O Gran Hotel La Toja (HOTUSA) faltou á súa palabra sobre o emprego e incumpriu o acordado no ERE
- Defendamos os nosos dereitos laborais, defendamos os postos de traballo da xente da comarca e da vila!
- Pactos incumpridos por parte da empresa HOTUSA. Hai culpables, basta de abusos, loitamos polo emprego
- Pola estabilidade na nosa localidade. Aféctanos a todos, tomos somos afectados!
- Se non loitamos polo noso futuro e o benestar na nosa terra, que futuro queda para a nosa xuventude?
- Si ao traballo, si á defensa dos nosos dereitos! Si á liberdade de expresión!
- Non á represión contra Comisións Obreiras e os seus delegados e delegadas!
- Basta xa de castigos a abusos laborais desta empresa.
Folga no Comercio de Alimentación de Pontevedra
As catro centrais sindicais presentes na mesa de negociación do Convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, e representadas por:
Negociación para a mellora de condicións laborais en Randstad Pontevedra
O pasado mércores 23 de novembro celebrouse unha reunión do Comité co obxectivo de mellorar as condicións de traballo do persoal desta empresa de multiservizos en dous aspectos principais: o tempo de traballo e as condicións económicas. Posteriormente tivemos unha asemblea nos locais de CCOO en Vigo este sábado día 26 á que asistiu máis da metade do persoal.
Nesta asemblea explicouse a proposta que sobre bolsa de horas e melloras salariais se trasladou por parte do Comité de Empresa (formado por 5 persoas de CCOO) nesa reunión coa dirección, así como a intención de mellorar as condicións de traballo tanto a nivel estatal coa negociación de renovación do Convenio Colectivo de empresa, como nos centros de traballo desta provincia.
Un dos problemas que se detectou neste primeiro encontro coa Dirección foi a falta de disposición a aceptar a proposta do Comité por entendela desmesurada e non axustada ao actual Convenio de Empresa que se atopa en ultractividade.
Tras expoñer a situación aos asistentes á asemblea, decidiuse que o Comité prepare unha nova proposta buscando o obxectivo xeral inicial de mellora de condicións e se volte a presentar á dirección, valorando a posibilidade de iniciar mobilizacións no caso de que as súas xustas reivindicacións non se teñan en conta.
Excelentes resultados de CCOO Servizos na súa primeira candidatura en FREMAP Pontevedra
CC.OO. Servizos estrea a súa representatividade cun gran resultado nas eleccións celebradas hoxe martes, 29 de novembro. Nos catro
centros de Fremap na provincia da Pontevedra (Vilagarcía, Porriño, Vigo e Pontevedra) obtivo dous delegados, UGT tres e CSIF catro. Cabe salientar que as diferenzas de votos foron mínimas, con só un de diferenza respecto a UGT.
CC.OO. pasa a ter dous representantes, resultado que o sindicato entende como un
recoñecemento das traballadoras e traballadores da empresa ao traballo
realizado por CCOO.
Desde CCOO
queremos agradecervos ás traballadoras e traballadores de Fremap Galicia a confianza depositada nesta organización.
O 70% do persoal secunda a folga en Contact Center











_edit.gif)











