Convócase unha concentración o dÃa 3 de febreiro diante de Palexco (Peirao de Transatlánticos, A Coruña)
Contra o abuso patronal en ABANCA. Non aos despedimentos
Xa comunicáramos que a dirección de Abanca decidira trasladar as relacións sindicais desde a negociación ao enfrontamento: o horario comercial incompatible co horario laboral, o rexistro de xornada, as convocatorias fóra de horario, ...
Nas últimas semanas, reforzáronse as agresións contra o persoal baixo o manto de "a potestade empresarial":
A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta "en seguimento" de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que "din o que quero".
Todos estamos afectados e xa hai quen se encargou de propagar a mensaxe: "coidado co que fas que xa sabes o que está a pasar". Para a nosa desgraza, a estrutura de Abanca está trufada de "xefes tóxicos" que campan ás súas anchas, incapaces de dirixir de forma eficiente os seus equipos e dedicados a conservar a súa posición por encima de calquera cousa. Desexamos que lles chegue pronto o seu San Martiño.