Tras detectar irregularidades laborais, CCOO instou a empresa a solucionalas. Ante a súa negativa, o sindicato puxo os feitos en coñecemento da Inspección de Traballo. Tras estudar o caso, a autoridade laboral obrigou a Fundación a pagalles aos traballadores e traballadoras uns 14.000 euros en concepto de salarios e cotizacións sociais non percibidos durante as baixas médicas.
A Fundación reaccionou con máis represión contra o seu persoal, malia que iso implicase prexudicar as persoas usuarias. Concretamente, Proxecto Home Galicia pechou na última semana os centros de Lugo e de Pontevedra, obrigando o persoal afectado a recolocarse en Santiago de Compostela ou Vigo. Esta medida provocou que a fundación non poida atender o mesmo número de persoas usuarias, polo que xa as está a derivar a outros centros situados fóra de Galicia.
Para CCOO é «intolerable» que Proxecto Home se aproveite das persoas usuarias para «chantaxear» os seus propios traballadores e traballadoras, «persoal moi cualificado que realiza un labor social fundamental».
A Fundación Monte do Gozo - Proxecto Home ten como obxectivo principal a atención a persoas con diferentes adiccións. En Galicia conta con dous centros en Santiago de Compostela, un en Oleiros, un en Ourense e outro en Vigo.