Archivado en Comunicado breve, Negociacion Colectiva, Convocatorias, Union Comarcal Vigo, Union Comarcal Pontevedra, Servizos Administrativos, Accion sindical
A loita por condicións laborais dignas no convenio de oficinas e despachos de Pontevedra. Concentración e rolda de prensa
Trala convocatoria de folga convocada para os días 16, 17, 18 e 19 de abril pola Federación de Servizos de CCOO en Galicia e UGT, o 18 de abril levouse a cabo unha rolda de prensa onde se denunciou publicamente o bloqueo por parte da patronal do convenio de Oficinas e Despachos.
Na devandita rolda de prensa tamén se denunciou por parte da Federación de Servizos a intención de seguir precarizando un sector altamente cualificado, con salarios cuxas táboas non alcanzarían nin sequera o Salario Mínimo Interprofesional, segundo as intencións da patronal.
Pola tarde tivo lugar unha concentración diante da sede da CEP de Pontevedra en Vigo, con numerosas persoas persoas traballadoras do sector a reivindicar a non eliminación do plus de antigüidade e o dereito a unhas condicións e salarios dignos.
Acuerdo de Tarifas y Servicios Bancarios para la Plantilla del BBVA
Decisiones difíciles de entender
Plan de movilidad P.I. Can Sant Joan
Delegados y Delegadas de Prevención de Riesgos Laborales en Tecnocom
Negociando, Acordando, Firmando: Así, SÍ
La dirección de la Paradores anula la posibilidad de JUBILACIONES PARCIALES AL 75% para los años 2022 y posteriores.









