fronte á Subdelegación do Goberno
VIGO:13:00 Diante do edificio da Xunta
PONTEVEDRA:12:00 Diante da Subdelegación do Goberno