UGT e CCOO convocamos folga os días 16, 17, 18 e 19 de abril no sector de oficinas e despachos de Pontevedra
A patronal manifestou a súa liña vermella de eliminar a antigüidade na última reunión da mesa negociadora do convenio de oficinas e despachos da provincia de Pontevedra do pasado 19 de marzo, á cal nos opoñemos frontalmente a parte social. Por este motivo nos emprazamos ao 12 de abril para tentar desbloquear a situación. Porén, onte á tarde comunicóusenos a anulación da xuntanza prevista para hoxe.
É por iso que, dacordo tamén ás asembleas de traballadores/as levadas a cabo, UGT e CCOO convocamos unha folga na provincia de Pontevedra de 4 días, dende o 16 ata o 19 de abril, na que ti poderás escoller o día que queres facer folga sen necesidade de preavisar a ninguén. Ditas folgas convócanse en protesta respecto ao intento da patronal de seguir precarizando as condicións económicas e laborais do sector de Oficinas e Despachos de Pontevedra. As persoas traballadoras do sector non son persoal de segunda e merecen condicións laborais similares ás doutras provincias.
Así mesmo, convocamos unha concentración o día 18 de abril as 19:30 horas diante da sede da CEP Pontevedra. Esperámosvos a todos/as, é o momento de dicir BASTA XA!!!
Demandamos a Decathlon por vulneración do dereito á Liberdade Sindical
Presentamos unha demanda de tutela contra a empresa Decathlon pola vulneración do dereito fundamental de liberdade sindical. Esta demanda ven motivada pola negativa da empresa a aportar documentación e información relativa ás condicións laborais do persoal, por impedir o desenvolvemento da nosa actividade sindical negando o uso do crédito horario e por tomar represalias laborais cara ao activo sindical de CCOO, entre outras prácticas. Ler máis
14.981 sinaturas (55,13% do persoal) apoian en só 8 días a campaña de CCOO
Á dirección do Grupo Inditex: Trala publicación dos beneficios do Grupo Inditex (5.381 millóns, cun incremento do 30%) as traballadoras e traballadores do Grupo pedimos que se repercutan, de forma xusta e equitativa, en quen os facemos posíble: en todas as persoas traballadoras de todas as cadeas de todo o Estado, con avances reais e globais nas mesas estatais, homologando condicións:
- Desenvolvemento do Plan de Igualdade: Fins de semana de calidade, ampliacións de xornada...
- Defensa integral da saúde: Carga de traballo, climatización, protocolos de violencia.
- Xestión da madurez: Prexubilacións, reducións de xornada, aumento de días de vacacións, plan de pensións de emprego...
- Desenvolvemento doutros aspectos salariais: Prima de vinculación, Plus de antigüidade, Sistema de incentivos e transparencia nas comisións, Aplicación do incentivo de dependenta a todas as cadeas por igual, Aumento do desconto e límite Affinity.
O momento é AGORA. Porque TODAS somos INDITEX
Asinado entre o 15 e o 22 de marzo de 2024 por persoas traballadoras de Inditex (55,13% do persoal de tendas) Ler máis
CCOO Inditex mobiliza a máis de 500 delegadas en 8 cidades e recolle 13.843 sinaturas (50,94% do persoal) en só 7 días
CCOO, sindicato maioritario en Inditex, impulsou a mobilización do seu activo sindical fronte ás tendas de Inditex en 8 cidades e a da plantilla a través dunha recollida de firmas subscrita por máis da metade das 27.176 persoas traballadoras nas tendas, para esixir a Inditex avances reais nas negociacións a nivel estatal, para mellorar de forma xusta e equitativa as condicións laborais no conxunto de marcas e territorios, tras os beneficios récord obtidos. Inditex, atendendo esta campaña de mobilización de CCOO, convocou Mesa estatal o 3 de abril.
O Grupo Inditex declarou uns beneficios de 5.381 millóns, cun incremento do 30% respecto ao exercicio anterior. Na súa actividade en España, superou os 1.600 millóns de beneficios e os 5.665 millóns en vendas, o que supón 200.000 euros en vendas por persoa empregada en tendas. Con todo, estes beneficios non están revertendo na plantilla en forma de mellora global, en todas as marcas e territorios, das súas condicións laborais, ao non haber avances reais nas negociacións estatais.
Ante esta situación, máis de 500 delegadas e delegados de CCOO mobilizáronse en Madrid, Barcelona, Sevilla, Málaga, Valencia, Bilbao, Las Palmas e Vigo. Ademais, o sindicato recolleu en tan só 7 días 13.843 firmas, desde o 15 ao 21 de marzo: É dicir, o 50,94% da plantilla do Grupo Inditex asinou para apoiar a campaña de CCOO e que os beneficios do Grupo revertan de forma xusta e equitativa, en quen os fan posible: en todas as persoas traballadoras de todas as cadeas de toda España, con avances reais e globais nas Mesas estatais, homologando condicións ao alza.
Atendendo á reclamación de CCOO de establecer marcos de negociación onde se defendan os intereses de todas as plantillas do Grupo Inditex en todos os territorios, o Grupo Inditex dirixiuse a CCOO, como sindicato maioritario, anunciándolle convocatoria de Mesa estatal o próximo 3 de abril.
22M: Seguimento masivo da folga na Banca, cunha participación do 75,8%
Un 75,8% das 80.000 persoas traballadoras da Banca secundaron a folga hoxe venres 22 de marzo. Agradecemos expresamente ao persoal do sector o seguimento dunha convocatoria histórica.
Exiximos ao Banco Santander, BBVA, Banco Sabadell, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe principal que trasmitiron os seus cadros de persoal: que queren un convenio, como mínimo, como o que as patronais de Aforro e Cooperativas de Crédito asinaron: Con incrementos salariais xustos e que se apliquen a todo o persoal, non de forma discrecional segundo os criterios das direccións.
Os datos de seguimento por entidades, segundo as estimacións de CCOO, UGT y FINE, son os seguintes:
Esiximos ás cúpulas do Banco Santander, BBVA, Bankinter, Deutsche Bank e ao resto de entidades da AEB que escoiten a mensaxe que lles transmitiron os cadros de persoal, aos cales lles están negando un convenio, como mínimo, como o que pactaron os sindicatos coas entidades de Aforro e Caixas Rurais:
Esiximos á AEB que escoite a mensaxe rotunda lanzada polos seus cadros de persoal: Que están dispostas a loitar por un convenio que realmente supoña, de forma efectiva e tanxible, incrementos salariais xustos e que se apliquen a todas as persoas traballadoras, non de forma discrecional segundo os criterios das súas direccións.
INFOGRAFÍA: