Convenio Comercio Alimentación provincia de Pontevedra: xornadas de folga e mobilización os próximos días 5 e 7 de decembro
Nas asembleas celebradas no día de hoxe para valorar a situación do convenio de Comercio de Alimentación da provincia de Pontevedra, cunha participación de máis de 200 persoas, presentouse por parte dos catro sindicatos presentes na mesa de negociación a última proposta da patronal.
A patronal maioritaria (ASAP) expuxo na última reunión, coa presenza dos mediadores do AGA, a seguinte proposta, na que a premisa é a conxelación da antigüidade: Segue
Convenio Comercio - Alimentación Coruña: Asemblea Urxente, acode!
As catro centrais sindicais con representación na mesa presentamos unha plataforma reivindicativa unitaria, que estamos a defender conxuntamente para mellorar as nosas precarias condicións de traballo e salariais.
Logo de seis xuntanzas de negociación do novo convenio, os sindicatos USO, CIG, UGT e CCOO temos que vos comunicar o estancamento da negociación nos termos prioritarios, xa que por parte da patronal estase a manter unha posición absolutamente inflexible e contraria a entrar nos temas que entendemos son prioritarios para os e as traballadoras do comercio. Segue
Guía: A negociación colectiva para combater a violencia de xénero
- Introdución. Por que traballar a violencia de xénero en todos os nosos ámbitos de negociación (Acordos Marcos, acordos sectoriais, Convenios Colectivos, Acordos de Empresa, Plans de Igualdade).
- Boa prácticas na Negociacion Colectiva da Federación de Servizos
- Liñas estratéxicas, para seguir avanzando nesta materia.
Día Internacional para a eliminación da violencia contra as mulleres 2016
Ante un novo 25 de Novembro, manifestamos o noso máis contundente rexeitamento á insoportable violencia contra as mulleres, unha sanguenta consecuencia da discriminación e da ausencia de prevención, protección e dereitos necesarios para combater o que constitúe unha flagrante violación dos dereitos humanos.
- A Coruña: concentración ás 20 h no Obelisco
- Santiago de Compostela: manifestación con saída ás 20 h da praza do 8 de Marzo
- Lugo: concentración ás 20 h na praza do Concello
- Ourense: concentración ás 20 h diante da Subdelegación do Goberno
- O Carballiño: concentración ás 19:30 h na praza Maior
- Pontevedra: representación ás 19 h na praza da Peregrina
- Vigo: acto simbólico so o título «Desmontando os mitos do amor romántico». De 11:50 a 12:20 h, diante do MARCO ou, se as foren adversas as condicións climáticas, no pavillón do IFEVI. Manifestación ás 20 h con saída da farola de Urzáiz
(*) Esta información irase actualizando nos próximos días
CCOO condena o asasinato dun compañeiro no seu centro de traballo, vítima dun disparo por parte dun cliente
A vítima traballaba como director nunha oficina de Caixabank. CCOO convocou un paro de 5 minutos e concentracións á porta dos centros de traballo mañá, 24 de Novembro ás 12:00h.






















