Asinado o Convenio Colectivo de Comercio Alimentación provincia de Pontevedra
Seguindo a decisión unánime das asembleas convocadas para o debate do preacordo, hoxe mércores, 28 de decembro, levouse a cabo a sinatura do Convenio. Desde CCOO poñémonos a disposición das persoas traballadoras do sector para acadar o obxectivo de que as condicións nel recollidas se cumpran. Nesta central sindical temos claro que non podemos descoidarnos unha vez acadado o acordo, e que calquera convenio non só é bo por si mesmo, senón porque realmente se aplique.
Terceiro acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing na provincia de Pontevedra
Nas asembleas celebradas no día de hoxe xoves, vinte e dous de decembro, nos locais de CCOO en Vigo, referendouse por unanimidade o acordo sobre salarios que se comezará a aplicar a partir do 1 de xaneiro de 2017.
O acordo supón a converxencia salarial progresiva en 3 anos cos salarios establecidos no Convenio de Transporte de Mercadorías de Pontevedra partindo da retribución anual de cada traballador, o cal no 3º ano quedará establecido en 14.679 eur para o Peón Especializado e para a de Xefe de Equipo en 16.091 eur. A partir do ano 2020 aplicaranse os salarios establecidos no devandito convenio.
Por outra banda, no ano 2017 revisaranse as funcións das persoas con categoría de Peón Especializado e en razón destas reclasificaranse a Oficial de 2ª (cun salario de 15.091,35 eur en 2019) ou Oficial de 1ª (con salario de 15.631,50 eur en 2019). Segue
Convocatoria asembleas nivel I Federación de Servizos
O pasado 11 de xullo o Consello Confederal de Comisións Obreiras aprobou as normas do XI Congreso do sindicato, procedéndose a renovar con elas todas as estruturas de CCOO.
Como afiliado, afiliada, ao sindicato, tes o dereito a ter voz e voto e participar nesta renovación de CCOO.
A pesar de non pasar máis de dous anos do primeiro congreso da Federación de Servizos de CCOO de Galicia, onde agrupamos a atención sindical de diferentes sectores, como os Servizos Administrativos e Financeiros, o Comercio, a Hostalaría, Seguros, Enxeñarías, Contact Center, TIC´s, etcétera, o próximo 13 de marzo de 2017, en Santiago, celebraremos o II Congreso da Federación en Galicia.
Sete mil persoas manteñen a súa afiliación á Federación de Servizos, demostrando a súa confianza na atención sindical e asesoramento ante conflitos individuais ou colectivos. Segue
CCOO Servizos non asina o preacordo do Convenio Comercio Alimentación provincia de A Coruña
O 14 de Decembro, chegouse a un preacordo para a firma do Convenio Colectivo de Comercio Alimentación da provincia da Coruña.
CCOO decidiu NON ASINALO e a decisión, aínda que difícil de tomar, faise desde a responsabilidade que temos como sindicato na defensa das condicións laborais dos traballadores e traballadoras do sector.
A decisión de NON ASINALO non é caprichosa, tomámola baseándonos nunha serie de temas fundamentais que queriamos mellorar con respecto ao convenio anterior, unha vez pasado o máis duro da crise económica e na idea de que presionando á patronal, poderiamos conseguir un convenio con mellores condicións: Segue
CALENDARIO LABORAL 2017



















