Comercio do Moble da provincia de Pontevedra, chegamos a un acordo e asinouse este convenio cos seguintes cambios sobre o convenio anterior:
-
Incremento salarial do 0?25% para 2016, 0?50% para 2017 e 0?75% para 2018.
-
Licencia para acompañamento de fillo menor de 14 anos a asistencia médica.
-
Sometemento o AGA e a Comisión Tripartita Galega para inaplicación de convenios para solución de conflitos e posibles descolgues sen acordo.
Comercio Materiais de Construción: O pasado 26 de maio decidimos firmar o convenio CCOO e UGT, negándose a asinalo a representación de CIG, situándose en reivindicacións maximalistas que son claramente inasumibles pola parte empresarial e dificilmente defendibles na situación actual.
As condicións de modificación sobre o anterior convenio son as seguintes:
-
Vixencia de 2 anos, ata o 31 de decembro de 2017.
-
Incremento salarial para 2016 do 0,75% e para 2017 o 1,25%, con cláusula de revisión a final de 2017 sobre o IPC real e sen carácter retroactivo.
-
Establecer como días de licenza retribuída os días 24 e 31 de decembro de 2016 e 7 de xaneiro e 9 de decembro de 2017.
-
1 día por matrimonio de parentes hasta 2º grao.
-
Posibilidade de implantar un protocolo de actuación para a prevención e tratamento do acoso sexual ou moral nos centros de traballo.
-
Incluír nas competencias dos Comités de Empresa a obriga de recibir información polo menos anualmente sobre a aplicación na empresa do dereito de igualdade no trato e de oportunidades entre homes e mulleres.
-
Obrigatoriedade de elaborar un Plan de Igualdade nas empresas que superen os 250 traballadores e traballadoras.
-
Solución de conflitos a traveso do AGA e a Comisión Tripartita Galega para a inaplicación de convenios colectivos.
Tras esta sinatura só resta a súa publicación no Boletín.
Vigo a 17 de xuño de 2016