CALENDARIO LABORAL 2017

#15D #recuperardereitos AS PERSOAS E OS SEUS DEREITOS, O PRIMEIRO
Neste sentido, o Goberno e as forzas parlamentarias teñen unha responsabilidade que deben asumir, pero tamén a patronal.

Convocatoria e normas para o desenvolvemento do Plenario en Galicia da Sección Sindical de CCOO en LIDL SUPERMERCADOS
A Comisión Executiva da Federación de Servicios de CCOO, na súa reunión do pasado 1 de decembro de 2016, aprobou a convocatoria do Plenario de Constitución da Sección Sindical Estatal de LIDL SUPERMERCADOS que se celebrará en Madrid o próximo 9 de febreiro de 2017, así como as Normas de Funcionamento do mesmo.
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, en cumprimento das normas aprobadas para este proceso pola C.E. Federal, así como do Regulamento interno de seccións sindicais aprobado polo Comité Federal o 20 de abril de 2015, adopta as seguintes normas para o seu desenvolvemento en Galicia.
Normas Plenario LIDL Galicia GL Normas Plenario LIDL Galicia ES
Información das Asembleas Congresuais de primeiro nivel de CCOO Servizos Galicia
A Dirección Provisional de CCOO Servizos Galicia, na súa reunión do 12/12/2016, aprobou a orde do día e regulamento das asembleas de agrupamentos de centros de traballo convocadas pola Federación, polo que publicamos a listaxe total de asembleas de primeiro nivel convocadas no ámbito da Federación de Servizos de Galicia. Achegamos o Regulamento e a orde do día para o seu coñecemento.
Novo acordo de condicións laborais en Adecco Outsourcing SAU na provincia de Pontevedra
Despois do acordo asinado o pasado mes de xuño sobre bolsa de horas, neste mes de decembro a representación de CCOO en Adecco Outsourcing SAU da provincia de Pontevedra alcanzamos un novo acordo coa empresa, esta vez sobre licenzas retribuídas, plus de distancia/desprazamento, entrega de vestiario e mobilidade xeográfica. Este acordo, como o anterior foi referendado en asemblea e por unanimidade dos asistentes.
Doutra banda, temos pendente un acordo sobre salarios que esperamos se poda asinar a finais do presente mes de decembro para que sexa de aplicación xa no ano 2017. Esta negociación baséase na procura do incremento de salarios sobre a base de acadar, nun período por determinar, os establecidos no sector de referencia, neste caso o de loxística da provincia de Pontevedra. Segue

















