content_copy Noticias - Comercio Galicia
A Patronal impide avanzar na negociación do Convenio Comercio-Alimentación de Pontevedra
Trala quinta reunión da mesa negociadora temos que informarvos que non hai ningún avance de importancia. Polo de agora presentamos e detallamos as plataformas de cada un dos sindicatos presentes na negociación (CCOO, CIG, UGT e USO) e recibimos as pretensións da patronal.
O problema que está a dificultar a negociación é a falta de acordo entre as dúas patronais presentes na mesa sobre cal é a representatividade que ten cada unha de elas. CC.OO. entendemos que este é un asunto que deben resolver eles fora da mesa e que non debe entorpecer a negociación. Esperamos que na próxima reunión poidamos comezar a falar do que realmente nos preocupa, sacar adiante este convenio, e se deixen de disputas internas que non traen nada positivo.
Grupo Champion Carrefour. Firmado el convenio Colectivo
CCOO Servizos gaña as eleccións en Coop. Las RÃas A coruña e revalida a súa maiorÃa
CCOO Servizos gaña as eleccións en Egasa XXI A coruña e revalida a súa maiorÃa
CCOO-Servizos traballará para homoxeneizar condicións laborais en Inditex

Reunión de delegadas e delegados de CCOO Servizos do Grupo Inditex
O vindeiro 5 de abril terá lugar en Santiago a primeira reunión de representantes da Federación de Servizos de CCOO Galicia no Grupo Inditex, onde, entre outras cuestións, se analizará a situación da Negociación Colectiva das marcas que forman parte dese grupo (Zara, Berska, Stradivarius, Lefties, ...).
Unificar criterios en canto a negociación, potenciar a coordinación para aproveitar os recursos que o sindicato pon á súa disposición, mellorar a comunicación e aumentar a afiliación serán cuestións que centrarán o encontro.
Preténdese incrementar o compromiso de posta en común periódica aportando experiencias e intercambiando criterios sobre problemática laboral e traballo sindical, asà como coñecer de primeira man a situación do personal de cada centro de traballo.
Qué está pasando en Media Markt Vigo?
Tanto CCOO como CIG sinalamos que a empresa se está a aproveitar da reforma laboral para despedir persoal con contrato a tempo completo para, no seu lugar, facer contratos por horas. Tamén se está producindo unha deterioración das condicións laborais, coa obriga de traballar domingos e facer horas extraordinarias. Asà mesmo, o persoal, en moitos casos, descoñece o seu propio horario o dÃa antes de comezar a xornada.
Criticamos o degradado sistema de relacións laborais dunha empresa que se gaba na prensa do seu modelo empresarial. Denunciamos, asà mesmo, que hai «ameazas constantes» de despedimento para que o persoal non proteste ante a deterioración das condicións de traballo.
CCOO Servizos gaña as eleccións en Lidl Pontevedra
CCOO agradécelles aos traballadores e traballadoras a participación no proceso electoral e a confianza depositada na candidatura deste sindicato, que mellorou resultados respecto dos anteriores comicios, cando conseguira tres delegados.
Comeza a Negociación Colectiva no sector do Comercio da Provincia de Pontevedra
Neste ano 2016 cómpre negociar dez convenios de comercio nesta provincia, dos que catro terminaron a súa vixencia en 2015 (Comercio Alimentación, Comercio retallista téxtil, Comercio do moble e Comercio de materiais de construción) e seis fixérono en anos anteriores (Comercio de bazares, Comercio metal e Comercio almacenistas de froitas, en 2014 e Comercio de peixe fresco 2010, Venda por xunto de tecidos 2012 e Comercio da pel 2009).
A primeira mesa que se constituiu foi a de Comercio de materiais de construción, na que despois de tres reunións a formulación da patronal segue sendo a conxelación salarial, baseándose na mala situación que segue soportando o sector. Por parte de CCOO as propostas seguen sendo a necesidade de incrementar as táboas salariais unida á inclusión de melloras normativas, sobre todo na xornada de traballo.
Tamén se constituiron as mesas de negociación dos convenios de Comercio do Moble e de Comercio Alimentación. No primeiro caso a representación de CCOO é o 100%, polo que xa fixemos entrega da nosa plataforma, do mesmo xeito que no segundo, no que pola parte social estaremos CCOO, CIG, UGT e USO, sen que ningún dos tres sindicatos teña a maiorÃa absoluta.
Esperamos que axiña poidamos iniciar a negociación do convenio de Comercio retallista téxtil. Continuamos instando á patronal para que nos convoque.
Sobre os Convenios que remataron a súa vixencia en anos anteriores sen sequera constituÃrense as mesas de negociación, seguimos insistindo e ante a falta de resposta por parte da patronal estamos a estudar outro tipo de medidas legais para conseguir sacar da parálise na que están os traballadores e traballadoras afectados polos mesmos.
As formulacións que estamos a facer CCOO nas nosas plataformas baséanse na mellora dos salarios, das condicións de xornada de traballo para garantir a conciliación e na regulación da contratación.
content_copy Destacadas

¿QUIERES RECLASIFICAR A NIVEL 1 APLICANDO LO QUE DICE EL CONVENIO?
La Dirección de la Empresa y CSIF rechazan aplicar el convenio colectivo en perjuicio de la plantilla

MANIFIESTO DE CCOO EN TRAGSATEC: ¡NO A LA CORRUPCIÓN!
Tragsatec bajo la lupa por las denuncias de irregularidades en contratación y gestión

Falta de acuerdo en el SIMA el 3 de abril de 2024
CCOO Tragsatec registra solicitud para recuperar los días de desplazamiento del permiso de Accidente o enfermedad grave, hospitalización o intervención quirúrgica sin hospitalización que requiera reposo domiciliario.
content_copy Más información
Infórmate
CCOO Tragsatec es la Sección Sindical de Comisiones Obreras en Tragsatec
Enlaces de interés
SÃguenos en Telegram
Canal de información
Dónde estamos
CCOO Tragsatec cuenta con una implantación en todo el territorio.
Si necesitas ponerte en contacto con tu representación de centro de trabajo, puedes escribir a través del formulario
o directamente en el Email: tragsatec@servicios.ccoo.es
Representación por provincias (Ver Listado)
Infórmate
CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, HostelerÃa, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más
SÃguenos en Telegram
Enlaces de interés
2026 © CCOO SERVICIOS. Aviso Legal | Contacto










