Archivado en Convenios Colectivos, Negociacion Colectiva, Condiciones de trabajo, Comunicados convenio, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Comercio, Comercio Galicia

Supón melloras en dous sectores fortemente afectados pola crise

Asinados os convenios de Comercio de Mobles e Comercio de Materiais de Construción da provincia de Pontevedra

Na sinatura destes dous convenios tivemos en conta que son dous sectores tocados especialmente pola crise con empresas que xa pecharon, outras que están con ERTES continuos e sen demasiadas perspectivas de mellora, polo que estabamos obrigados a tomar unha posición responsable. De todas maneira conseguimos asinar, aínda que sexa de forma moderada, incremento salarial para cada un dos anos de vixencia e algunha mellora máis. Segue

Texto Convenio Comercio Mobles

Texto Convenio Materiais de Construcción


Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,


pdf print pmail

Comercio do Moble da provincia de Pontevedra, chegamos a un acordo e asinouse este convenio cos seguintes cambios sobre o convenio anterior:

  • Incremento salarial do 0?25% para 2016, 0?50% para 2017 e 0?75% para 2018.

  • Licencia para acompañamento de fillo menor de 14 anos a asistencia médica.

  • Sometemento o AGA e a Comisión Tripartita Galega para inaplicación de convenios para solución de conflitos e posibles descolgues sen acordo.

Comercio Materiais de Construción: O pasado 26 de maio decidimos firmar o convenio CCOO e UGT, negándose a asinalo a representación de CIG, situándose en reivindicacións maximalistas que son claramente inasumibles pola parte empresarial e dificilmente defendibles na situación actual.

As condicións de modificación sobre o anterior convenio son as seguintes:

  • Vixencia de 2 anos, ata o 31 de decembro de 2017.

  • Incremento salarial para 2016 do 0,75% e para 2017 o 1,25%, con cláusula de revisión a final de 2017 sobre o IPC real e sen carácter retroactivo.

  • Establecer como días de licenza retribuída os días 24 e 31 de decembro de 2016 e 7 de xaneiro e 9 de decembro de 2017.

  • 1 día por matrimonio de parentes hasta 2º grao.

  • Posibilidade de implantar un protocolo de actuación para a prevención e tratamento do acoso sexual ou moral nos centros de traballo.

  • Incluír nas competencias dos Comités de Empresa a obriga de recibir información polo menos anualmente sobre a aplicación na empresa do dereito de igualdade no trato e de oportunidades entre homes e mulleres.

  • Obrigatoriedade de elaborar un Plan de Igualdade nas empresas que superen os 250 traballadores e traballadoras.

  • Solución de conflitos a traveso do AGA e a Comisión Tripartita Galega para a inaplicación de convenios colectivos.

Tras esta sinatura só resta a súa publicación no Boletín.

Vigo a 17 de xuño de 2016

Infórmate

CCOO Servicios es un sindicato, es Comisiones Obreras en los sectores de Comercio, Financiero, administrativo, de las TIC, Hostelería, Contact-center, Oficinas, Turismo... Leer más


Síguenos en Telegram

Dónde estamos


OFICINAS CENTRALES
C/ Albasanz, 3 1º Planta
28037 Madrid
Tel: 91 540 92 82
Asesoría Madrid 91 536 51 63-64
Otras Comunidades
Fax: 91 559 71 96
Email: contacta@servicios.ccoo.es