Mobilizacións o día 19 en toda Galicia «por uns salarios e emprego dignos»
CCOO e UGT convocan mobilizacións nas principais cidades e vilas galegas (A Coruña, Santiago, Ferrol, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo) para o vindeiro domingo, día 19. Os sindicatos denuncian que, mentres soben os prezos, os salarios perden poder adquisitivo e aumenta a desigualdade.
-Santiago: 12 h, Alameda-Praterías
-Ourense: 12 h, ao redor da Subdelegación do Goberno
CONCENTRACIÓNS
-A Coruña: 12 h, Delegación do Goberno
-Ferrol: 12 h, edificio da Xunta
-Lugo: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Pontevedra: 12 h, Subdelegación do Goberno
-Vigo: 11.30 h, museo MARCO
Primeira folga na historia de CTAG-IDIADA solicitando o cambio ao convenio provincial do metal de Pontevedra
CTAG-IDIADA safety technology S.L. é unha sociedade creada en 2002, a partes iguais entre o Centro Tecnolóxico de Automoción de Galicia (CTAG) e Applus IDIADA, multinacional que iniciou a súa actividade en Cataluña en 1971, especializada en servizo de homologación para a industria do automóbil. Nesta sociedade, CTAG aporta as instalacións, a dirección e o capital humano, mentres que Applus IDIADA aportou no seu momento a experiencia e a súa rede de clientes. Segue
Contra o abuso patronal en ABANCA. Non aos despedimentos
- A asignación duns obxectivos comerciais para 2017 incompatibles coa evolución prevista dos mercados en que operamos e a nosa cota nos mesmos.
- A arbitrariedade coa que se están producindo despedimentos e a posta "en seguimento" de varios compañeiros, ignorando as circunstancias laborais (baixas prolongadas, vacantes non cubertas) e rebaixando o logro de obxectivos ata que "din o que quero".
Convocatoria asembleas nivel II Federación de Servizos
De conformidade ao Anexo Organizativo da Federación de Servizos de Galicia aprobado na reunión do Consello Federal o pasado 14 de setembro, e en cumprimento das Normas Congresuais aprobadas no Consello Confederal o pasado 11 de xullo de 2016, así como das Normas Congresuais sobre o II Congreso da Federación de Servicios de CCOO, aprobadas no Consello Federal, acórdase o presente Regulamento sobre o desenvolvemento do proceso de asembleas congresuais de NIVEL II do ámbito de CCOO Servizos Galicia.
Regulamento asembleas congresuais nivel II Reglamento asambleas congresuales nivel II
CCOO Servizos estrea representatividade na empresa Alimentación Saludable
No día de hoxe culminou o proceso de eleccións sindicais na empresa Alimentación Saludable, do sector de Restauración Colectiva e que desenvolve a súa actividade en comedores escolares e en actividades extraescolares.O resultado das votacións deu como vencedor a CCOO cunha nova delegada, sendo esta a única candidatura que se presentou.
CCOO agradece o apoio do persoal pola súa participación democrática e polo apoio outorgado á nosa candidata, comprometéndonos a traballar para ser útiles e eficaces e poder intervir con máis garantías no devir da empresa e do sector.



















