Archivado en Cooperación, Convocatorias

Concentracións o mércores 16 en toda Galicia contra o acordo UE-Turquía para deportar as persoas refuxiadas


Organizacións políticas, sindicais e sociais convocan concentracións en toda Galicia para mañá mércores, día 16 de marzo. Con estas mobilizacións quérese amosar o rexeitamento contra o acordo «inmoral, vergoñoso e ilegal» entre a Unión Europea e Turquía para deportar as persoas refuxiadas.



Este artículo se publicó originalmente en GALICIA (Federación de Galicia) ,
As organizacións convocantes consideran que esta actuación vulnera a Carta de Dereitos Humanos, a Carta de Dereitos Fundamentais da UE e a Convención do Estatuto do Refuxiado. Ante esta situación, instan o Goberno español a non apoiar o devandito acordo e convocan os galegos e galegas a participaren nas mobilizacións.

CONCENTRACIÓNS:
? A Coruña: ás 20 h diante do Obelisco
? Ferrol: ás 20 h diante do edificio da Xunta (praza de España)
? Santiago de Compostela: 20 h na praza do Toural
? Burela: ás 20 h diante do Concello
? Lugo: ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno
? Ourense: ás 19:30 h diante da Subdelegación do Goberno
? Vilagarcía de Arousa: ás 20 h na praza de Galicia
? Vigo: ás 20 h diante do Museo de Arte Contemporánea (MARCO)
 
MANIFESTACIÓN:
? Pontevedra: ás 20 h desde a praza da Peregrina ata a Subdelegación do Goberno